Concello de Fisterra

Cómo llegar Página web

Concello de Fisterra Administración local. Páxina oficial de Facebook do Concello de Fisterra

CULTURA| 🧙‍♀️🦇 O SAMAÍN 2026 chega a Fisterra! 🦇🧙‍♀️📅 Sábado, 31 de outubro.⏰ Ás 18:00 h, espectáculo circense e de maxi...
29/10/2026

CULTURA| 🧙‍♀️🦇 O SAMAÍN 2026 chega a Fisterra! 🦇🧙‍♀️

📅 Sábado, 31 de outubro.

⏰ Ás 18:00 h, espectáculo circense e de maxia con Henriko, o Feiticeiro, no Mercado Cultural.
🧟‍♀️ Ás 19:00 h, chega a gran FESTA DE DISFRACES, con música e merenda.
Organiza a Concellería de Cultura do Concello de Fisterra.

🍬🎃 E durante toda a tarde… TRUCO OU TRATO polos locais participantes da vila organizado polaA.C.D Rapacollón's Big Band.

💀 Así que preparade os vosos disfraces máis arrepiantes, afiade os colmillos e cargade as cabazas de misterio…

👻 EN FISTERRA, ESTE SAMAÍN NINGUÉN ESTÁ A SALVO… DE PASALO DE MEDO! 👻

🕷️ Atréveste a vivir unha tarde de auténtico terror?

🎃🦇

◾No día de hoxe, o alcalde de Fisterra, Luis Insua Lago, asumiu a presidencia da Mancomunidade de Fisterra, iniciando un...
28/10/2026

◾No día de hoxe, o alcalde de Fisterra, Luis Insua Lago, asumiu a presidencia da Mancomunidade de Fisterra, iniciando unha nova etapa na que se pretende reforzar a cooperación entre os municipios e impulsar o traballo conxunto en beneficio da comarca.

Dende este organismo comarcal quérese impulsar a organización de actividades e iniciativas conxuntas, atendendo ás necesidades e ás demandas que xorden nos distintos concellos e procurando fórmulas de colaboración que permitan darlles unha resposta coordinada e eficaz.

▪️A unión de esforzos permite compartir recursos, sumar capacidades e facer que as necesidades dos nosos municipios teñan unha maior visibilidade e cheguen con máis forza ás administracións e aos organismos competentes.▪️

🟧ARQUIVO MUNICIPAL| No día de hoxe, a Alcaldesa en funcións, Susana Rodríguez Nemiña e o consultor documental da empresa...
28/10/2026

🟧ARQUIVO MUNICIPAL| No día de hoxe, a Alcaldesa en funcións, Susana Rodríguez Nemiña e o consultor documental da empresa UNAYTA Oficina sin papeles S.L, Manuel Calvo Lourido, mantiveron un encontro para a recepción do proxecto de organización e descrición do Arquivo Municipal de Fisterra, correspondente ao ano 2026.

🔸Con esta actuación, o Concello de Fisterra da un novo paso na conservación e posta en valor do seu patrimonio documental, reforzando o Arquivo Municipal como unha ferramenta esencial para a xestión diaria e para a preservación dunha memoria colectiva construída ao longo de máis de 170 anos.

🔸As distintas convocatorias de axudas destinadas á mellora dos arquivos municipais da Consellería de Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, están a permitir dar continuidade a este proceso e ampliar, en cada nova fase, a incorporación de novos fondos ao tratamento arquivístico.

🛍️ 𝗕𝗢𝗡𝗢𝗦 𝗔𝗖𝗧𝗜𝗩𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗥𝗖𝗜𝗢Desde hoxe, mércores 28 de outubro, xa podes descargar os teus bonos de ata 30 € para mercar no ...
28/10/2026

🛍️ 𝗕𝗢𝗡𝗢𝗦 𝗔𝗖𝗧𝗜𝗩𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗥𝗖𝗜𝗢

Desde hoxe, mércores 28 de outubro, xa podes descargar os teus bonos de ata 30 € para mercar no comercio local.

ℹ️ Máis información en https://www.bonosactivacomercio.gal/

📣AVISO| A partir de mañá, debido a que comezarán as obras de "Mellora e pavimentación da praza do Campo", ao abeiro do P...
27/10/2026

📣AVISO| A partir de mañá, debido a que comezarán as obras de "Mellora e pavimentación da praza do Campo", ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta de Galicia, produciranse cortes de tráfico na rúa Arriba, dende a Capela do Bo Suceso, de forma puntual e intermitente, segundo sexa necesario para a realización das obras.

👉Esta actuación contribuirá á mellora dos espazos públicos e ao benestar da veciñanza.

ℹPolicía local. Tel. 650 373 916

O CABO FISTERRA, DISTINGUIDO COMO UN DOS LUGARES MÁXICOS DE ESPAÑA.💙Na mañá de hoxe, o alcalde de Fisterra, Luis Insua L...
24/10/2026

O CABO FISTERRA, DISTINGUIDO COMO UN DOS LUGARES MÁXICOS DE ESPAÑA.💙

Na mañá de hoxe, o alcalde de Fisterra, Luis Insua Lago, e a tenente de alcalde, Susana Rodríguez Nemiña, asistiron en Padrón ao VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos de España, celebrado baixo o lema «Unha rede que multiplica».

Este recoñecemento é o resultado do traballo previo do goberno municipal, que impulsou e presentou a candidatura do Concello de Fisterra a este galardón, coa convicción de que o Cabo Fisterra reúne méritos excepcionais para recibir esta distinción.

A súa extraordinaria beleza paisaxística, a súa riqueza histórica e patrimonial, a súa estreita vinculación co Camiño de Santiago e o seu profundo significado como Fin da Terra converten este enclave nun lugar singular, cunha identidade propia e unha capacidade única para emocionar a quen o visita. Un espazo emblemático que representa a esencia de Fisterra e proxecta o seu nome máis alá das nosas fronteiras.

Este galardón supón un importante recoñecemento ao valor turístico, cultural e patrimonial do Cabo Fisterra, así como unha oportunidade para seguir dando a coñecer a riqueza da nosa terra e a singularidade dun destino que forma parte da memoria e das emocións de milleiros de persoas.

Fisterra, Fin da Terra e principio de tantos camiños, continúa brillando pola súa historia, pola forza da súa paisaxe e pola maxia dun lugar onde o Atlántico e o horizonte se converten en símbolos da nosa identidade.

💙 Un orgullo para toda a veciñanza e un estímulo para continuar traballando na conservación, promoción e posta en valor do patrimonio que fai de Fisterra un lugar verdadeiramente único.

CULTURA/ 💃🕺 BAILE SOCIAL AO SON DA VIDA! 🎶Este domingo, 25 de outubro, temos unha cita coa música, o baile e a diversión...
24/10/2026

CULTURA/ 💃🕺 BAILE SOCIAL AO SON DA VIDA! 🎶

Este domingo, 25 de outubro, temos unha cita coa música, o baile e a diversión en Fisterra!

🎤 Amenizado por Chema Élite.

📅 Domingo, 25 de outubro.
🕖 De 19:00 a 22:00 h.
📍 Mercado Cultural de Fisterra.

Unha tarde-noite para compartir, bailar e g***r da música en boa compañía. Anímate a participar e ven pasar un bo momento connosco!

Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Fisterra.

📣Lembrade que na madrugada do sábado para o domingo, hai que atrasar o reloxo unha hora: 👉Ás 03:00h serán as 02:00h.    ...
24/10/2026

📣Lembrade que na madrugada do sábado para o domingo, hai que atrasar o reloxo unha hora:

👉Ás 03:00h serán as 02:00h.

Ver menos

Dirección

R/Santa Catalina, 1
Finisterre
15155

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Fisterra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos