PSdeG PSOE Corcubión

PSdeG PSOE Corcubión Páxina oficial do PSdeG-PSOE de Corcubión

O PSdeG pide investigar os reiterados episodios de contaminación en QuenxeO PSdeG-PSOE de Corcubión pide actuacións ante...
15/08/2026

O PSdeG pide investigar os reiterados episodios de contaminación en Quenxe

O PSdeG-PSOE de Corcubión pide actuacións ante un novo resultado positivo por E. coli na praia de Quenxe, cun valor de 1.652 NMP/100 ml na mostra do 12 de agosto.

Non é un feito illado: en xullo xa houbo outro episodio de E. coli, relacionado cun fallo nunha estación de bombeo próxima, e o 20 de xullo detectáronse enterococos intestinais.

Por iso, reclamamos que o Concello, xunto con Augas de Corcubión e Cee, investigue a orixe destes episodios, revise a rede de saneamento e adopte medidas para evitar que se repitan.

“Tres episodios en poucas semanas esixen explicacións e solucións. Quenxe non pode quedar á espera da seguinte analítica.”

14/08/2026

O PSdeG-PSOE de Corcubión reclama que se investiguen os episodios de contaminación detectados na praia de Quenxe, despois de que unha nova analítica dese

08/08/2026

O PSdeG-PSOE de Corcubión aclara: «Nunca estivemos en contra do centro de día, senón desta forma de gobernar»

O PSdeG-PSOE de Corcubión quere deixar claro que nunca estivo en contra da apertura do centro de día. Pretender trasladar esa idea á veciñanza é desviar o verdadeiro motivo do noso voto: a forma na que o goberno do BNG levou este asunto e a súa maneira de entender un goberno no que non ten maioría absoluta.

Este foi o primeiro POS ao que o PSdeG-PSOE votou en contra. Durante todo este tempo facilitamos a aprobación das propostas que consideramos positivas para Corcubión, pero colaborar non significa dar un cheque en branco. Se o BNG necesita os votos da oposición, o lóxico é informar, falar e negociar antes de chegar ao pleno, e non actuar como se contase cunha maioría que os veciños e veciñas non lle deron.

Precisamente, boa parte das explicacións sobre o centro de día chegaron despois de manifestarmos as nosas dúbidas e o noso voto contrario. E ese é un dos puntos fundamentais: se esas explicacións e ese diálogo se producisen antes, probablemente a situación sería moi diferente. Non se pode pedir á oposición responsabilidade á hora de votar e, ao mesmo tempo, negarlle a información e o diálogo previo necesarios para tomar unha decisión.

Por iso sorprenden as posteriores notas de prensa do BNG intentando presentar ao PSdeG-PSOE como contrario ao centro de día, en lugar de facer algo moito máis sinxelo: recoñecer que a forma de levar o asunto podía ter sido mellor. Mesmo dentro do propio BNG houbo quen, no diálogo posterior, mostrou unha actitude máis construtiva e pareceu entender os erros cometidos. Porén, despois aparece outra liña moito máis combativa nas comunicacións públicas, empeñada en transformar unha discrepancia política nunha confrontación.

O PSdeG-PSOE non quere entrar nesa dinámica. Queremos o centro de día aberto e funcionando canto antes. Pero tamén queremos que un goberno en minoría entenda que gobernar significa dialogar, informar, negociar e buscar acordos.

O problema nunca foi o centro de día. O problema é querer gobernar en minoría como se se tivese maioría absoluta.

01/08/2026

Benvidos a III Feira do Saber e Sabor da Aldea!!!
Vinde a disfrutar do día con nós.
🌾🍋🥬🌽

🔴 NON AO VANDALISMO EN CORCUBIÓNDesde o PSdeG-PSOE de Corcubión condenamos os actos vandálicos sufridos nas últimas sema...
19/07/2026

🔴 NON AO VANDALISMO EN CORCUBIÓN

Desde o PSdeG-PSOE de Corcubión condenamos os actos vandálicos sufridos nas últimas semanas na nosa vila. As pintadas en muros, fachadas, portas, beirarrúas, colectores e outros elementos da vía pública deterioran os espazos comúns, danan propiedades públicas e privadas e prexudican a imaxe de Corcubión.

Tamén lamentamos que, por segunda vez, fose retirada a pancarta coa que reclamamos unha ambulancia medicalizada para a comarca. A pancarta xa está reposta, porque non imos renunciar a unha reivindicación necesaria que pode salvar vidas.

A liberdade de pensamento e de expresión debe respectarse, mesmo cando non se compartan as mesmas ideas. As pintadas, os danos e a retirada de pancartas non son unha forma aceptable de expresar unha opinión.

Unha ambulancia medicalizada non é unha cuestión partidista: é unha mellora sanitaria para toda a comarca.

Máis respecto polo noso pobo. Máis democracia. Mellores servizos.

🌹 PSdeG-PSOE de Corcubión

O grupo municipal socialista de Corcubión lamenta o proceder do actual equipo de goberno do BNG cos e coas traballadoras...
10/07/2026

O grupo municipal socialista de Corcubión lamenta o proceder do actual equipo de goberno do BNG cos e coas traballadoras do Concello.

Unha traballadora tivo que recurrir a instancias xudiciais para que se lle recoñecesen o dereito, recollido na lexislación actual, de conciliar a vida laboral e familiar.

Parece mentira que o actual alcalde non teña sensibilidade cos dereitos laborais, tendo en conta que é empregado municipal e foi delegado sindical da CIG ata acceder ao seu actual cargo.

¿Ou será que só defenden os dereitos laborais dos que consideran afíns ao seu sindicato/ partido (CIG/BNG)?

O PSdeG-PSOE de Corcubión reclama máis información á veciñanza sobre o Plan Especial do Casco HistóricoCon motivo da apr...
23/06/2026

O PSdeG-PSOE de Corcubión reclama máis información á veciñanza sobre o Plan Especial do Casco Histórico

Con motivo da aprobación inicial da modificación do Plan Especial do Casco Histórico, moitos veciños e veciñas están a recibir notificacións con pouca ou nula información.

Por iso, instamos ao equipo de goberno a crear unha oficina informativa, atendida pola empresa redactora do plan, para resolver dúbidas de maneira presencial e telemática.

A veciñanza ten dereito a información clara e accesible, e esta medida evitaría ademais o colapso da oficina técnica municipal.

Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Corcubión ante a posibilidade de que se repita outro ano máis a instalación das cámaras ...
07/06/2026

Nota de prensa do PSdeG-PSOE de Corcubión ante a posibilidade de que se repita outro ano máis a instalación das cámaras e limitacións de tráfico.

A veciñanza non se merece escoitar "eu non von a Corcubión que me multan", aínda que xa non estén en funcionamento, por medo.

Pasar de ser un pobo que acolle á xente a un pobo que fai distincións e ve con receleos a quen "é de fora".

E a oposición ten que facer algo, por iso propoñemos unha nova ordenanza que de voz ao pleno e non por decreto de alcaldía estando en minoría. Que as medidas deban ser consensuadas co sentir da veciñanza.

Está na man da oposición non permitir que este verán volvamos ás 1500 multas ou aproveitarse do enfado e rascar uns votos




17/05/2026

📚✨ Hoxe celebramos o poder da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa identidade.
No Día das Letras Galegas reivindicamos o galego como patrimonio vivo de todas e todos. Unha lingua que une xeracións, conta a nosa historia e constrúe o futuro da nosa terra.

Falemos galego con orgullo. Escribamos galego con liberdade. Vivamos Galicia coa súa propia voz. 💙

Porque as nosas letras son memoria, cultura e esperanza.

Feliz Día das Letras Galegas! 🌿

Dirección

Corcubión
15130

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG PSOE Corcubión publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a PSdeG PSOE Corcubión:

Atajos

Compartir

Categoría