Concello de Corcubión

Concello de Corcubión Páxina oficial do Concello de Corcubión http://www.corcubion.gal

El municipio de Corcubión está situado en el extremo oeste de la provincia de A Coruña (Galicia), en la más alta de las Rías Baixas y formando parte de la llamada Costa da Morte. Corcubión, la más alta de las Rías Baixas, posee las características de estas y anuncia las propias de la costa más al norte. Así, esta tierra de transición conjuga en perfecta armonía el sosiego y la calma de las Rías Ba

ixas y la bravura y la naturaleza viva características de la Costa da Morte. El Municipio de Corcubión es uno de los más pequeños de Galicia, con una extensión de 7.6 km² y una población de unos 2000 habitantes. Está constituido por dos parroquias, San Marcos de Corcubión (zona urbana) y San Pedro de Redonda (zona rural).

06/09/2026
05/09/2026

🏆 Estes son os gañadores e gañadoras das probas de 3K e 10K no Concello de Corcubión, oitava parada do Circuíto Correndo pola Costa da Morte.

🙌 Parabéns!! A pola próxima, agárdanos Carnota! 💪

🏁LEMBRADE! Hoxe celébrase a XXIII Carreira Popular Vila de Corcubión!Esperámosvos na Praza Castelao neste caluroso día d...
05/09/2026

🏁LEMBRADE! Hoxe celébrase a XXIII Carreira Popular Vila de Corcubión!

Esperámosvos na Praza Castelao neste caluroso día de setembro para o desfrute do deporte ao aire libre.

🚔Pedimos, pola seguridade das e dos deportistas, que cumpramos coas restriccions de tráfico dentro do circuito da carreira e que respetemos as indicacións do persoal de seguridade.

Moitas grazas!

OBXECTOS PERDIDOS❗Entregaron no Concello estas lentes e un reloxo atopados  no paseo marítimo.Se os recoñecedes ou sabed...
05/09/2026

OBXECTOS PERDIDOS❗

Entregaron no Concello estas lentes e un reloxo atopados no paseo marítimo.

Se os recoñecedes ou sabedes a quén poden pertencer, están depositadas nas oficinas municipais.

Grazas pola vosa colaboración.

🚫⛔ CORTES DE TRÁFICO XXIII CARREIRA PEDESTRE.👉Este sábado 5 de setembro de 2026 terá lugar a  🏃‍♂️🏃‍♀️XXIII CARREIRA POP...
04/09/2026

🚫⛔ CORTES DE TRÁFICO XXIII CARREIRA PEDESTRE.

👉Este sábado 5 de setembro de 2026 terá lugar a 🏃‍♂️🏃‍♀️XXIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CORCUBIÓN,

🚧Desde as 17:00 ás 20:00 horas aproximadamente, non se poderá circular nin aparcar vehículos 🚫 nas rúas por onde transcorren as probas deportivas:

👉Praza Castelao, Antonio Porrúa, Médico Vicente Fraguela, Rafael Juan, Salvador Allende, Rúa San Antonio, Amarelle, Carreira do Conde, Campo do Rollo, Juan Benito Carrera Fábregas, Rúa Río de Quenxe ate o Faro, Rúa Maruja Mallo, Editor Francisco Porrúa e parte do paseo marítmo dende o Restaurante Codium ate o cruce da Notaría.

👉Xúntanse planos e enlace a páxina onde se pode consultar con mais detalle os itinerarios e horarios a percorrer polas distintas categorías.

🚨As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Costa da Morte velarán pola seguridade e prestarán apoio loxistico ao longo do transcurso de todas as carreiras. 👏Desde o Concello agradecemos anticipadamente o seu incansable traballo así como o das persoas voluntarias e equipo técnico que a título persoal axudarán na organización do evento.

🙏Desculpen as molestias, e grazas anticipadas pola vosa colaboración.

03/09/2026

🎶💥 CONCERTO DO NORDES CHEGA A CORCUBIÓN!

Este venres 4 de setembro, a Praza de Castelao será escenario dunha noite de música con tres propostas que non vos podedes perder! 🔥

🎤 CORTE! (Madrid)
🎸 Apolo18 (A Coruña)
🥁 Martes Mal (Pontevedra)

📅 Venres 4 de setembro
🕤 21:30 h
📍 Praza de Castelao · Corcubión
🎟️ Entrada libre

Unha noite para desfrutar da música, da cultura e do talento no corazón de Corcubión. 💙

👉 Vémonos na Praza de Castelao!

🧑🏻‍🎤CONCERTOS DO NORDÉS⚠️ATENCIÓN PROHICIÓN DE ESTACIONAMIENTO E CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS. 🚫⛔Mañá venres día 4 de setemb...
03/09/2026

🧑🏻‍🎤CONCERTOS DO NORDÉS
⚠️ATENCIÓN PROHICIÓN DE ESTACIONAMIENTO E CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS.

🚫⛔Mañá venres día 4 de setembro, de cara a facilitar a montaxe do escenario e equipos para a celebración dos CONCERTOS DO NORDÉS patrocinado polo Xacobeo 2027, queda prohibido o estacionamento e tránsito de vehículos desde as 11 horas aproximadamente na zona marcada no mapa na Praza Castelao.

🚫⛔Asemade, para a celebración dos concertos a totalidade da Praza Castelao estará pechada ao tráfico dende as 20:00 horas da tarde até o fin dos concertos e finalización dos traballos de limpeza.

👏Grazas pola vosa colaboración e disfruten dos festexos.

03/09/2026
O Concello de Corcubión, a través da Concellería de Urbanismo, Medio Ambiente e Sustentabilidade, informa da realización...
03/09/2026

O Concello de Corcubión, a través da Concellería de Urbanismo, Medio Ambiente e Sustentabilidade, informa da realización de traballos de limpeza na contorna do río de Quenxe.

Estas actuacións, executadas polos servizos de limpeza e prevención de incendios e mantemento de franxas secundarias de protección (APROL RURAL), supoñen a primeira intervención neste ámbito en moitos anos.

A zona, esquecida durante décadas, conta con varios muíños de valor patrimonial que están a ser rehabilitados polas asociacións de veciños da Oliveira, Redonda, Vilar, Amarela e Quenxe. Con esta limpeza da contorna, o Concello quere colaborar coa laboura destas asociacións, reafirmando o seu compromiso coa conservación do patrimonio rural e coa colaboración cos colectivos veciñais do municipio.

O Concello quere agradecer tamén ás veciñas e veciños que habitan nesta contorna a súa colaboración e paciencia durante a execución destes traballos, así como o coidado que amosan polo seu entorno.

📍 Concellería de Urbanismo, Medio Ambiente e Sustentabilidade

02/09/2026

🎸 CONCERTOS DO NORDÉS CHEGA A CORCUBIÓN! 🎶

Este venres 4 de setembro, a Praza de Castelao será o escenario dunha gran noite de música en directo coa chegada dos Concertos do Nordés a Corcubión.

🔥 Corte!
⚡ Apolo18
💥 Martes Mal

Tres propostas emerxentes da escena musical que nos traerán unha noite cargada de rock, sons alternativos e moita enerxía.

📅 Venres 4 de setembro
📍 Praza de Castelao – Corcubión
⏰ 21:30 horas
🎟️ Entrada libre

E para ir abrindo boca… 👇
🎥 Coñecedes a Martes Mal? Aquí vos deixamos a sua invitación o concerto e o vídeo oficial de “TOÑO TERREMOTO”, unha das súas últimas propostas. https://www.youtube.com/watch?v=jSkTJDtZgMo&t=45s

Non faltedes! Ven desfrutar da música en directo e da nova escena galega en Corcubión. 💙🎶



O evento está confirmado para o 4 de setembro ás 21:30 h na Praza de Castelao de Corcubión dentro dos Concertos do Nordés.

Dirección

Praza José Carrera, 1
Corcubión
15130

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Corcubión publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir