Xuntos polo Centro de Día de Corcubión

Xuntos polo Centro de Día de Corcubión Somos unha Plataforma veciñal apolítica cuxo obxectivo é conseguir poñer en funcionamento o Centro de Día de Corcubión.

Un edificio totalmente finalizado hai 10 anos, para dar servizo a 22 usuarios. Só falta o mobiliario e os traballadores asistenciais.

23/04/2026

Envejecer es como escalar una montaña: mientras se sube las fuerzas disminuyen, pero la mirada es más libre, la vista más amplia y serena. - Ingman Bergman.

A “Radiografía dos coidados familiares na sociedade española”, elaborada polo Observatorio Cinfa, revela que o perfil do...
02/03/2026

A “Radiografía dos coidados familiares na sociedade española”, elaborada polo Observatorio Cinfa, revela que o perfil do coidador principal é unha muller de 49 anos de media. Destaca a chamada “xeración sándwich” (51,1%), persoas que coidan simultaneamente de fillos e de pais maiores. Estes coidadores dedican arredor de 20,6 horas semanais, compaxinan este labor co traballo profesional e a miúdo sacrifican tempo persoal e relacións.
👇🏼
https://share.google/CF0GthJxQhpLnHRE4

La "Radiografía de los cuidados familiares en la sociedad española", elaborada por el Observatorio Cinfa, revela que el perfil del cuidador principal es una mujer de 49 años, en promedio. Destaca la "generación sándwich" (51,1%), quienes cuidan simultáneamente a hijos y padres mayores. Estos cuidadores dedican cerca de 20,6 horas semanales, compaginan su labor con el trabajo profesional y a menudo sacrifican tiempo personal y relaciones.

13/02/2026
12/02/2026

Despois do

Hoxe remitimos correos electrónicos ao xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galic...
11/02/2026

Hoxe remitimos correos electrónicos ao xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, así como aos concelleiros do Partido Popular do Concello de Corcubión.

Ao Consorcio solicitámoslle o cumprimento do compromiso adquirido con esta Plataforma na reunión do día 13 de marzo de 2025, relativo ás actuacións necesarias para a posta en marcha do Centro de Día (obras de acondicionamento, amoblamento integral e unha furgoneta), no suposto de que a xestión sexa directa por parte do Concello, tal e como finalmente vai ser.

Do mesmo xeito, no correo enviado aos concelleiros do Partido Popular de Corcubión, solicitámoslles que trasladen ao xerente do Consorcio a necesidade de cumprir co mesmo compromiso que este lles transmitiu na reunión do día 22 de xullo de 2025 ao portavoz do Partido Popular e ao alcalde.

07/02/2026

El Concello sacará la gestión a licitación para que sea asumida por alguna entidad social, aunque serán necesarias reformas

06/02/2026

Tivo que claudicar o Concello de Corcubión ante a man inflexible da Xunta de Galicia, que volve demostrar a súa alta capacidade para exercer a deixadez de fu

Onte aprobouse por unanimidade de todos os grupos políticos do Concello de Corcubión a solicitude á Deputación da Coruña...
05/02/2026

Onte aprobouse por unanimidade de todos os grupos políticos do Concello de Corcubión a solicitude á Deputación da Coruña dunha subvención para o mantemento e funcionamento do Centro de Día de Corcubión, primeiro paso para a súa posta en marcha.

Trátase dun recurso fundamental para dar resposta ao progresivo avellentamento da poboación e á falta de prazas públicas deste tipo de servizos na comarca. O centro, xa totalmente executado e equipado, contará con 20 prazas e ofrecerá unha atención integral ás persoas maiores, con servizos asistenciais, terapéuticos, sociais e de apoio ás familias.

O custo anual de funcionamento supera os 268.000 €, polo que o Concello solicita unha achega de 70.000 € que permita garantir a viabilidade e sustentabilidade deste servizo público esencial, contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, apoiar ás persoas coidadoras e xerar emprego na comarca.

Estase pendente do cumprimento do compromiso adquirido co Concello e a Plataforma por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dependente da Xunta de Galicia, para que asuman os custos do acondicionamento do edificio para a súa posta en marcha, así como do amoblamento integral do Centro de Día.

Dirección

Rúa Antonio Porrúa 7-9
Corcubión
15130

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xuntos polo Centro de Día de Corcubión publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir