Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán

Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán Conta oficial da Biblioteca Francisco Mayán
📍 Cee

08/09/2026
🎒 Xa estamos en setembro e toca volver á rutina nuns días 😔 E para facer máis levadeira a volta ás aulas, deixámosvos po...
01/09/2026

🎒 Xa estamos en setembro e toca volver á rutina nuns días 😔 E para facer máis levadeira a volta ás aulas, deixámosvos por aquí unha selección de libros para acompañar estes primeiros días de clase: historias sobre o cole, as novas amizades, os nervios do primeiro día e todas esas cousas que trae consigo comezar un novo curso.

⭐ Esperámosvos na biblioteca, tamén coas lecturas obrigatorias do curso.

Despois de tanta troula, temos novas lecturas xuvenís na biblioteca! 📖✨ Novidades que xa estaban tardando en chegar, com...
19/08/2026

Despois de tanta troula, temos novas lecturas xuvenís na biblioteca! 📖

✨ Novidades que xa estaban tardando en chegar, como o primeiro tomo das Crónicas de Narnia 🪄🦁

🚀 Incorporamos catro novas aventuras de "El Capitán Calzoncillos"

💭 Traemos tamén "La vida emocional de los adolescentes", de Lisa Damour. Unha lectura moi interesante para que pais e nais poidan achegarse ás emocións, ás preocupacións e aos retos desta etapa da vida.

📍Xa están dispoñibles para o préstamo!

Boas festas da Xunqueira a todas! 🥰📚Se quedades con ganas de máis, na biblioteca podedes consultar todos os libros das f...
13/08/2026

Boas festas da Xunqueira a todas! 🥰📚

Se quedades con ganas de máis, na biblioteca podedes consultar todos os libros das festas e, por suposto, levar en préstamo os libros de Rocío Leira, a nosa pregoeira deste ano 💜📖

Co voso carné da biblio podedes acceder a todos os recursos de ebiblio! 🌙🌞
12/08/2026

Co voso carné da biblio podedes acceder a todos os recursos de ebiblio! 🌙🌞

10/08/2026

‼AVISO‼

Durante a semana das festas da Xunqueira (do 10 ao 14 de agosto), o horario da Biblioteca será de 9:00 a 13:30

🌘 Hai fenómenos que duran uns minutos… e libros que nos axudan a entendelos para sempre... Todo listo na biblio para a g...
06/08/2026

🌘 Hai fenómenos que duran uns minutos… e libros que nos axudan a entendelos para sempre... Todo listo na biblio para a gran eclipse do vindeiro mércores!📚✨

A semana pasada foi moi especial na nosa biblioteca! 🥰O xoves 23 tivemos o pracer de recibir, da man de Xeal, o contacon...
31/07/2026

A semana pasada foi moi especial na nosa biblioteca! 🥰

O xoves 23 tivemos o pracer de recibir, da man de Xeal, o contacontos "A fábrica da Luz". Contamos coa presenza dos seus autores, Julio C. Fernández e Dulce M.ª López, que nos achegaron dun xeito ameno á orixe da enerxía eléctrica e á importante labor que se realiza na central do Ézaro. 💡⚡

O venres 24 foi unha xornada chea de visitas. Recibimos á Asociación Paseniño, que pasou unha mañá nas nosas instalacións. E tamén aos alumnos e alumnas do último curso da Escoliña de Cee, que fixeron unha parada na biblioteca dentro da súa xornada de convivencia. 📖❤️

Dirección

Casa Da Cultura. Paseo Do Alcalde Pepe Sánchez, 9
Cee
15270

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:00
Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 14:00
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00

Teléfono

+34607029896

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán:

Compartir

Categoría