Biblioteca Municipal de Fisterra Casa do Arco

Biblioteca Municipal de Fisterra Casa do Arco A Biblioteca Pública Municipal Casa do Arco é o novo espazo para a cultura, o coñecemento, a creatividade e o lecer en Fisterra

27/05/2026

CULTURA | 💚📚 HISTORIA DE GALICIA (COMPENDIO), DE RAMÓN MARCOTE

💚O Concello de Fisterra celebrará unha xornada moi especial arredor da nosa memoria, da nosa identidade e da nosa cultura coa presentación da edición conmemorativa de Historia de Galicia (Compendio), de Ramón Marcote, coincidindo co centenario dunha obra fundamental para a divulgación da nosa historia.

Cen anos despois da súa publicación, este libro continúa a representar un exemplo extraordinario de amor por Galicia e de compromiso coa nosa identidade colectiva.

💚 Ramón Marcote, emigrante fisterrán e autodidacta, chegou a converterse na Habana nun referente cultural do galeguismo, impulsando iniciativas en defensa da nosa historia, da lingua e dos símbolos que definen o noso pobo.

Con esta edición conmemorativa, Fisterra rende homenaxe a un dos seus fillos máis destacados, recuperando para as novas xeracións unha obra imprescindible e devolvendo á memoria colectiva o legado dun home que dedicou boa parte da súa vida á dignificación da cultura galega.

💚Cómpre destacar de maneira moi especial o papel do noso veciño, poeta e escritor Modesto Fraga, auténtico impulsor desta iniciativa e alma deste proxecto cultural. Grazas a súa entrega, ao seu compromiso coa memoria histórica e ao seu amor profundo por Fisterra e por Galicia, hoxe podemos celebrar este reencontro cunha figura esencial da nosa historia cultural.

💚Sábado 30 de maio, ás 12:00 horas, a presentación terá lugar no Mercado Cultural de Fisterra, nun encontro aberto á veciñanza e a todas as persoas interesadas na nosa historia e no noso patrimonio cultural.

No acto intervirán:

▪️ Susana Rodríguez Nemiña, concelleira de Cultura.
▪️ Modesto Fraga, Biblioteca da Fisterranía.
▪️ Eduardo Esteban Meruéndano, presidente da Asociación Colón Galego.
▪️ Rocío Marcote, en representación da familia de Ramón Marcote.
▪️ Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
▪️ Luis Insua Lago, alcalde de Fisterra.

O acto estará amenizado cos música tradicional do grupo Os Sin DoSolpor.🥁

📚Ademais, cada persoa que asista ao acto será agasallada cun exemplar desta edición conmemorativa de Historia de Galicia, facendo deste encontro unha celebración compartida da memoria, da cultura e da identidade galega.

💚 Porque preservar a nosa historia é tamén preservar quen somos.

🤔  🤫
19/05/2026

🤔 🤫

Un poco de humor literario 😉

Doble enhorabuena, por el reconocimiento y en este Día Internacional de los Museos 👏 El 18 de mayo se celebra el Día Int...
18/05/2026

Doble enhorabuena, por el reconocimiento y en este Día Internacional de los Museos 👏 El 18 de mayo se celebra el Día Internacional de los Museos (DIM), que tiene por objetivo concienciar a la población sobre la capacidad transformadora de los museos y su importancia como medio para promover el intercambio y el enriquecimiento cultural de la ciudadanía. Esta actividad, promovida por ICOM (International Council of Museums) desde hace más de 40 años, lleva por lema este año "Museos por la educación y la investigación". Visita el tuyo con el mejor GUÍA de

O Concello de   presenta unha programación especial para celebrar a nosa lingua e a nosa cultura dedicada a Begoña Caama...
15/05/2026

O Concello de presenta unha programación especial para celebrar a nosa lingua e a nosa cultura dedicada a Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes é a elixida este ano para protagonizar o Día das Letras Galegas. Destemida activista que participou de varios movementos e reivindicacións sociais e dona dun xornalismo comprometido e valente, deixou coa súa prematura morte un oco importante na vida cultural e política galega.
Dende a Biblioteca Casa do Arco de queremos rendirlle esta semana unha homenaxe á Begoña representativa de tantas loitas encarnadas na súa participación no sindicalismo e na defensa duns medios públicos para a cidadanía

Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes é a elixida este ano para protagonizar o Día das L...
15/05/2026

Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes é a elixida este ano para protagonizar o Día das Letras Galegas. Destemida activista que participou de varios movementos e reivindicacións sociais e dona dun xornalismo comprometido e valente, deixou coa súa prematura morte un oco importante na vida cultural e política galega.

Dende a Biblioteca Casa do Arco de queremos rendirlle esta semana unha homenaxe á Begoña representativa de tantas loitas encarnadas na súa participación no sindicalismo e na defensa duns medios públicos para a cidadanía

“O entendemento mutuo entre as mulleres, a sororidade, é unha arma de defensa e de empoderamento que só pode facernos má...
14/05/2026

“O entendemento mutuo entre as mulleres, a sororidade, é unha arma de defensa e de empoderamento que só pode facernos máis fortes e máis libres”
Begoña Caamaño

Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes é a elixida este ano para protagonizar o Día das Letras Galegas. Destemida activista que participou de varios movementos e reivindicacións sociais e dona dun xornalismo comprometido e valente, deixou coa súa prematura morte un oco importante na vida cultural e política galega. Dende a Biblioteca Casa do Arco de queremos rendirlle esta semana unha homenaxe

“Rosalía pequeniña sería hoxe, como daquela, unha nena guerreira, gustaríalle o rock tocado con gaita e vestiría de punk...
13/05/2026

“Rosalía pequeniña sería hoxe, como daquela, unha nena guerreira, gustaríalle o rock tocado con gaita e vestiría de punki. Porque as mulleres e as nenas de agora somos coma ela: (…) da tribo daquelas que non só cantas ás pombas e ás flores».
Limiar de ‘Rosalía pequeniña’ por Begoña Caamaño

Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes é a elixida este ano para protagonizar o Día das Letras Galegas. Destemida activista que participou de varios movementos e reivindicacións sociais e dona dun xornalismo comprometido e valente, deixou coa súa prematura morte un oco importante na vida cultural e política galega. Dende a Biblioteca Casa do Arco de queremos rendirlle esta semana unha homenaxe

"É o tempo do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade, e tamén, por que non? Da felicid...
12/05/2026

"É o tempo do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade, e tamén, por que non? Da felicidade".
Begoña Caamaño.

Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes é a elixida este ano para protagonizar o Día das Letras Galegas. Destemida activista que participou de varios movementos e reivindicacións sociais e dona dun xornalismo comprometido e valente, deixou coa súa prematura morte un oco importante na vida cultural e política galega. Dende a Biblioteca Casa do Arco de queremos rendirlle esta semana unha homenaxe

08/05/2026

CULTURA/ 💙 LETRAS GALEGAS 📚

O Concello de Fisterra presenta unha programación especial para celebrar a nosa lingua e a nosa cultura. Nesta edición rendemos homenaxe a Begoña Caamaño, baixo o lema:

✨ “Fisterra, onde a palabra das mulleres non se apaga” ✨

💙 SÁBADO 16 DE MAIO.
Concerto de música tradicional galega con Cristian Leggiero & Patty Lesta.
🕧 Ás 12:30 h na Praza da Constitución de Fisterra.

💙 DOMINGO 17 DE MAIO | FOLIADA DAS LETRAS NO PORTO DE FISTERRA 🌊🥁
No lugar onde o mar abraza a terra e o vento leva consigo as palabras do noso pobo, Fisterra convértese nun gran escenario para celebrar o Día das Letras Galegas.
🕐 Ás 13:00 h, o Porto de Fisterra encherase de música, voces e emoción coa foliada organizada pola Asociación Trubisquiña.
✨ O Concello de Fisterra convida a toda a veciñanza e visitantes a participar desta festa da nosa cultura popular:
trae o teu instrumento, a túa voz, as túas mans para bater palmas ou simplemente as ganas de bailar e compartir. Porque cada nota, cada canto e cada paso fan máis forte a lingua que nos une.

Que soen as pandeiretas coma ondas no peirao,
que os cantos voen libres coma gaivotas sobre o mar,
e que a nosa lingua se celebre viva, alegre e compartida.

🎶 Haberá lugar para quen toca, para quen canta e para quen sente o orgullo de ser parte dunha tradición que segue medrando xeración tras xeración.
Neste Día das Letras Galegas, fagamos de Fisterra un lugar de encontro, memoria e festa.
Porque o galego tamén se escribe coa música, coa emoción e coa voz da súa xente.

💙 MARTES 19 DE MAIO
“As letras para Begoña”
Relato oral, teatro e música en homenaxe a Begoña Caamaño.
Dirixido a centros educativos.
🕚 Ás 11:30 h no Salón de Actos do Concello de Fisterra.

💙 Porque a lingua vive cando se comparte.

Dirección

Rua Da Cerca 5
Finisterre
15155

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 13:00
Martes 11:00 - 13:00
Miércoles 11:00 - 13:00
Jueves 11:00 - 13:00
Viernes 11:00 - 13:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Municipal de Fisterra Casa do Arco publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir