03/07/2026
Non son palabras, son feitos. Seguimos traballando para traer a Lousame unha amplia oferta cultural!
𝗕𝗼𝗹𝗼𝗳𝗲𝘀𝘁 𝟮𝟬𝟮𝟲: 𝗼 𝟭𝟭 𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗹𝗹𝗼 𝗲𝗻 𝗖𝗿𝘂í𝗱𝗼 (𝗟𝗢𝗨𝗦𝗔𝗠𝗘)
👉 O alcalde de , Esteban Ares Garcia, e o coordinador do BoloFest, Antón Horta, presentaron esta mañá a quinta edición do , que terá lugar o próximo sábado 11 de xullo no campo vello de (Lousame).
👉 Un evento organizado polo Concello de Lousame, en colaboración con Art Gallar e a 𝗔𝗔𝗩𝗩 𝗱𝗲 𝗖𝗿𝘂í𝗱𝗼, que abrirá a súas portas ás 15:00 horas e que inclúe a actuación de: 𝗗𝗝 𝗣𝗜𝗰𝗵𝗶, 𝗬𝗚 𝗛𝗶𝘇𝘇, 𝗖𝗮𝘆𝗲𝘁𝗮𝗻𝗼, 𝗧𝗵𝗲 𝗖𝗼𝗱𝘀, 𝗔𝗱𝗵𝗮𝗿𝗮 & 𝗥𝗶𝘁𝗺𝗮𝗻 𝗲 𝗦𝗮𝗿𝗮 & 𝗠𝗮𝗷𝗼𝘀, canda un Espazo Talento para os máis novos.
🎟️ Entrada solidaria con Cruz Roja en Noia por 2 euros en taquilla e 1 euros en venda anticipada en: A do Panadeiro, Cafetería Nordés, AlquiNoia e Flores da Costiña en Lousame / Manducka, Jara Tussa, A Xanela e Fina Stampa en .
🚌 Servizo gratuíto de buses.
🗣️ O alcalde lousamiá destaca que “para nós é un orgullo poder acoller este festival tan consolidado na comarca e traelo a Cruído. Pensamos que é unha importante novidade no calendario cultural de todas as actividades culturais que se fan ao longo do ano. Esperamos tamén que serva para achegarnos a un publico novo e non tan mozo tamén, xa que é un festival que recolle todo tipo de idades. Agardemos que se consolide de cara aos próximos anos”.
🗣️ Pola súa banda, Horta destacou que o BoloFest é "un proxecto de música en directo onde o segredo radica en que colle sempre os grupos da zona e da comarca" e animou á veciñanza e á xente da comarca a desfrutar un festival "coa súa propia identidade, no medio da natureza e desfrutar dunha xornada de música como se fose unha romaría"... Seguiremos informando....