02/09/2026
🔧 A BRIGADA MUNICIPAL CONTINÚA MELLORANDO DIFERENTES PUNTOS DE NOIA
Logo de rematar os traballos realizados no barrio de San Lázaro, a Brigada Municipal de Obras continúa estes días con diferentes tarefas de mantemento e reparación das infraestruturas municipais.
Unha parte importante dos traballos céntrase na rede de saneamento, reparando roturas que estaban a provocar socavóns e danos nas vías. Nestes momentos estase actuando en Rasa de Abaixo, Orro, A Barquiña e O Obre.
Tamén se executou a rede de saneamento complementaria de Augalevada, dando continuidade e completando as melloras realizadas recentemente nesta zona.
🏫 Ademais, aproveitando os días previos ao inicio do curso escolar, estase realizando a posta a punto do patio infantil do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso, na Barquiña, con traballos de mellora e impermeabilización.
Son actuacións pequenas e medianas que non sempre se ven, pero que resultan fundamentais para solucionar problemas do día a día, conservar adecuadamente as infraestruturas municipais e seguir mellorando os espazos e servizos públicos de Noia.