19/06/2026
🚨 ASÍ SE ATOPARON OS RAPACES DO CPI CERNADAS DE CASTRO O CAMPO DA SILVA NA FESTA DE FIN DE CURSO
📍 No Campo da Silva, os nosos nenos e nenas atopáronse con cravos, tornillos e bridas plásticas espalladas polo chan.
Isto é o resultado dunha falta de mantemento continuada, que pon en risco a seguridade dos usuarios do campo.
🌹Dende o PSOE de Lousame esiximos ao Concello que asuma a súa responsabilidade no mantemento dos espazos públicos.
Os nosos nenos e nenas merecen celebrar o fin de curso nun lugar seguro, non esquivando perigos no chan.