Galiza Nova A Estrela

Galiza Nova A Estrela Somos a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Comarca da Estrela.

25/06/2026

🏳️‍🌈 Contra as súas violencias, unidade e orgullo! 🏳️‍⚧️

✊🏻 O Orgullo non é só unha festa. É loita, é memoria e é berrar ben forte que non imos permitir máis agresións LGBT+fóbicas no noso país. 🔥

📢 Dende Galiza Nova témolo claro, por iso este 27 e 28 de xuño estaremos nas rúas da Galiza, respondendo xuntas a toda esa xente que normaliza o odio e as agresións contra as persoas LGBT+ . ‼️

🏳️‍⚧️ Vémonos nas rúas, compañeiras ! 🏳️‍🌈

23/05/2026

👅🔥 A mellor maneira de facer país é darlle á lingua, e nós, dende a Estrela, quixemos tomalo ó pé da letra! 📝

📣 Por iso nos propuxemos que saibades un pouco máis sobre nós, e que mellor maneira que nun vídeo podcast rodeadas de boa compañía? Desta vez, achegouse á ría o noso secretario xeral, Artai Gabiás ! ✊🏻

🔥 Falamos de todo un pouco, pero non queremos deixarvos máis ca intriga, por iso, xa podedes desfrutar del ao completo na nosa canle de Youtube, aquí vos deixamos a ligazón! 🔥

✊🏻 Hoxe e sempre, si á ría e non á mina! ✊🏻

https://youtu.be/vqOjP4zs8Ek

21/05/2026

📢 Manifestamos o noso apoio ás mariscadoras de a pé da nosa ría, que se trasladaron ata a Confraría de Noia para amosar o seu rexeitamento ao convenio imposto pola Consellería do Mar.

🔍 Denunciamos a total falta de transparencia dun acordo que nin as propias mariscadoras coñecen en detalle, así como o desleixo institucional ao que a Xunta as está sometendo.

💸 A Xunta de Galiza ven de impoñer ás traballadoras un convenio precario, onde estipulan contías insuficientes de ata máximo 699 euros por persoa, dos cales 266 se retiran para abonar as cotas da seguridade social, polo que con 430 euros ao mes é unha cantidade irrisoria que as obrigaría a procurar outro traballo en terra, precarizando aínda máis o sector.

⛔ Ademais, a día de hoxe a Consellaría do Mar segue sen aprobar o ces de actividade para o marisqueo na ría, o que lles permitiría acceder ás axudas económicas de 1.000 euros mensuais do ISM.

⚠️ As traballadoras levan dende xaneiro sen cobrar e agora impóñenlles unha axuda de 699 euros, dos cales arredor de 300 van destinados á Seguridade Social. Mentres o sector atravesa unha situación límite, as traballadoras continúan sen respostas claras nin solucións xustas.

✊ Tamén criticamos a actitude do goberno local de Noia, composto polo PSOE e a Marea, que destacaron positivamente a chegada deste acordo precario ás mariscadoras por parte da Xunta.

🌊 Nós esiximos medidas valentes ante unha situación que grazas á inacción da Xunta parece insalvable. Debemos empregar todos os recursos posíbeis para aumentar a productividade da nosa ría e mellorar as condicións laborais das traballadoras e dos traballadores do mar.

16/05/2026

👅🔥 A mellor maneira de facer país é darlle á lingua, e nós, dende a Estrela, quixemos tomalo ó pé da letra! 📝

📣 Por iso nos propuxemos que saibades un pouco máis sobre nós e que mellor maneira que nun vídeo podcast rodeadas de boa compañía? Desta vez acompañounos o noso secretario xeral, Artai Gavilanes ! ✊🏻

🔥 Falamos de todo un pouco, dende que é Galiza Nova para el, pasando polas preocupacións que ten a mocidade galega e sobre a situación bélica que rodea o mundo. 🔥

🚨 A semana próxima, o sábado 23, poderedes ver o episodio completo, mentres deixámosvos este resumo! 🚨

✊🏻 Hoxe e sempre, si á ría e non á mina! ✊🏻

02/05/2026
02/05/2026

Neste 1º de Maio, a mocidade galega alza a voz fronte a un sistema que prioriza as guerras e o aumento do gasto militar, mentres condena á nosa xeración á precariedade. Recortes, privatizacións e prezos en alza, empurran á nosa xeración á emigración como única saída, formando parte dunha realidade que non estamos dispostos a aceptar.

Fronte a isto, temos claro o camiño: Máis organización e máis mobilización. Por un traballo digno, con dereitos e por un futuro no noso país. ✊

01/05/2026

Dirección

Rúa Malecón De San Lázaro, 8
Noya
15200

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Galiza Nova A Estrela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir