Policía Local Noia

Policía Local Noia Páxina oficial da Policía Local de Noia para a difusión de novas de interese cidadá

Páxina oficial da Policía Local de Noia para a difusión de novas de interese cidadá.

🚧⛔🚫 DISPOSITIVO POLA CARREIRA NOCTURNA PEDESTRE 2026 🚫⛔🚧🏃🏻‍♂️🏃🏻‍♀️📝 Por mor da celebración da carreira nocturna o vindei...
27/08/2026

🚧⛔🚫 DISPOSITIVO POLA CARREIRA NOCTURNA PEDESTRE 2026 🚫⛔🚧

🏃🏻‍♂️🏃🏻‍♀️📝 Por mor da celebración da carreira nocturna o vindeiro sabado día 29 de agosto, procederase ao corte das ruas Rosalía de Castro, Galicia, Travesía, Corredoira Luis Cadarso, Santísima Trinidade, Espírito Santo, Praza das Américas, República Arxentina ata rúa Bolivia, Escultor Ferreiro, Malecón de Cadarso, Ferrador e Frai Lois Rodriguez no tramo comprendido entre rua Galicia e Perito Basilio. Así mesmo péchase ao tráfico a Ponte de Traba, con aperturas puntuais segundo as indicacións da policía. O corte será de 20:00 á finalización do evento.

🚫👮🏻‍♂️👮🏻‍♀️ Igualmente prohíbese o estacionamento nos tramos afectados polo corte

🚑🚕 Queda habilitada unha vía de seguridade polo Malecón de Gasset e República Arxentina para o acceso de ambulancias e taxis ao Centro de Saúde. O resto de usuarios/as que queiran acceder a San Lázaro deberán facelo pola Ponte San Francisco.

🌉 Recoméndase todos aqueles condutores/as que non precisan acceder ao centro urbán de Noia, que empreguen a AC-549

🏃🏻🏃🏻‍♀️🏃🏻‍♂️🏃‍♀️ Achegamos plano co percorrido da proba de 8 kilómetros, que ten prevista a súa saída para as 21:30 horas e que consistirá en dúas voltas ao circuíto, saíndo da Alameda e percorrendo entre outras a rua Galicia, Corredoira, Porta da Vila, Santísima Trinidade, Espírito Santo, Republica Arxentina, Malecón de Cadarso, Peregrina, Curro, Escultor Ferreiro, Comercio, Xan de Estivadas, Plazuela, Montero Rios e Rosalia de Castro.

Desculpen as molestias. 🗣️📢 Axúdasnos a difundilo?

⛔🚧 CORTE DE TRAFICO POR ASFALTADO 🚧⛔👮🏻‍♂️👮🏻‍♀️🚓 No día de mañá, sábado 20 de xuño, sobre as 08 horas da mañá, procederas...
19/06/2026

⛔🚧 CORTE DE TRAFICO POR ASFALTADO 🚧⛔

👮🏻‍♂️👮🏻‍♀️🚓 No día de mañá, sábado 20 de xuño, sobre as 08 horas da mañá, procederase ao corte da rotonda da rúa Rosalía de Castro para realizar as labores de asfaltado, coas seguintes incidencias na circulación.

🟥 Os vehículos que circulen pola rúa Rosalía de Castro serán desviados en dirección á rúa Pedra Sartaña (cor vermella)

🟧 Os vehículos que circulen pola rúa Avenida da Coruña en dirección á rotonda, serán desviados en dirección á rúa Egas Moniz, tendo saída por Ramón Álvarez de la Braña (cor laranxa)

🟩 Os vehículos que circulen en dirección á rotonda dende a rua Pedra Sartaña serán desviados pola rúa Pintor Xenaro Carrero (cor verde). O resto de usuarios que accedan á rua Pedra Sartaña dende calquera das interseccións serán desviados cara o Peirao do Marqués.

🟪 Os vehículos procedentes de Vista Fermosa que queiran ir dirección Porto do Son ou San Lázaro, serán desviados por Barro (cor morado) e os que precisen ir cara San Bernardo o farán por Ramón Álvarez de la Braña (cor laranxa)

🚧📢 O corte durará mentres se executen as obras. Axúdasnos a difundilo?

⛔🚧🚥 CORTE DE ESTRADA POR INCIDENCIA NA VIA 🚥🚧⛔☎️🗣️ Na tarde de hoxe recibiuse chamada dun veciño que informaba do vuelco...
05/05/2026

⛔🚧🚥 CORTE DE ESTRADA POR INCIDENCIA NA VIA 🚥🚧⛔

☎️🗣️ Na tarde de hoxe recibiuse chamada dun veciño que informaba do vuelco dunha maquinaria de limpeza na pista que vai dende o Castro Lampreeiro ata a estrada da Central do Tambre.

🚓👮🏻‍♀️👮🏻‍♂️ Unha vez no lugar, a patrulla de servizo comproba que se trata dunha retro-araña de limpeza forestal que volcara na vía. Ao non poder ser retirada ata mañá, procedeuse ao corte provisional da Estrada.

🛣️ Aqueles/as que precisen ir a Central Hidroeléctrica deberán facelo polo acceso habilitado pola AC-549

🗣️📢 Axúdasnos a difundilo?

17/04/2026

🚨🚨🚧MODIFICACIÓN DA CIRCULACIÓN POLA CERIMONIA DE SAÍDA DO RALI DE NOIA.

A partir das 19:30 horas do día de hoxe, procederase ao corte da rúa Rosalía de Castro.

Os vehículos que circulen pola rúa Galicia sentido Rosalía de Castro serán desviados pola rúa Frai Lois Rodríguez.

Os vehículos que circulan por Porta da Vila en sentido a Rosalía de Castro serán desviados pola rúa Besteiros.

A rúa Avilés de Taramancos permanecerá cortada o tráfico podendo utilizar a mesma so os vehículos autorizados ou os usuarios de garaxes.

Dirección

Rosalía De Castro, 2
Noya
15200

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Policía Local Noia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Policía Local Noia:

Atajos

Compartir