06/09/2026
Onte tivemos a satisfacción de participar na andaina organizada polo ANPA do CEIP San Vicenzo polos Penedos de Pasarela e Traba. Unha iniciativa que merece todo o noso recoñecemento.
Queremos felicitar ao ANPA por promover actividades que fan comunidade e que permiten ás crianzas e ás súas familias descubrir, coñecer e valorar un dos maiores tesouros naturais de Vimianzo. Educar tamén é saír das aulas e aprender da nosa contorna.
Ao mesmo tempo, esta xornada volve poñer de manifesto o enorme potencial dos Penedos de Pasarela e Traba para dinamizar a parroquia e todo Vimianzo. Desde o BNG levamos anos demandando unha aposta decidida, propoñendo actuacións como un centro de interpretación, a posta en marcha dun albergue e a formación de guías locais, iniciativas que crearían emprego e novas oportunidades para a zona.
Parabéns ao ANPA por esta magnífica iniciativa e grazas por facer que cada vez máis persoas descubran e se sintan orgullosas dun patrimonio que é de todos e todas!