03/10/2026
💧⚠️ A AUGA DE LAXE: PEDIMOS EXPLICACIÓNS
Diante das queixas recibidas de varias persoas sobre a auga da traída, o BNG revisou o SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo), a base oficial do Ministerio de Sanidade onde se publican os controis da auga de consumo.
🔎 E atopamos varios resultados da RED LAXE cualificados oficialmente como “AUGA NON APTA PARA O CONSUMO”:
🔴 11/03/2019 – Laxe: aluminio, 430 µg/L.
🔴 13/01/2022 – Casa do Concello: aluminio, 226 µg/L.
🔴 15/09/2025 – A Torre: clorato, 0,85 mg/L; AHA, 62 µg/L.
🔴 06/07/2026 – Centro de Saúde: clorato, 0,85 mg/L; AHA, 67 µg/L.
O clorato pode aparecer asociado aos produtos empregados para desinfectar a auga. Os AHA (ácidos haloacéticos) son tamén subprodutos que poden formarse durante a desinfección.
👉 Por iso hoxe rexistramos no Concello unha petición formal de explicacións, solicitando información sobre estes episodios, as súas causas, as medidas correctoras adoptadas e as análises posteriores que acreditaron a volta á normalidade.
🤔 E que casualidade: hoxe mesmo o Concello publica un “AVISO IMPORTANTE” no que recoñece que nos últimos días se detectaron turbidez e un olor non habitual na auga, que se están investigando as causas e realizando purgas na rede.
O Concello asegura que as analíticas actuais están dentro dos parámetros permitidos. Perfecto. Pois queremos coñecelas.
🟨🟨🟨 IMPORTANTE 🟨🟨🟨
⚠️ NON ESTAMOS AFIRMANDO QUE A AUGA SEXA ACTUALMENTE NON APTA PARA O CONSUMO.
⚠️ NON QUEREMOS XERAR ALARMA.
🟨🟨🟨🟨🟨🟨🟨🟨
Hai antecedentes oficiais publicados no SINAC e agora o propio Concello recoñece unha incidencia de turbidez e olor non habitual.
👉 Por iso pedimos información e explicacións.
💧 A veciñanza merece información, transparencia e garantías.