02/09/2026
📸 Laxe alzou a súa voz pola paz e pola solidariedade
Desde o Concello de Laxe queremos agradecer sinceramente a todas as persoas que participaron na concentración celebrada diante da Casa do Concello. 🤝
Durante o acto procedeuse á lectura do manifesto da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), sumándonos así á mensaxe compartida por numerosos concellos e institucións e mostrando o compromiso de Laxe coa paz, o respecto aos dereitos humanos e a solidariedade.
💙 Grazas a todos os veciños e veciñas que vos achegastes e participastes neste acto colectivo. A vosa presenza demostra, unha vez máis, que Laxe é un pobo comprometido, solidario e sensible ante o sufrimento das persoas.
🕊️ Desde Laxe, unha voz común pola paz, o diálogo e a convivencia.