Cofradía de Pescadores de Laxe

Cofradía de Pescadores de Laxe Xestión, administración e asesoramento de empresas pesqueiras

30/08/2026

Os peixes e mariscos de Laxe degustáronse esta mañá de balde na Praza de Abastos de Noia en tres elaboracións distintas:

🔹Empanada de millo de peixe azul
🔹Sardiña soasada con crema de coliflor, allada e pan especiado
🔹Taco de longueirón con cebola e verduriñas encurtidas, salsa de tomatillo verde e aceite de herbas

Unha oportunidade perfecta para g***r da calidade dos produtos da nosa lonxa, procedentes da pesca costeira artesanal 🎣🌊

O peixe de Laxe chega a Noia! 🐟🧑‍🍳Este domingo, 30 de agosto, ofreceremos unha degustación gratuíta de peixe de Laxe na ...
26/08/2026

O peixe de Laxe chega a Noia! 🐟🧑‍🍳

Este domingo, 30 de agosto, ofreceremos unha degustación gratuíta de peixe de Laxe na Praza de Abastos de Noia 🙌

Miguel Mosteiro será o encargado de elaborar e servir os petiscos de balde que poderedes g***r nun dos postos do mercado. A oportunidade perfecta para saborear os produtos procedentes da nosa pesca costeira artesanal 🎣

📍 Praza de Abastos de Noia
🗓️ Domingo 30, dende as 12h
💙 Organiza: Cofradía de Pescadores de Laxe co apoio do GALP Costa da Morte e a colaboración do Concello de Noia.

💙 Aínda coa emoción das Xornadas de Pesca Artesanal moi presente,  miramos cara a nosa próxima gran cita: o Naufraxio 20...
13/08/2026

💙 Aínda coa emoción das Xornadas de Pesca Artesanal moi presente, miramos cara a nosa próxima gran cita: o Naufraxio 2026.

O vindeiro luns, 17 de agosto, celebramos a 64ª edición desta festa declarada de Interese Turístico de Galicia, coa que rendemos homenaxe aos falecidos no mar.

Unha tradición que une historia, cultura mariñeira, relixión e sentimento 🌊⚓

🗓 Este é o programa:

▪️ 11:00h – Pasarrúas coa Banda de Música Nosa Señora do Nordés OJE-Ferrol e o Grupo de Gaitas Maruxía de Laxe
▪️ 12:00h – Misa solemne na honra da Virxe do Carme
▪️ Procesión ata a zona portuaria, rematada coa tradicional Danza de Arcos
▪️ ~13:00h – Representación do naufraxio e posterior procesión marítima

Non faltedes a esta cita tan especial 💙

🥘 A paella era ben grande… pero non sobrou nin un gran de arroz!A degustación popular de arroz con peixe e marisco da no...
11/08/2026

🥘 A paella era ben grande… pero non sobrou nin un gran de arroz!

A degustación popular de arroz con peixe e marisco da noite do sábado foi un dos momentos máis agardados das V Xornadas de Pesca artesanal 🎣

Grazas a todos os asistentes por axudarnos a encher de sabor a carpa da praza Ramón Juega 🙌

Non todos os días se ten a sorte de ver cociñar en directo a unha chef con estrela Michelin. Os asistentes ao showcookin...
10/08/2026

Non todos os días se ten a sorte de ver cociñar en directo a unha chef con estrela Michelin.

Os asistentes ao showcooking de Lucía Freitas nas V Xornadas de Pesca Artesanal tiveron ese privilexio e ademais puideron desfrutar das súas propostas:

🔹 Raia en escabeche con caldo de congro seco e mirabeis encurtidos
🔹 Xarda en vinagre de kombucha e encurtidos con alfábrega coreana

Alta cociña co peixe da nosa lonxa, explicada paso a paso por unha grandísima chef á que agora tamén podemos chamar Embaixadora dos Peixes e Mariscos de Laxe 🌊

👩‍🍳 “Como en Masterchef!”, foi unha das frases máis repetidas polas cativas e os cativos durante o taller gastronómico i...
10/08/2026

👩‍🍳 “Como en Masterchef!”, foi unha das frases máis repetidas polas cativas e os cativos durante o taller gastronómico infantil de Lucía Freitas, nas V Xornadas de Pesca Artesanal 🐟

Os pequenos aprenderon a facer esferas de vinagre, desfollaron herbas, extraeron o interior da froita da paixón e botáronlle moitísima creatividade á decoración dos seus pratos ✨

O resultado? Unha ensalada de xarda soasada con hortalizas, froitas e flores da propia horta de Lucía 🌿

Pratos cheos de cor e talento e cativas e cativos orgullosísimos das súas creacións, das que deron boa conta: “Está boísimo!” dicían felices 😋

🎖️ Lucía Freitas e Marta Villaverde Acuña xa son as novas Embaixadoras dos Peixes e Mariscos de Laxe!Dúas mulleres que, ...
09/08/2026

🎖️ Lucía Freitas e Marta Villaverde Acuña xa son as novas Embaixadoras dos Peixes e Mariscos de Laxe!

Dúas mulleres que, dende ámbitos distintos, a cociña e a administración, contribúen moi significativamente a que a pesca artesanal siga tendo futuro 🐟

No acto celebrado no Museo do Mar de Laxe, ambas coincidiron na importancia de visibilizar o papel da muller no sector do mar e impulsar a súa presenza en postos de representación e goberno.

Con este recoñecemento, desde a Cofradía de Laxe reafirmamos o noso compromiso de seguir avanzando nesa dirección 🌊

Sardiña e polbo foron as dúas variedades da nosa lonxa escollidas por Miguel Mosteiro para o seu showcooking das V Xorna...
09/08/2026

Sardiña e polbo foron as dúas variedades da nosa lonxa escollidas por Miguel Mosteiro para o seu showcooking das V Xornadas de Pesca Artesanal ‘No Mar da Lonxa de Laxe’. E estas foron as súas propostas:

🔹 Sardiña soasada con gazpacho de mazá áceda e pan especiado.
🔹Polbo salteado con aliño asiático, crema de verduras asadas e aceite verde de herbas.

Todos os asistentes deron boa conta das elaboracións de Mosteiro e mesmo houbo agasallo para a participante máis atenta da actividade 👩‍🍳

Non hai cousa que nos guste máis que ver aos cativos e ás cativas desfrutar do peixe e da cociña 🐟🧑‍🍳Os pequenos partici...
08/08/2026

Non hai cousa que nos guste máis que ver aos cativos e ás cativas desfrutar do peixe e da cociña 🐟🧑‍🍳

Os pequenos participantes no taller gastronómico desta mañá demostraron unha vez máis que o peixe pode introducirse facilmente nos menús infantís con elaboracións que lles resulten atractivas. Nesta ocasión eles prepararon:

🔹 Ensalada multicor con pescada crocante
🔹 Gnocchis de pataca en salsa con xarda soasada

E deixaron os pratos limpos! 😋

E degustouse navalla-longueirón! Concretamente, 100 kilos en menos dunha hora 😮A III Xornada de degustación da Navalla-L...
08/08/2026

E degustouse navalla-longueirón! Concretamente, 100 kilos en menos dunha hora 😮

A III Xornada de degustación da Navalla-Longueirón da Lonxa de Laxe, que celebramos o venres á noitiña, foi todo un éxito de asistencia. Despachamos unhas 600 racións gratuítas deste produtazo da lonxa, que fixeron as delicias de todas e todos os que se achegaron ata a carpa da praza Ramón Juega 😋

Dirección

Paseo Portuario, 6, 1º
Laxe
15117

Teléfono

+34981728100

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cofradía de Pescadores de Laxe publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Cofradía de Pescadores de Laxe:

Atajos

Compartir