02/09/2026
Un ano máis, os campamentos de verán do Concello de Zas deixáronnos momentos de moita diversión, amizade e moitas experiencias compartidas.
Desde o Concello facemos un importante esforzo económico para manter, como todos os anos, os prezos máis baixos, coa finalidade de facilitar a conciliación das familias e ofrecerlles un pequeno respiro durante o verán. Ao mesmo tempo, buscamos que os rapaces e rapazas poidan desfrutar do seu tempo libre acompañados dos seus amigos e amigas, nun contorno natural e patrimonial tan especial como son as Torres do Allo.
E quen mellor para contar esta experiencia que os propios protagonistas?
🎥 Deixámosvos un pequeno vídeo-resumo cos seus testemuños. Este verán a mellor historia cóntana eles e elas. 😊