04/09/2026
📢 BANDO | RESTRICIÓNS DE TRÁFICO – FESTAS DO OITO 2026
Con motivo das Festas do Oito de Ferreira do Valadouro, establécense as seguintes restricións de tráfico do 4 ao 7 de setembro de 2026:
🚫 Rúa Andrés López Palmeiro ata a saída da rúa Pardo de Cela, en sentido ascendente:
Prohibida a circulación de vehículos.
🚫 Praza de Santa María:
Prohibido circular e aparcar.
📅 DOMINGO 6 DE SETEMBRO
🅿️ Desde as 10:00 h: prohibido aparcar en toda a rúa Andrés López Palmeiro e na rúa Pardo de Cela.
🚗 Desde as 12:00 h: prohibido circular por toda a rúa Andrés López Palmeiro e Pardo de Cela.
✅ Desde as 17:00 h: permítese circular e aparcar na rúa Pardo de Cela e Andrés López Palmeiro cara á Ponte desde as Loterías.
🙏 Desde o Concello pedimos desculpas e comprensión polos trastornos ocasionados polas actividades programadas e animamos á veciñanza a participar e seguir en todo momento as indicacións da organización.
🎉 Goza das Festas do Oito e respecta as normas!