Concello de Burela

Concello de Burela Páxina oficial de Concello de Burela.

🧵 Lembra! Este sábado celebrarse en Burela o XVI Encontro de Palilleiras.Ao longo da xornada haberá demostracións de tra...
14/05/2026

🧵 Lembra! Este sábado celebrarse en Burela o XVI Encontro de Palilleiras.

Ao longo da xornada haberá demostracións de traballos, actividades para todos os públicos e un programa complementario que permitirá descubrir diferentes recursos culturais e patrimoniais do municipio.

📍 Porto de Burela
🗓️ Sábado, 16 de maio
🕥 De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

🤝A Fundación Expomar celebrou hoxe, nas instalacións de Armadores de Burela, o XXVII Encontro Empresarial de Organizació...
13/05/2026

🤝A Fundación Expomar celebrou hoxe, nas instalacións de Armadores de Burela, o XXVII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, no que representantes das principais entidades do sector analizaron os retos actuais da pesca.

👉 Mañá, xoves 14 de maio, terá lugar a ###III edición das Xornadas Técnicas de Expomar no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela, onde representantes das administracións, profesionais, universidades, expertos e organizacións pesqueiras abordarán os principais retos do presente e do futuro do sector pesqueiro.

🎩 No marco da programación do Día das Letras Galegas chega a Burela O Mago Antón, que celebra cinco décadas de maxia co ...
13/05/2026

🎩 No marco da programación do Día das Letras Galegas chega a Burela O Mago Antón, que celebra cinco décadas de maxia co espectáculo “50”, unha proposta que reúne os seus mellores números e novas ilusións nunca vistas.

Un percorrido por toda unha vida sobre os escenarios, explorando os límites do imposible nun espectáculo que marca a culminación dun camiño e o comezo dunha nova etapa.

📍 Praza do Concello
📅 Domingo 17 de maio
🎟️ Entrada de balde por orde de chegada ata completar capacidade

🤝 Vicepresidencia. Deputación de Lugo

🗣️ Este sábado celebramos o 'Festival Letras Galegas 2026', organizado pola Coral Polifónica de Burela. Un encontro únic...
13/05/2026

🗣️ Este sábado celebramos o 'Festival Letras Galegas 2026', organizado pola Coral Polifónica de Burela. Un encontro único de voces e tradición!

🎼 Contaremos coa participación do Coro Fingoi, a Rondalla de Cariño e a Coral Polifónica de Burela.

🗓️ Sábado, 16 de maio
🕜 20.00 h
📍Auditorio da Casa da Cultura

Non o perdades! 🌟

O equipo de GAIA estará mañá, mércores 13, a altura do Bar La Urbana, para informar e axudar a mellorar a reciclaxe dos ...
12/05/2026

O equipo de GAIA estará mañá, mércores 13, a altura do Bar La Urbana, para informar e axudar a mellorar a reciclaxe dos residuos.♻️

🕘 De 10:00h a 14:00h

Achégate, resolve dúbidas e aprende a reciclar mellor 💚

⚠️ Mañá, mércores 13 de maio, Espina realizará unha obra na rúa Nosa Señora do Carme, fronte ao Roxo.Será necesario cort...
12/05/2026

⚠️ Mañá, mércores 13 de maio, Espina realizará unha obra na rúa Nosa Señora do Carme, fronte ao Roxo.

Será necesario cortar o tráfico na rúa e desviar os vehículos pola rúa Curros Enríquez en sentido contrario ata Rosalía de Castro (por diante do Progreso).

Hoxe o noso concello tínguese de azul polo Día Internacional da Enfermaría. 💙Un día para recoñecer e agradecer o traball...
12/05/2026

Hoxe o noso concello tínguese de azul polo Día Internacional da Enfermaría. 💙

Un día para recoñecer e agradecer o traballo das enfermeiras e enfermeiros, profesionais imprescindibles que coidan, acompañan e están sempre ao carón das persoas nos momentos máis necesarios.

Dende o Concello de Burela queremos enviarlles o noso agradecemento polo seu compromiso, humanidade e dedicación diaria.

Grazas por coidar de nós.

Os tres trampolines do Campón van dar moito traballo… sobre todo para convencer ás nenas e nenos de que toca marchar 😅🛝N...
11/05/2026

Os tres trampolines do Campón van dar moito traballo… sobre todo para convencer ás nenas e nenos de que toca marchar 😅🛝

Novo pavimento, novos xogos e un parque renovado para seguir enchendo Burela de vida 💙

🎭 Este venres 15 de maio ás 21:00 h, o Auditorio da Casa da Cultura de Burela acolle 'Repunantas. As punkis da literatur...
11/05/2026

🎭 Este venres 15 de maio ás 21:00 h, o Auditorio da Casa da Cultura de Burela acolle 'Repunantas. As punkis da literatura galega: de María Balteira a Begoña Caamaño' no marco da programación do Día das Letras Galegas 2026.

📚 Inma López Silva e Francisco Castro presentan un espectáculo de narración oral e música en directo para público adulto, no que percorren a historia das grandes autoras da literatura galega desde a Idade Media ata a actualidade.

Unha proposta lúdica e crítica que reivindica a forza da palabra, da memoria e da rebeldía feminina na cultura galega.

🎟️ Entrada de balde ata completar capacidade.

🤸‍♀️ Domingo de ximnasia rítmica en Burela 💫 gracias a Escola de Ximnasia Porta Norte 💕O Pavillón Vista Alegre acolle ho...
10/05/2026

🤸‍♀️ Domingo de ximnasia rítmica en Burela 💫 gracias a Escola de Ximnasia Porta Norte 💕

O Pavillón Vista Alegre acolle hoxe o Torneo Interescolas, cunha xornada chea de deporte, ambiente e participantes chegadas de distintos puntos de Galicia e Asturias.

Burela segue sumando citas que moven a vila 🫶

Dirección

Rúa De Eijo Garay, 20
Burela
27880

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Burela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir