Concello de Alfoz

Cómo llegar Página web

Concello de Alfoz Páxina oficial do Concello de Alfoz (Provincia de Lugo)

Página oficial del Ayuntamiento de Alfoz (Provincia de Lugo)

Páxina creada para dar a coñecer as actividades turísticas e culturais do Concello de Alfoz.

🎭✨ 𝐍𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 𝐞́𝐧𝐜𝐡𝐞𝐬𝐞 𝐝𝐞 𝐭𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐞 𝐡𝐮𝐦𝐨𝐫 𝐞𝐧 𝐀𝐥𝐟𝐨𝐳!Un ano máis, novembro será o mes do teatro en Alfoz, cunha programación ...
26/10/2026

🎭✨ 𝐍𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 𝐞́𝐧𝐜𝐡𝐞𝐬𝐞 𝐝𝐞 𝐭𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐞 𝐡𝐮𝐦𝐨𝐫 𝐞𝐧 𝐀𝐥𝐟𝐨𝐳!

Un ano máis, novembro será o mes do teatro en Alfoz, cunha programación de catro comedias para todos os públicos que poderemos desfrutar durante os sábados do mes.

🎟️ Esta é a programación:

🎭 7 de novembro: Paixón de Bulevares, de Quemaistén Teatro (As Pontes).

🎭 14 de novembro: Terra, voz e... acción!, de Metátase Teatro (Palas de Rei).

🎭 21 de novembro: Ai! Señor, señor, de A Adala (Fazouro-Foz).

🎭 28 de novembro: O autobús, de O Centiño (Foz).

📅 Todos os sábados de novembro
🕗 Ás 20:00 horas
📍 Salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz
🎟️ Entrada de balde!

Un mes para compartir risas, historias e bos momentos arredor do teatro. Agardámosvos! 👏💚

📚 𝟐𝟒 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 | 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬Hoxe lembramos a importancia das bibliotecas como espazos de encontro, aprendizaxe...
24/10/2026

📚 𝟐𝟒 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 | 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬

Hoxe lembramos a importancia das bibliotecas como espazos de encontro, aprendizaxe e acceso á cultura para todas as persoas.

📖 Lugares onde descubrir novas historias, compartir coñecementos, espertar a curiosidade e desfrutar do pracer da lectura, sen importar a idade.

💚 Desde o Concello de Alfoz queremos aproveitar este día para recoñecer o valor das bibliotecas e das persoas profesionais que fan posible o seu funcionamento.

Feliz Día das Bibliotecas! 📚

✨ 𝐄𝐬𝐭𝐚 𝐟𝐢𝐧 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐨 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬 𝐞𝐧 𝐀𝐥𝐟𝐨𝐳!Este venres e sábado temos varias citas coa cultura, os ...
22/10/2026

✨ 𝐄𝐬𝐭𝐚 𝐟𝐢𝐧 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐨 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬 𝐞𝐧 𝐀𝐥𝐟𝐨𝐳!

Este venres e sábado temos varias citas coa cultura, os contos, o teatro e a diversión para todas as idades. 📖🎭

📅 Venres 23 de outubro: Contacontos con A bibliotecaria estrafalaria, de Cris de Caldas.

📅 Sábado 24 de outubro: Obradoiro infantil con xogos e manualidades e representación teatral de Latexos, de K’Paparota Teatro.

👉 Desliza as imaxes para consultar os horarios, lugares e toda a información das actividades.

Agardámosvos para compartir unha fin de semana chea de historias, creatividade e imaxinación! 💚

𝟏𝟗 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 | 𝐃𝐢́𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐨 𝐂𝐚𝐧𝐜𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐚𝐦𝐚Hoxe é un día para lembrar a importancia da prevención, da detección...
19/10/2026

𝟏𝟗 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 | 𝐃𝐢́𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐨 𝐂𝐚𝐧𝐜𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐚𝐦𝐚

Hoxe é un día para lembrar a importancia da prevención, da detección precoz e da investigación na loita contra o cancro de mama.

💗 Desde o Concello de Alfoz queremos enviar unha mensaxe de apoio, forza e agarimo a todas as persoas que están a afrontar esta enfermidade, ás que xa a superaron e ás súas familias.

Porque cada xesto de apoio conta, cada avance importa e ninguén debería percorrer este camiño en soidade.

A detección precoz é clave. Coidarnos tamén é unha forma de loitar.

📢 𝐒𝐮𝐛𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐳𝐚𝐬 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭𝐢́𝐚 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥O Concello de Alfoz recibi...
19/10/2026

📢 𝐒𝐮𝐛𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐳𝐚𝐬 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭𝐢́𝐚 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥

O Concello de Alfoz recibiu unha subvención de 16.902,64 € da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Esta axuda destínase á contratación dunha persoa para desenvolver o proxecto de Animación Sociocultural e Turística, cunha duración de nove meses, a xornada completa, desde o 16 de outubro de 2026.

A actuación enmárcase no Programa de Garantía Xuvenil, que ten como finalidade facilitar a adquisición de experiencia profesional e favorecer a inserción laboral da mocidade.

ℹ️ Subvención concedida ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 (procedemento TR350E).

🎭 𝐊’𝐏𝐚𝐩𝐚𝐫𝐨𝐭𝐚 𝐭𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 “𝐋𝐚𝐭𝐞𝐱𝐨𝐬” 𝐞𝐧 𝐀𝐥𝐟𝐨𝐳O sábado 24 de outubro, coincidindo coa celebración do Día das Biblioteca...
18/10/2026

🎭 𝐊’𝐏𝐚𝐩𝐚𝐫𝐨𝐭𝐚 𝐭𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 “𝐋𝐚𝐭𝐞𝐱𝐨𝐬” 𝐞𝐧 𝐀𝐥𝐟𝐨𝐳

O sábado 24 de outubro, coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas, poderemos desfrutar de “Latexos. As lendas do castro”, unha proposta teatral de K’Paparota teatro, dirixida por Kevin Stewart.

Unha cita para achegarnos ao mundo das lendas e das historias a través das artes escénicas.

📅 Sábado, 24 de outubro
🕖 19:00 h
📍 Biblioteca Municipal de Alfoz

Animámosvos a participar nesta actividade cultural e a compartir unha tarde de teatro! 🎭

ℹ️ Actividade enmarcada no Plan Deputación 2026 da Deputación de Lugo.

🎨📚 𝐔𝐧 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫 𝐨 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬!A Biblioteca Municipal de Alfoz acollerá un obradoiro diri...
17/10/2026

🎨📚 𝐔𝐧 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫 𝐨 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬!

A Biblioteca Municipal de Alfoz acollerá un obradoiro dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, dentro da programación organizada con motivo do Día das Bibliotecas.

Unha proposta para achegar os máis pequenos ao mundo dos libros a través de manualidades, xogos e actividades creativas, compartindo unha tarde de diversión e aprendizaxe. 🎨📖

📅 Sábado, 24 de outubro
🕓 De 16:00 a 19:00 h
📍 Biblioteca Municipal de Alfoz
👧👦 Para nenos e nenas de 3 a 12 anos
🎟️ Actividade gratuíta e sen inscrición previa.

Animámosvos a participar e a celebrar o Día das Bibliotecas! 💚

ℹ️ Actividade enmarcada no Plan Deputación 2026 da Deputación de Lugo.

📚🎭 𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬, 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐭𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫 𝐨 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬 𝐞𝐧 𝐀𝐥𝐟𝐨𝐳!O sábado 24 de outubro, a B...
16/10/2026

📚🎭 𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬, 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐭𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫 𝐨 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬 𝐞𝐧 𝐀𝐥𝐟𝐨𝐳!

O sábado 24 de outubro, a Biblioteca Municipal de Alfoz acollerá dúas actividades para conmemorar o Día das Bibliotecas, cunha programación pensada para desfrutar da cultura e das historias en familia.

🎨 De 16:00 a 19:00 h | Obradoiro infantil

Unha actividade dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos para compartir unha tarde de creatividade na biblioteca.

✅ Gratuíto e sen inscrición previa.

🎭 Ás 19:00 h | Representación teatral “Latexos. As lendas do castro”

A compañía K’Paparota Teatro presentará esta obra dirixida por Kevin Stewart, destinada ao público infantil e familiar e aberta a todos os públicos.

📅 Sábado, 24 de outubro
📍 Biblioteca Municipal de Alfoz

ℹ️ Actividades enmarcadas no Plan Deputación 2026 da Deputación de Lugo.

📖🎭 𝐂𝐫𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐥𝐝𝐚𝐬 𝐭𝐫𝐚́𝐞𝐧𝐨𝐬 “𝐀 𝐛𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐟𝐚𝐥𝐚𝐫𝐢𝐚”Con motivo do Día das Bibliotecas,  o vindeiro 23 de outubro te...
15/10/2026

📖🎭 𝐂𝐫𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐥𝐝𝐚𝐬 𝐭𝐫𝐚́𝐞𝐧𝐨𝐬 “𝐀 𝐛𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐟𝐚𝐥𝐚𝐫𝐢𝐚”

Con motivo do Día das Bibliotecas, o vindeiro 23 de outubro teremos unha cita cos contos e a imaxinación na Casa da Cultura de Alfoz.

🎭 Cris de Caldas presentará “A bibliotecaria estrafalaria”, un espectáculo para desfrutar en familia, compartir historias e deixar voar a imaxinación.

📅 Venres, 23 de outubro 🕐 13:00 h 📍 Casa da Cultura

👧👦 A actividade está dirixida ao público a partir de 3 anos e contará coa asistencia dos nenos e nenas do CEIP Castro de Ouro. Aberta a todo o público.

Unha proposta enmarcada no programa Ler Conta Moito para celebrar o pracer de ler, contar e escoitar historias. 📖

🗳️ 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐮𝐥𝐭𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐥𝐢𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐞𝐥𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐞 𝐫𝐞𝐜𝐥𝐚𝐦𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬 𝐜𝐞𝐧𝐬𝐚𝐢𝐬Do 12 ao 19 de outubro de 2026, ambos inclusive, estará...
09/10/2026

🗳️ 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐮𝐥𝐭𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐥𝐢𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐞𝐥𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐞 𝐫𝐞𝐜𝐥𝐚𝐦𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬 𝐜𝐞𝐧𝐬𝐚𝐢𝐬

Do 12 ao 19 de outubro de 2026, ambos inclusive, estará aberto o prazo para consultar as listas electorais e presentar reclamacións aos datos censuais.

A consulta poderá realizarse nas dependencias municipais, mediante medios informáticos, presentando o DNI, pasaporte ou permiso de conducir. No caso de detectar algún erro nos datos do censo, poderase presentar a reclamación no Concello, achegando unha copia do DNI.

📅 Do 12 ao 19 de outubro de 2026
📍 Dependencias municipais

ℹ️ A base de electores corresponde á do 1 de agosto de 2026, coas variacións producidas ata o 30 de xullo. Durante este mesmo prazo tamén se poderá solicitar a exclusión das copias censuais que se facilitan aos partidos políticos para o envío de propaganda electoral.

Dirección

A Seara S/n
Lugo
27776

Horario de apertura

Martes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Sábado 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Domingo 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Alfoz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría