CEIP Coirón Dena

CEIP Coirón Dena CEIP Coirón Dena
Escuela Pública
Meaño (Pontevedra)

🌍💙 Este 15 de abril celebramos o Día Mundial do Neno cunha concentración moi especial!🧠📱 Poñemos o foco na protección, e...
09/04/2026

🌍💙 Este 15 de abril celebramos o Día Mundial do Neno cunha concentración moi especial!

🧠📱 Poñemos o foco na protección, educación e benestar emocional e dixital dos nosos nenos e nenas.

📍 Praza do Concello
🗓️ Mércores, 15 de abril
⏰ 14:00 h

🤝 Unímonos familias, centros educativos e asociacións para construír un entorno máis seguro e consciente no mundo dixital.

💬 Porque educar tamén é acompañar… ¿contamos contigo?

E por aquí deixamos máis información sobre esta charla tan produtiva! 👏🏼
16/03/2026

E por aquí deixamos máis información sobre esta charla tan produtiva! 👏🏼

📱 Familias reconectando nun clic!Esta semana familias e profesorado do centro participaron nunha charla sobre o uso resp...
16/03/2026

📱 Familias reconectando nun clic!

Esta semana familias e profesorado do centro participaron nunha charla sobre o uso responsable de internet e das pantallas.

Reflexionamos sobre como acompañar aos nosos nenos e nenas no mundo dixital e compartimos recomendacións para fomentar hábitos dixitais saudables, priorizando actividades como o deporte 🏃‍♂️ e a lectura 📚.

🤝 Grazas á Asociación Avante e ás entidades colaboradoras por esta iniciativa a favor do benestar dixital da infancia. 💙

🌐📱 Presentación do Programa de Prevención DixitalAs familias tamén necesitamos aprender a acompañar aos nosos fillos e f...
09/03/2026

🌐📱 Presentación do Programa de Prevención Dixital

As familias tamén necesitamos aprender a acompañar aos nosos fillos e fillas no uso responsable da tecnoloxía. 💬👨‍👩‍👧‍👦

O vindeiro venres 13 de marzo ás 19:00 h terá lugar no Centro Cultural e Social de Dena a presentación do programa “Familias reconectando nun clic”, unha iniciativa para reflexionar e aprender sobre o benestar dixital e mental da infancia. 🧠💻

Durante o encontro traballaranse tres claves fundamentais:
ℹ️ Información
📣 Difusión
💡 Concienciación

Animamos a todas as familias a participar e a formar parte deste pacto educativo polo uso saudable da tecnoloxía. 🤝

Agardámosvos! 😊

📢✨ XORNADA DE PORTAS ABERTAS no CEIP Coirón Dena ✨📢O vindeiro martes 3 de marzo, de 16:00 a 17:00h, abrimos as portas do...
23/02/2026

📢✨ XORNADA DE PORTAS ABERTAS no CEIP Coirón Dena ✨📢

O vindeiro martes 3 de marzo, de 16:00 a 17:00h, abrimos as portas do noso centro para que poidades coñecer de preto todo o que somos e todo o que facemos 💙

Presentaremos os nosos servizos:
🚌 Transporte escolar
🍽️ Plan Madruga e Comedor
🎯 Actividades extraescolares
👨‍👩‍👧 Participación activa das familias
🤝 ANPA

E tamén a nosa maneira de traballar:
📚 Metodoloxías activas
🌱 Proxectos e inclusión educativa
🌿 Horto escolar e Voz Natura
📖 Biblioteca e PLAMBE
🎨 Polos creativos
💻 E-Dixgal
🌍 Seccións bilingües e auxiliar de conversa
💛 Patios dinámicos e inclusivos

Se non podedes asistir nesa data, podedes poñervos en contacto co centro para concertar outra visita.

✨ Ven a coñecernos! Estaremos encantados/as de recibirvos.

O pasado venres vivimos no cole unha xornada chea de cor, creatividade e moita ilusión coa nosa festa de Entroido 🎭✨Este...
23/02/2026

O pasado venres vivimos no cole unha xornada chea de cor, creatividade e moita ilusión coa nosa festa de Entroido 🎭✨

Este ano a temática foi a arte 🎨, e cada ciclo sorprendeunos cunha proposta diferente: pinturas, cadros emblemáticos, escenas de películas… 🎬🖌️ O cole converteuse nun auténtico museo en movemento, onde o talento e a imaxinación do noso alumnado brillaron con luz propia 🌟

Queremos agradecer de corazón a implicación das familias 💛, que colaboraron na elaboración dos disfraces e fixeron posible que cada neno e nena lucise unha auténtica obra de arte.

Grazas tamén á ANPA polo seu apoio e colaboración constante 🤝, sempre sumando para facer comunidade e escola.

Seguimos creando momentos inesquecibles xuntos! 🎉

📣 Reunión informativa para familiasA educación dixital dos nosos fillos e fillas é un reto compartido. Por iso, os colex...
11/02/2026

📣 Reunión informativa para familias

A educación dixital dos nosos fillos e fillas é un reto compartido. Por iso, os colexios, o instituto e as ANPAS de Meaño, xunto coa Asociación Avante, impulsan un encontro para acompañarnos, resolver dúbidas e crear apoio mutuo entre familias.

📅 Mércores 11 de febreiro
🕗 20:00 h
📍 Centro Cultural e Social de Dena

Falaremos sobre o uso axeitado das pantallas, como educar no ámbito dixital e como construír unha rede de familias que avance unida.

Cantas máis persoas participen, maior será o impacto.

✅ Actividade aberta a todo o mundo.

Agardámosvos!

🏃‍♂️🤝 Xornadas Multideporte entre centros 🤝🏃‍♀️Esta semana gozamos dunhas fantásticas xornadas multideporte, cheas de de...
22/01/2026

🏃‍♂️🤝 Xornadas Multideporte entre centros 🤝🏃‍♀️

Esta semana gozamos dunhas fantásticas xornadas multideporte, cheas de deporte, convivencia e bo ambiente entre centros educativos.

📍 O martes visitamos o CEIP San Roque e
🏫 o mércores recibimos no noso cole ao alumnado do CEIP Armenteira.

⚽🏀🤾‍♂️♟️ Durante as xornadas practicamos fútbol sala, datchball, baloncesto, tchoukball, xadrez e balonmán, fomentando valores como o respecto, a cooperación e o gusto pola actividade física.

Grazas a todo o alumnado e profesorado por facer posible esta experiencia tan enriquecedora 💙

🎄✨ Propostas culturais de Nadal en Meaño ✨🎄O Concello de Meaño ofrece dúas actividades pensadas para desfrutar en famili...
30/12/2025

🎄✨ Propostas culturais de Nadal en Meaño ✨🎄
O Concello de Meaño ofrece dúas actividades pensadas para desfrutar en familia durante estas datas tan especiais:

🎶 Concertos de Nadal – Aninovo
🗓 Sábado 10 de xaneiro de 2026
🕡 18:30 h
📍 Centro Social de Dena
🎭 O arcón de Noa – Amarelo Cía.
Entrada de balde ata completar capacidade.

👑 Chegan os Reis Magos de Oriente
🗓 Domingo 5 de xaneiro
🕛 12:00 h
📍 Praza do Concello
Con actuación musical “A Bailar no Nadal!” e recepción Real.

Dúas citas culturais para compartir ilusión, música e maxia en comunidade.
📣 Animámosvos a participar!

🎉✨ Badaladas anticipadas en Meaño ✨🎉O Concello de Meaño convida a toda a veciñanza a despedir o ano cunha xornada festiv...
30/12/2025

🎉✨ Badaladas anticipadas en Meaño ✨🎉

O Concello de Meaño convida a toda a veciñanza a despedir o ano cunha xornada festiva pensada para grandes e pequenos.

🗓 Luns 30 de decembro
🕖 19:00 h
📍 Praza do Concello

🎶 Concerto de fin de ano a cargo da Banda Xuvenil e do alumnado da Escola de Música Municipal de Meaño
🎧 Animación con Master Disco Móbil
🍇 Uvas, lacasitos, chocolate e churros

Unha forma divertida e familiar de darlle a benvida ao 2026 🎊
Agardámosvos!

05/12/2025

🎨✨ A Arte Feita Música en Infantil ✨🎶

O alumnado de Educación Infantil sorprendeu hoxe cunha fermosa representación dedicada a Antonio Vivaldi e ás súas obras máis coñecidas. A través do movemento, a expresión corporal e pequenas dramatizacións, os nenos e nenas deron vida á música do compositor italiano, convertendo o escenario nun espazo cheo de sensibilidade artística.

Esta actividade forma parte do noso PDI centrado na arte, no que buscamos que o alumnado explore distintas linguaxes artísticas desde idades temperás, desenvolvendo a creatividade, a escoita activa e o gusto pola cultura.

Unha experiencia chea de emoción, aprendizaxe e música.
Parabéns aos pequenos artistas e ao profesorado pola súa magnífica actuación! 🎻🌟

Dirección

Rúa Dos Colexios
Meaño
36967

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 13:45
Martes 08:35 - 13:45
16:00 - 19:00
Miércoles 08:35 - 13:45
Jueves 08:35 - 13:45
Viernes 08:35 - 13:45

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP Coirón Dena publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría