BNG Bueu

BNG Bueu Páxina de facebook do BNG de Bueu

02/09/2026

📣 A VECIÑANZA DE ONS NON PODE MÁIS

🎡 A Xunta de Galiza quere facer un novo parque temático na illa de Ons.

😡 Pero para iso ten que botar fora á veciñanza que habita alí o resto do ano.

🚧 Obras interminables, servizos insuficientes e unha Xunta que abandona aos habitantes da illa.

✊🏼 O BNG mantense firme no seu compromiso coa nosa veciñanza fronte a unha Xunta centrada no turismo estacional, que esquece a quen habita e constrúe a nosa terra cada día.

📆Hoxe é o Día Nacional de Galiza! Gozade do día  dun xeito reivindicativo, festivo e sobre todo presumindo con orgullo d...
25/07/2026

📆Hoxe é o Día Nacional de Galiza! Gozade do día dun xeito reivindicativo, festivo e sobre todo presumindo con orgullo de SERMOS GALEGAS E GALEGOS DE RAZÓN, DE CORAZÓN E COMO NON DE NACIÓN!!

🎉E para a veciñanza da aldea de Ermelo, o cerne do Morrazo, unha aperta moi especial neste días que conmemoran as súas festas coa programación cultural que lles organiza o Concello de Bueu.


Presume de Galiza!
Somos unha nación!

Unha vila e un pobo son o que son polas súas celebracións. 📅🎉Hoxe Bueu conmemora o día do Carme e desde o Bng queremos d...
16/07/2026

Unha vila e un pobo son o que son polas súas celebracións.

📅🎉Hoxe Bueu conmemora o día do Carme e desde o Bng queremos desexarvos a todos e todas un día de felicidade e de goce coa programación festiva do Concello de Bueu e coas actividades litúrxicas que levan a cabo os membros de Bueu en Festas.

👵👦Non esquezades pasar o día en familia e coas vosas amizades, axudando a que tanto a cativada como as persoas maiores sigan a ter nestas celebracións lembranzas futuras e recordos pasados.

🌊🙌E lembrade ter presente que o mar, como fonte de traballo, como patrimonio etnográfico, ou elemento recreativo precisa do maior dos coidados para seguir sendo o noso principal sinal de identidade colectiva.

📣 MÁIS VIVENDA PÚBLICA EN BUEU🔥 Damos un paso histórico para garantir o dereito á vivenda en Bueu. O Concello formalizou...
26/06/2026

📣 MÁIS VIVENDA PÚBLICA EN BUEU

🔥 Damos un paso histórico para garantir o dereito á vivenda en Bueu. O Concello formalizou a cesión de balde de tres solares nas Lagoas, un terreo de 1.000 m² valorado en 790.000€. Ademais, aplicarase un 95% de exención no imposto de construción para facilitar ao máximo o proxecto.

🏢 O obxectivo é levantar un edificio de 21 novas vivendas públicascun investimento de 4 millóns de euros. Unha gran noticia que permitirá ás familias e á mocidade do municipio acceder a un fogar a prezo asequible sen ter que marchar de Bueu.

🫂 Traballamos día a día por un concello con máis oportunidades, máis social e con futuro para todos e todas!

📣 A REURBANIZACIÓN DE PAZOS FONTENLA: EN MARCHA 💪🏼🎉 Apróbase o convenio para reurbanizar a rúa Pazos Fontenla cos votos ...
12/06/2026

📣 A REURBANIZACIÓN DE PAZOS FONTENLA: EN MARCHA 💪🏼

🎉 Apróbase o convenio para reurbanizar a rúa Pazos Fontenla cos votos a favor do BNG e o PSOE, o que permitirá poñer en marcha un proxecto histórico de 2,6 millóns de euros para mellorar a rúa por arriba e por abaixo cunha renovación completa de todos os seus servizos.

🤬 Mentres nós apostamos por avanzar e modernizar o noso pobo, a oposición volve amosar a súa peor cara votando en contra deste investimento tan estratéxico.

✊🏻 Fronte aos que só buscan poñer paus nas rodas e frear absolutamente todo por puro interese partidista, nós seguimos liderando o progreso e o futuro de Bueu. 💪❌

📣 O NOVO PAVILLÓN EN CELA: UNHA OPORTUNIDADE PARA BUEU📆 No pasado pleno de maio, aprobouse unha moción do BNG e o PSOE p...
27/05/2026

📣 O NOVO PAVILLÓN EN CELA: UNHA OPORTUNIDADE PARA BUEU

📆 No pasado pleno de maio, aprobouse unha moción do BNG e o PSOE para que a Xunta de Galicia constrúa este novo pavillón en Cela.

🫂 Concello de Bueu cederá os terreos para que poida ser realidade, e así poder ser utilizado tanto para as propias actividades do centro, como para reducir o uso intensivo dos pavillóns Pablo Herbello e de Beluso.

🟣Como dicia Begoña Caamaño : “É o tempo do feminismo: da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e, por que no...
23/05/2026

🟣Como dicia Begoña Caamaño : “É o tempo do feminismo: da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e, por que non?, da felicidade”.

👏Temos que dar as grazas ao feminismo por ser un motor de transformación da sociedade desde o local.

📍Hoxe tivemos en Bueu a xornada da II Escola de Formación Feminista María Soliña do Morrazo organizada por Acción Feminista O Morrazo.

Destacamos tres cuestións fundamentais :

🧏‍♀️Analizamos con perspectiva de xénero a participación das mulleres: un reto aínda pendente.

📣A asemblea local de Bueu aportou a perspectiva das compañeiras Isaura Framil e Carmen García, e deuse a coñecer a experiencia de Elisa González como primeira muller do goberno de Concello de Bueu en 1979.

🧏‍♀️Analizáronse ademais as experiencias políticas de mulleres na nosa comarca históricas e actuais; a disertación de Carme Adán sobre o seu estudo sobre 50 anos de feminismo organizado; e o traballo no asociacionismo cultural e de defensa do monte no Morrazo e na Lama coa mostra de teatro Cómico e Festivo de Cangas e a comunidade de montes de Antas.

Feliz día das Letras Galegas, un día para conmemorar e facer fincapé na importancia de empregar, fomentar e defender o g...
17/05/2026

Feliz día das Letras Galegas, un día para conmemorar e facer fincapé na importancia de empregar, fomentar e defender o galego, a nosa língua.

En Bueu levamos días gozando coa programación elaborada polo Concello de Bueu e diversos colectivos que hoxe ten o seu epicentro en Bon, e tamén co festival de corais de Marusia.

E se queredes defender o galego tendes a manifestación de Queremos Galego en Compostela.

ALEGRÍALEGRÍA E REBELDÍA. Así era Begoña Caamaño.

Consulta toda a conversa na seguinte ligazón da canle de Youtube do BNG - Bloque Nacionalista Galego

📹 https://youtu.be/0O7eCkyYxrMA E REBELDÍA. Así era Begoña Caamaño.


🏊🏻‍♀️ UNHAS TAXAS MÁIS XUSTAS PARA A VECIÑANZA📆 O pasado xoves aprobouse inicialmente co voto a favor do BNG e do PSOE a...
16/05/2026

🏊🏻‍♀️ UNHAS TAXAS MÁIS XUSTAS PARA A VECIÑANZA

📆 O pasado xoves aprobouse inicialmente co voto a favor do BNG e do PSOE a Ordenanza Reguladora das taxas para a actividade deportiva e de saúde na piscina das Lagoas do Concello de Bueu.

😡 A oposición unha vez máis dando as costas á piscina e a súa posta en funcionamento total con máis horas, cursos, ximnasio e actividades dirixidas nas salas e na auga.

02/05/2026

Galiza Nova Morrazo
🚍 BUEU: LUGAR DE PASO 🚍

😡 Para sorpresa de ninguén, en Bueu tamén hai unha absoluta carencia de información por parte da Xunta de Galiza nas paradas.

🤔 Se queres facer algo tan sinxelo como ir a Moaña, tes que ir a Cangas para logo facer malabares para que che coincidan os horarios.

🚑 Para acudir ao hospital de Montecelo en Pontevedra, ten que vir un autobús dende Marín a recoller á veciñanza, facendo unha auténtica odisea ir ao seu hospital de referencia.

Acompáñanos Xose Leal, concelleiro de facenda, subvencións e contratación pública.

Dirección

Bueu
36930

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Bueu publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Bueu:

Atajos

Compartir

Categoría