BNG Sanxenxo

BNG Sanxenxo Páxina Oficial do Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo

🪦Hoxe, con moito pesar, despedímonos de María Jesús, veciña de Portonovo. Muller loitadora, reivindicativa da sanidade p...
29/05/2026

🪦Hoxe, con moito pesar, despedímonos de María Jesús, veciña de Portonovo. Muller loitadora, reivindicativa da sanidade pública ata o seu último alento e mellor persoa. Nunca debemos esquecer ás persoas que adican parte do seu tempo a buscar o ben común e que nos serven de inspiración á hora de facer política.

🫂Un abrazo profundo á súa familia, achegad@s e, especialmente, ao noso compañeiro Fran Leiro, candidato á Alcadía en 2023 e ex-voceiro do BNG de Sanxenxo, fillo de María Jesús

⚫ O escurantismo e a falta de transparencia son o ‘modus operandi’ de Telmo Martín, algo que desde o BNG non imos permit...
28/05/2026

⚫ O escurantismo e a falta de transparencia son o ‘modus operandi’ de Telmo Martín, algo que desde o BNG non imos permitir. Por iso, informamos de que o noso grupo tramitará unha queixa ante a Valedora do Pobo, ante as dificultades que nos atopamos á hora de conseguir información sobre diferentes expedientes e rexistros.

❎ No que vai de ano presentamos por Rexistro varias solicitudes de información. Existe un prazo marcado por lei que o Goberno local incumpre de xeito sistemático. Hai uns días, remitimos un escrito dando un prazo de 72 horas para que se actualizase toda a información demandada, cousa que o PP só fixo a medias. Segue sen haber resposta a moitas das tramitacións feitas entre xaneiro e marzo.

😠 Parécenos unha tomadura de pelo que o alcalde, que tanto presume de boa xestión e que xa retirou a todo representante da Corporación que non sexa do PP dos consellos das empresas públicas do Concello, se negue de xeito sistemático a cumprir coa súa obriga de responder ás peticións de información da oposición, para que poidamos facer o noso labor fiscalizador. Coa súa prepotencia habitual, Telmo Martín esquece que foron milleiros os veciños e veciñas que non lle deron o seu voto e que tamén teñen dereito a coñecer a situación de diferentes actuacións. Por iso, aínda que non é algo que nos guste, decidimos acudir á Valedora do Pobo e non descartamos tampouco a vía xudicial. Se o señor Martín cre que con esta maneira de actuar vai conseguir que non cumpramos co noso deber está moi equivocado.

💪🏻Na páxina do Concello subíronse dúas publicacións nestes días, que son exemplo, por un lado, da nosa permanente labor ...
26/05/2026

💪🏻Na páxina do Concello subíronse dúas publicacións nestes días, que son exemplo, por un lado, da nosa permanente labor fiscalizadora e propositiva na oposición, e por outro da forma de “gobernar” do Partido Popular que en Pleno sempre vota en contra das nosas propostas en positivo, e ao cabo dun tempo acaban levando a cabo. O tema das colonias felinas levámolo, sen ir máis lonxe, onte ao Pleno, e dende hai 2 anos levamos esixindo que se extenda a todas as parroquias do Concello (ainda que seguen faltando paradas en Nantes).

💙Van 3 anos dende a nova lexislatura na que o noso Grupo Municipal conseguiu forzar ao goberno de Telmo Martín a levar medidas útiles e que redundan no benestar da veciñanza. Queda 1 ano para as seguintes eleccións municipais e aquí seguiremos traballando arreo polo noso Concello. Hai partido!

24/05/2026

💙Moitas grazas a todas e todos os que participáchedes nesta exitosa e enriquecedora xornada de convivencia e de recordo na Arnosa, onde lembramos a Celso Bugallo, un dos máis grandes referentes do eido da cultura do país, quen sempre presumiu con orgullo das súas raíces vilalonguesas.

🎭Encontro para visibilizar a súa figura e tamén para poñer en valor os recursos e a beleza dunha paraxe única.

🙏Desde o BNG queremos agradecer tamén a colaboración de Toño Fernández Agraso, encargado de interpretar varias pezas coa súa gaita, á Asociación Cultural Andarela, sempre disposta a botar unha man neste tipo de iniciativas, a Manolo, Victor Caamaño, Juan Noya, ao mestre Méndez e a todas as persoas que aportaron o seu gran de area neste día irrepetible!

🎭 Lembrade que o roteiro en homenaxe a Celso Bugallo aprazado terá lugar este domingo ás 10:00 da mañá na Arnosa. Vémono...
22/05/2026

🎭 Lembrade que o roteiro en homenaxe a Celso Bugallo aprazado terá lugar este domingo ás 10:00 da mañá na Arnosa. Vémonos no aparcamento das Cachadas, para coñecer máis sobre a figura do actor e para aprender sobre a contorna das Lagoas da Arnosa e as telleiras.

🦞 Hoxe o noso compañeiro e voceiro municipal, Octavio estivo  en Carril  compañeir@s da comarca e Ana Pontón nunha reuni...
21/05/2026

🦞 Hoxe o noso compañeiro e voceiro municipal, Octavio estivo en Carril compañeir@s da comarca e Ana Pontón nunha reunión co sector marisqueiro, onde se comentaron as propostas do BNG para a recuperación da productividade da nosa ría. Botádelle un ollo á proposta!

Defende a bonificación das cotas da Seguridade Social  ás mariscadoras e a posta en marcha de hatcheries públicas e mixtas para garantir semente  P...

🚖 O BNG propón crear en Sanxenxo un servizo de transporte a demanda para garantir o dereito á mobilidade á xente do rura...
19/05/2026

🚖 O BNG propón crear en Sanxenxo un servizo de transporte a demanda para garantir o dereito á mobilidade á xente do rural e, especialmente, ás persoas con menos recursos

🚕 No Pleno de maio imos presentar unha moción para instar ao Goberno local a habilitar un servizo de Taxi Rural. Entendemos que esta medida, ben consensuada co sector, pode ser unha ferramenta moi útil para acabar co gran problema que padecen os veciños e veciñas das parroquias do interior de Sanxenxo, onde o transporte público prácticamente brila pola súa ausencia. Esta eiva súfrena especialmente persoas maiores, as de diversidade funcional ou as que se atopan en risco de exclusión.

🚗 Actualmente, a fenda de desigualdade co rural apréciase especialmente na falta de solucións para o transporte. É case imposible poder desprazarse aos núcleos principais para facer xestións, ir ao médico ou ao banco se non se conta con vehículo propio. No BNG entendemos que a posta en marcha do transporte a demanda é viábel e tamén a solución a algo que é moito máis ca unha molestia loxística para moita xente, senón máis ben unha situación de aillamento no interior.

👉 Entendemos tamén que este servizo suporía un pulo para os e as taxistas de Sanxenxo, que sofren unha estacionalidade extrema e que manteñen un servizo esencial durante os meses máis duros do inverno.

🩵 Desde o BNG seguimos achegando propostas e medidas que sirvan para darlle ao noso rural o protagonismo que merece, e que nos últimos anos non ten pola política de Telmo Martín de centrar investimentos e infraestruturas arredor de Silgar e do Porto Deportivo.

17/05/2026

🪨De novo un exitazo da manifestaciòn convocada onte pola plataforma SOS Balaustrada. O poder popular e político non permitiremos que a política déspota de Telmo Martín quite a nosa balaustrada de pedra de Silgar. Seguimos!

17/05/2026

Dirección

Sangenjo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Sanxenxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría