PSdeG - PSOE de Sanxenxo

PSdeG - PSOE de Sanxenxo Página del PSdeG - PSOE de Sanxenxo

El Consejo de Ministros aprueba un traspaso de fondos para construir 22 proyectos en diez Comunidades Autónomas por valo...
04/06/2026

El Consejo de Ministros aprueba un traspaso de fondos para construir 22 proyectos en diez Comunidades Autónomas por valor de 260 millones de euros.

— Las subidas del alquiler nos han hecho hasta un 19% más pobres en una década: el impacto, provincia por provincia

El Consejo de Ministros aprueba un traspaso de fondos para construir 22 proyectos en diez Comunidades Autónomas

04/06/2026
.........."el empleo de trabajadores extranjeros supone casi la mitad de las afiliaciones de este mayo, 111.301 (48%), m...
02/06/2026

.........."el empleo de trabajadores extranjeros supone casi la mitad de las afiliaciones de este mayo, 111.301 (48%), mientras que el año pasado el dato fue del 38%, por ejemplo".

La creación de empleo acelera, con un importante alza de trabajadores extranjeros, mientras el paro cae menos que otros años: en 36.300 personas

31/05/2026
O PP vota en contra dunha regularización necesaria para os migrantes en Sanxenxo e boa para a súa economíaO PSdeG-PSOE l...
30/05/2026

O PP vota en contra dunha regularización necesaria para os migrantes en Sanxenxo e boa para a súa economía

O PSdeG-PSOE lamenta que o Partido Popular rexeitase apoiar unha medida que permitiría dar seguridade xurídica a persoas migrantes que xa viven, traballan e forman parte da nosa comunidade

O Grupo Municipal Socialista de Sanxenxo lamenta o voto en contra do Partido Popular á moción de apoio á regularización extraordinaria de persoas migrantes en situación administrativa irregular, unha medida impulsada polo Goberno de España que pretende recoñecer unha realidade que xa existe nas nosas rúas, nos nosos barrios e nos nosos centros de traballo.
En Sanxenxo vivimos cada ano unha situación coñecida por todos: a dificultade de moitas empresas para atopar persoal suficiente en sectores fundamentais como a hostalaría, a restauración, a limpeza, os coidados ás persoas maiores, a construción ou os servizos vinculados ao turismo.
Moitas das persoas migrantes que hoxe residen no noso municipio xa están contribuíndo ao desenvolvemento económico e social de Sanxenxo. Son traballadores e traballadoras que queren cumprir coa lei, cotizar, acceder a un emprego digno e desenvolver o seu proxecto de vida con estabilidade. O que necesitan é seguridade xurídica.
Pero detrás desta realidade tamén hai unha dimensión humana que non pode ser ignorada. Estamos a falar de persoas con responsabilidades familiares, de nais e pais que traballan cada día para sacar adiante aos seus fillos, de familias que pagan un alugueiro, que consumen nos comercios locais e que levan anos convivindo entre nós. Non son números nin expedientes administrativos; son persoas reais que buscan unha oportunidade para construír un futuro mellor con esforzo e dignidade.

Ademais, entre estas persoas hai profesionais con formación e titulacións en diferentes ámbitos que actualmente non poden desenvolver plenamente a súa actividade debido á súa situación administrativa. Estamos a falar de persoas preparadas, con experiencia e capacidade, ás que se lles impide achegar todo o seu potencial á sociedade, malia que moitos sectores precisan precisamente dese talento e desa cualificación profesional.

A regularización extraordinaria non supón regalar nada a ninguén. Supón que quen xa vive e traballa entre nós poida facelo dentro da legalidade, contribuíndo á Seguridade Social, pagando impostos e gozando dos mesmos dereitos e obrigas que o resto da cidadanía.

Tamén é unha medida positiva para as empresas de Sanxenxo, que poderán contratar con maiores garantías legais e estabilidade laboral, reducindo a economía mergullada e combatendo situacións de precariedade ou explotación que nunca deberían existir.

Resulta difícil comprender que o Partido Popular vote en contra dunha iniciativa respaldada por organizacións sociais, sindicatos, entidades relixiosas e representantes empresariais que coñecen perfectamente a realidade laboral do noso país e das nosas vilas.

Cando o PP vota en contra desta regularización non está votando contra un trámite administrativo. Está votando contra a posibilidade de que moitas familias poidan vivir con tranquilidade, acceder a un emprego legal, planificar o seu futuro e ofrecer mellores oportunidades aos seus fillos.

Desde o PSdeG-PSOE de Sanxenxo defendemos unha política migratoria ordenada, responsable e baseada na integración. Quen vive aquí, traballa aquí e contribúe ao progreso colectivo merece ter a oportunidade de regularizar a súa situación e construír o seu futuro con seguridade xurídica.

En Sanxenxo sabemos perfectamente quen son estas persoas. Son quen atende os nosos hoteis, os nosos restaurantes, as nosas cafeterías, quen realiza tarefas de limpeza, quen traballa na construción, quen coida das persoas maiores ou quen desenvolve multitude de funcións imprescindibles para o funcionamento diario do municipio. Son veciños e veciñas que contribúen cada día ao progreso do noso concello e que merecen ter os mesmos dereitos e obrigas que calquera persoa que vive e traballa legalmente no noso país.

Sanxenxo non pode permitirse perder talento, man de obra nin oportunidades por razóns burocráticas. Por iso seguiremos defendendo medidas que favorezan a integración, a convivencia, a igualdade de oportunidades e o progreso económico e social do noso municipio.

Opinión e planos:Alguns pensan que o impacto visual e ecolóxico dunha conexión de autovía elevada con pilotes a glorieta...
30/05/2026

Opinión e planos:

Alguns pensan que o impacto visual e ecolóxico dunha conexión de autovía elevada con pilotes a glorieta do Bao e negativa.

Pero non se dan conta de que o impacto visual e o dano ecoloxico xa está feito dende que cruzas unha zona altamente protexida pero agora mesmo está totalmente cortada e abandonada con presencia incluso de posibles vertidos fecais, o recheo do tramo final da vía rápida e os demais recheos para o paso de outras vías PO 316, PO 550, PO 308, e ahora o desdoble da VG 4.1 non permiten unha recuperación da zona protexida e unha mellora potencial turística para todo o ano polas más de 15.000 especies de aves que nos visitan no entorno da ensenada do bao y tampouco se dan conta dos miles de visitantes que podrían vir a estudar as aves, turismo ornitoloxico.

Evidentemente o Grove ten que ter un acceso, o que propoñemos e levar a autovía con catro carris a rotonda de o Bao, liberamos a ensenada e deixamos so dous pases o suficientemente dignos para todos os veciños e visitantes do pobo da revolta, poñemos encima da mesa propostas de paso tipo paseo con altura suficiente para que nin percibas o paso da autovía, un nas Salinas o e outro para o camiño de santa marta. Esta vía estaba proposta nas antigas normas subsidiarias. A maiores pedimos duas salidas novas para aliviar unha dende o Revel Villalonga e outra dende Pragueira Major, as propostas son más viables ecoloxicamente, os pilotes non impiden a libre circulación das aves, nin das especies, según as opinions negativas a facer a nosa proposta o paso da illa da Toxa, a illa de Arousa ou mesmo o paso por Rande a Vigo ¿Debía ser aterrando e cerrando o mar para evitar o impacto visual?
¿Queredes que todos os veciños e visitantes da revolta pasen por debaixo da carretera por un aliviadeiro de aguas?

Todos os veciños da revolta pagan os impostos, so en IBI son mais de 800 pisos e unhas 200 casas, sumalle hoteis, apartamentos, e VUT e pensamos que e suficiente como para ter un paso digno e sen peligro a praia da lanzada.........

Sabemos que quedarse sen acceso peatonal e con semáforos e algo que no se pode creer, pero se non o impedimos e e que vai a pasar.

Moción do PSdeG-PSOE de Sanxenxo para mellorar o proxecto da Xunta en A Lanzada, incorporar novas conexións estratéxicas...
29/05/2026

Moción do PSdeG-PSOE de Sanxenxo para mellorar o proxecto da Xunta en A Lanzada, incorporar novas conexións estratéxicas e promover o consenso ambiental

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Vista a documentación exposta sobre a MELLORA DA FUNCIONALIDADE, CAPACIDADE E INTEGRACIÓN AMBIENTAL DA VG-4.1 E E PO-308 NA ENTORNA DA LANZADA

O Concello de Sanxenxo e a comarca do Salnés soportan, especialmente durante a tempada estival, importantes problemas de tráfico e retencións na contorna de A Lanzada e nos accesos ao Grove, afectando á mobilidade, á seguridade viaria e á calidade de vida da veciñanza.

O Grupo Municipal Socialista considera necesaria unha actuación que mellore a funcionalidade da rede viaria, pero entende que esta debe ser plenamente compatible coa preservación de A Lanzada, un dos espazos naturais máis valiosos e sensibles de Galicia, integrado na Rede Natura 2000 e sometido a un elevado nivel de protección ambiental.

O PSdeG-PSOE de Sanxenxo defende que é posible compatibilizar a mellora da mobilidade coa máxima protección do medio natural mediante unha solución técnica máis respectuosa co territorio e máis eficiente desde o punto de vista funcional.
Neste sentido, propoñemos que a Xunta de Galicia estude unha alternativa na que o tramo máis sensible da actuación se execute mediante unha estrutura elevada sobre pilotes, evitando recheos e minimizando a ocupación do humidal e das zonas intermareais. Esta solución de conexión coa rotonda de O Bao a contemplaban xa as antigas normas subsidiarias do Concello de Sanxenxo permitirían manter a conectividade ecolóxica e hidrolóxica do espazo protexido e reducir significativamente a afección ambiental.

Baixo esta estrutura podería habilitarse un gran boulevar peonil e ciclista, aberto, amplo e perfectamente integrado na paisaxe, permitindo que veciños, visitantes e usuarios dos establecementos hoteleiros e turísticos accedan á praia de maneira cómoda, intuitiva e segura, practicamente sen percibir que están atravesando unha infraestrutura viaria.

Esta configuración permitiría reducir de forma moi significativa a circulación no actual paso de peóns semaforizado, xa que o carril existente podería destinarse a canalizar os accesos á zona da praia da Lanzada de maneira máis cómoda e segura posto que lle estamos eliminando toda a circulación que se dirixa a Revolta e O Grove. Este tramo podería incluso manterse a actual vía, reservándoa unicamente para o tráfico local e para os vehículos que se dirixan á praia de A Lanzada.

Ao mesmo tempo, desde a actual rotonda da Lanzada podería executarse unha incorporación directa de saída cara á VG-4.1, permitindo que o tráfico de retorno da praias se incorpore á autovía sen interferir cos movementos locais nin cos itinerarios peonís.

Deste xeito, eliminaríanse tres puntos de conflito:
1. A excesiva circulación do actual paso de peóns semaforizado, desviando os catro carriles a rotonda do bao tal e como contemplaba xa as antigas normas subsidiarias do Concello de Sanxenxo.
2. O novo pase subterraneo que figura no proxecto que estaría situado na rotonda do bao.
3. A pasarela peonil elevada contemplada para eliminar o actual paso de peons no avance do proxecto deixaría de ter sentido, xa que este tipo de infraestruturas adoitan ser pouco utilizadas cando existen percorridos máis directos e cómodos. A experiencia demostra que as pasarelas con ramplas e escaleiras non resultan atractivas para familias con carriños de bebé, persoas maiores, persoas con mobilidade reducida ou usuarios con bicicletas e material de praia.

Ao mesmo tempo, o PSdeG-PSOE considera imprescindible aproveitar esta actuación para incorporar dúas conexións estratéxicas historicamente demandadas pola veciñanza:

1. Conexión cara O Revel a través do SU-13
Esta actuación permitiría dotar a Vilalonga da conexión comprometida desde hai anos, dando resposta a unha demanda histórica da veciñanza e mellorando de maneira substancial a mobilidade nesta parroquia.
A apertura desta conexión facilitaría unha saída máis directa cara á rede principal de estradas, reducindo o tráfico que actualmente atravesa o núcleo urbano e desconxestionando as vías interiores.
Ao mesmo tempo, esta infraestrutura tería unha importante repercusión a nivel comarcal, xa que ofrecería unha ruta alternativa para os vehículos procedentes de Vilalonga e doutras zonas do municipio que se dirixen ás praias de A Lanzada e ao Grove. Deste xeito, repartiríanse mellor os fluxos de tráfico, reduciríase a presión sobre os accesos actuais e contribuiríase a minimizar as retencións nos puntos máis saturados durante a tempada estival.

2. Nova conexión dende Autovia hacia a PO308 a altura da Pragueira - Major
Solicítase igualmente que se estude a execución da conexión prevista coa PO308 que propio Plan Xeral de Ordenación Municipal na zona de Pragueira estaba prevista.
Esta actuación permitiría mellorar de forma notable os accesos e a vertebración desta área, incrementando a seguridade viaria e facilitando os desprazamentos diarios da veciñanza.

Ademais da súa utilidade a nivel local, esta conexión constituiría unha alternativa eficaz para distribuír mellor o tráfico nos períodos de maior afluencia turística. Ao crear novos itinerarios cara á rede viaria principal, reduciríase a concentración de vehículos nos accesos tradicionais a A Lanzada e ao Grove, contribuíndo a desconxestionar as estradas que soportan unha maior intensidade de circulación durante o verán.

Estas actuacións permitirían que o proxecto da Xunta de Galicia non se limite unicamente a resolver os problemas puntuais de tráfico na contorna de A Lanzada e do Grove, senón que se converta nunha verdadeira oportunidade para mellorar de forma estrutural a mobilidade en todo o municipio de Sanxenxo.

O PSdeG-PSOE de Sanxenxo considera igualmente fundamental que a Xunta de Galicia manteña o máximo respecto institucional e unha actitude de diálogo e colaboración cos colectivos ecoloxistas que presentaron alegacións e recursos conxuntos ao proxecto, co fin de acadar unha solución consensuada que compatibilice a mellora da mobilidade coa protección efectiva deste espazo natural de extraordinario valor ambiental.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno esta MOCIÓN, para que se adopte o seguinte ACORDO:
1. Instar á Xunta de Galicia a estudar e valorar unha alternativa técnica baseada na execución do tramo dos catro carris dunha maneira máis sensible do proxecto mediante unha estrutura elevada sobre pilotes, evitando recheos e minimizando a ocupación do humidal e dos espazos protexidos e conectado completamente o O Grove – Sanxenxo a Autoviá do Salnes.
2. Solicitar que baixo esta estrutura se habilite un pase o suficientemente ancho para logo convertir o camiño das salinas nun boulevard peonil e ciclista aberto, amplo e accesible, que permita un acceso cómodo, seguro e natural á praia de A Lanzada para veciños e visitantes.
3. Solicitar que se manteña a actual vía para o tráfico local e os accesos á praia, e que se estude a execución dunha incorporación directa desde a actual rotonda da Lanzada cara á VG-4.1, mellorando a fluidez do tráfico.
4. Solicitar a supresión da pasarela peonil elevada prevista no avance do proxecto, por considerarse unha solución pouco funcional e previsiblemente infrautilizada.
5. Instar á Xunta de Galicia a incorporar ao estudo do proxecto unha conexión viaria cara O Revel a través do ámbito do SU-13, ata conectar coa EP-9209 a altura do cementerio parroquial, dando cumprimento a unha demanda histórica da veciñanza, dando un servicio o pueblo de Vilalonga que quedou abandonado sen conexión ninguha para o seu crecemento.
6. Solicitar tamén o estudo e execución dunha nova conexión en Pragueira, esta xa prevista no Plan Xeral de Ordenación Municipal, co obxectivo de mellorar a vertebración territorial e contribuír á desconxestión do tráfico estival.
7. Solicitar á Xunta de Galicia que manteña o máximo respecto institucional e unha colaboración activa cos colectivos ecoloxistas que presentaron alegacións e recursos conxuntos, incorporando ao proceso o diálogo necesario para alcanzar a solución máis equilibrada e sostible.
8. Requirir que calquera actuación respecte de maneira prioritaria os valores ambientais da Rede Natura 2000 e minimice ao máximo a afección ao espazo natural de A Lanzada.
9. Dar traslado deste acordo á Presidencia da Xunta de Galicia, á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia e ás entidades veciñais e ambientais interesadas.

En Sanxenxo, a 19 de Maio de 2026

Declaración PIA_Lanzada
https://descargas.xunta.es/descargar?url=5d4e5068-b77d-4e8f-a44c-de2b02fbb24f1767865464014

Dirección

Rua Progreso 124/Bajo
Sangenjo
36960

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 11:00
Jueves 17:00 - 19:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG - PSOE de Sanxenxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría