05/09/2026
Din crer no cambio climático, pero rexeitan axudas para refuxios climáticos «por non ter cartos»
O concelleiro de Medio Ambiente do BNG, Antón Iglesias, recoñeceu sen reparos que decidiron non solicitar a axuda autonómica para realizar o estudo sobre refuxios climáticos en Cangas coa escusa de non ter fondos para financiar o 20% do seu custo; unha xustificación inasumible nun Concello que manexa máis de 20 millóns de euros de orzamento e que tampouco moveu un só dedo para captar fondos europeos nesta materia. Moito discurso ecoloxista de cara á galería, pero cando toca xestionar recursos reais para protexer á veciñanza, a súa inacción deixa ao descuberto a realidade: cero planificación e nulo interese por adaptar Cangas ao futuro.