03/06/2019
Sempre apostamos pola recuperación de espazo público para as persoas e a redución do uso do vehículo para movernos polo centro da vila. Pero tamén somos conscientes que moitas persoas, sobre todo a das parroquias, precisan do vehículo.
Este tipo de accións sen planificación evidencian a necesidade que ten Cangas dunha vía alternativa á PO-551, como o é a Avenida de Galicia, que segue sen estar rematada.
Do mesmo xeito, evidencia a necesidade dun Plan de Mobilidade, estudado e traballado, para todo o concello e analizando todas as posibilidades, e non accións puntuais, que non valoran as consecuencias noutras rúas.
- Responsables municipales dan por hecho que la iniciativa no volverá a repetirse con esa fórmula - La Policía Local optó por no cerrar al tráfico el centro urbano tras el malestar del día anterior