30/10/2026
🅿️ Nova zona de aparcamento xunto ao cemiterio de Silleda
O Concello de Silleda vén de rematar os traballos de acondicionamento dunha nova zona de estacionamento xunto ao cemiterio parroquial de Santa Eulalia, que estará dispoñible esta fin de semana. 🚗
Unha mellora que permitirá ampliar as prazas de aparcamento nunha contorna na que existían dificultades para estacionar, facilitando o acceso ao camposanto non só nestas datas de Todos os Santos e Defuntos, senón tamén durante todo o ano.
🌼 Ademais, con motivo desta celebración, reforzarase durante esta fin de semana o servizo de recollida de residuos nos cemiterios de todo o municipio, para mantelos nas mellores condicións ante o aumento de visitantes.
Seguimos traballando para mellorar os espazos e servizos públicos e atender as necesidades da veciñanza. 🤝