Excavaciones Benito SL

Excavaciones Benito SL Obras Publicas.

01/04/2026
29/05/2025
16/05/2025

🍻 Queremos dar as grazas a todos os establecementos hostaleiros que colaboran connosco nesta edición do Rallysprint Concello de Silleda!

Grazas ao seu apoio, este evento é posible. Por iso, animámosvos a todas e todos os que veñades a desfrutar da carreira a consumir nestes locais. Así poderán seguir apoiando o Rallysprint nos vindeiros anos 👌

Apostade polo comercio local, apostade por quen apoia o deporte!

16/05/2025

📄 𝐋𝐢𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐈𝐈 𝐑𝐚𝐥𝐥𝐲𝐬𝐩𝐫𝐢𝐧𝐭 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐒𝐢𝐥𝐥𝐞𝐝𝐚 - 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨𝐥 𝐏𝐨𝐰𝐞𝐫𝐞𝐝 𝐛𝐲 𝐆𝐫𝐮𝐩𝐨 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐢𝐧𝐬

Xa vos podemos presentar a lista de inscritos da segunda edición do noso Rallysprint 🏁

Como xa vos adiantamos hai uns días, chegamos ao límite máximo de 90 equipos. Queremos pedir desculpas a todos os que finalmente non poderedes tomar a saída, e dar as grazas a todos os que confiastes no noso traballo e nesta proba 👏

Na lista hai moitas sorpresas e unha loita pola vitoria que, tanto na clasificación xeral como nas distintas agrupacións, seguro que estará moi disputada 🔥

Consulta aquí a lista oficial en PDF 👉https://app-cdn.sportity.com/029ec764-9f27-4ec3-b694-12c79e6fb998/edf0ef81-63b3-473b-b2a1-d920663272e1_LISTA%20DE%20INSCRITOS%202025_Aprobada.pdf

16/05/2025

El Rallysprint de Silleda, elegida mejor prueba del Campeonato Gallego de Rallysprint en 2024, volverá a acoger esta temporada la segunda cita del certamen autonómico gallego […]

16/05/2025

📢 AVISO IMPORTANTE A TÓDOLOS EQUIPOS!!

Dende a organización do II Rallysprint Concello de Silleda, queremos advertir a tódolos participantes que temos constancia de que algúns pilotos están a realizar adestramentos non autorizados nos treitos da proba.

⚠️ Lembramos que non está permitido adestrar fóra dos recoñecementos oficiais establecidos no regulamento.

Nas últimas xornadas recibimos numerosas queixas e chamadas de veciños da zona, preocupados polo perigo que supoñen as altas velocidades que alcanzan algúns vehículos transitando polas zonas habitadas.

Por este motivo, advertimos que os treitos van estar vixiados, e, se se detecta a algún equipo inscrito que estea adestrando, tomarase nota da infracción e aplicaranse as sancións correspondentes segundo o regulamento vixente.

🙏 Pedimos responsabilidade a todos os participantes e respecto pola normativa e polos veciños das zonas afectadas.

A organización.

14/05/2025

🚧 ATENCIÓN! RESTRICIÓNS DE TRÁFICO POLA CELEBRACIÓN DO RALLYSPRINT EN SILLEDA 🚧
📆 Esta fin de semana, con motivo do II Rallysprint Concello de Silleda (sábado 17 de maio), haberá cortes de tráfico e restricións de estacionamento en varias rúas do municipio:
📍 Camiño do Castro
❌ Prohibido circular e estacionar dende o xoves 15 ás 16:00 h ata o remate da proba e entrega de premios o sábado.
📌 Aquí situarase o Parque Pechado.
📍 Rúa Arturo Pérez Lázara e aparcadoiro da Semana Verde
❌ Cortes ao tráfico e prohibición de estacionamento dende o venres 16 ás 15:30 h.
➡️ As persoas residentes poderán acceder aos seus garaxes.
📍 Rúa Condes do Deza
🚗 O sábado estará restrinxido o estacionamento na marxe dereita.
➡️ Acceso ao parking público só dende a rúa Morón.
📍 Rúa Cartaxena
🚧 O venres pola mañá cortarase o acceso dende Alonso Ríos pola montaxe das verificacións técnicas.
➡️ Modificarase o sentido da rúa Castrelo.
📍 Zonas rurais de Bandeira e Martixe
⚠️ Enviouse aviso ás vivendas das zonas polas que pasará a carreira cos horarios de cortes previstos.
🙏 Dende o Concello de Silleda e a Escudería Silleda agradecemos a colaboración da veciñanza , así como o apoio dos corpos de seguridade, Bombeiros e Protección Civil.

12/05/2025

🤩 👏 Unha vez pechadas as inscricións do II Rallysprint Concello de Silleda, dende a Escudería Silleda queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos pola incrible acollida que tivo esta segunda edición. Estamos profundamente agradecidos pola enorme cantidade de inscricións recibidas, algo que nos enche de orgullo e que demostra a confianza que depositades en nós e no noso traballo.

Con todo, debemos lembrar que o límite máximo de participantes fixado para esta proba é de 90 inscritos. En consecuencia, todas aquelas inscricións correctamente formalizadas a partir dese número pasarán a integrar, de maneira provisional, a lista de reserva, da cal xa foron debidamente informadas.

😔 Lamentamos que haxa persoas que queden nesa lista, pero por motivos organizativos non está contemplada a posibilidade de ampliar o número de prazas, xa que sería totalmente inviable garantir a seguridade e a calidade do evento.

📄 Ata a publicación da lista oficial o mércores 14 ás 20:00h, iremos cubrindo posibles baixas por rigorosa orde de inscrición. Por iso, pedimos aos pilotos que finalmente non poidan asistir que nolo comuniquen canto antes para dar entrada a quen está en espera.

Agradecemos enormemente a comprensión de todas e todos ante esta situación. Seguimos traballando arreo para ofrecer un evento á altura das expectativas.

Vémonos en Silleda o 16 e 17 de maio!

Dirección

Paradela 19
Silleda
36546

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00
Sábado 09:00 - 14:00

Página web

http://www.excavacionesbenito.com/

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Excavaciones Benito SL publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Excavaciones Benito SL:

Compartir