25/04/2025
Xornada de divulgación “Xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo” en Ribeira de Piquín (Lugo)
Convídase as persoas interesadas na xestión de sistemas agroforestais a participar nesta xornada, a cal levará a cabo o sábado 10 de maio de 2025 no Centro de Día de Chao de Pousadoiro, situado no concello de Ribeira de Piquín (Lugo). Este evento enmárcase dentro do proxecto LIFE-Silfore "Cara á conservación e xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo".
Durante a mañá realizaranse diversas charlas informativas que abordarán temas clave sobre a xestión de sistemas agroforestais e pola tarde realizarase unha visita de campo. Para máis detalles sobre o contido da xornada, consulta o díptico adxunto. A inscrición é completamente gratuíta a través da seguinte ligazón: https://apunta.xunta.gal/gl/form/xornada-Silfore. A inscrición inclúe a comida e o transporte en autobús para a visita de campo. A data límite para inscribirche é o luns 5 de maio de 2025, e o aforo está limitado a 30 persoas.
https://lourizan.xunta.gal/gl/actualidade/novas/xornada-de-divulgacion-xestion-de-sistemas-agroforestais-resilientes-traves-do-0