Concello de Cuntis

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Cuntis Páxina Oficial do Concello de Cuntis

🏟️ AXENDA DEPORTIVA: 31 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBROUnha fin de semana chea de deporte na nosa vila! ⚽🏀 Deixámosvos aquí a...
30/10/2026

🏟️ AXENDA DEPORTIVA: 31 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO

Unha fin de semana chea de deporte na nosa vila! ⚽🏀

Deixámosvos aquí a programación dos partidos dos nosos equipos que xogan na casa. O voso apoio nas bancadas é fundamental! 👇

⚽ ATLÉTICO CUNTIS (Fútbol - Campo da Ran)

Sábado 31 de outubro:
Benxamín A vs EFB Vilanova | 10:45h
Infantil vs SD Puentearnelas | 12:00h
Cadete vs CD Grove | 18:00h
Sénior B vs Vilagarcia SD | 20:00h

Domingo 1 de novembro:
Benxamín C vs San Martin CF B | 10:00h
Prebenxamín B vs Umia CF B | 10:00h
Alevín A vs SD Chispa | 11:00h
Feminino vs Chapela CF | 12:00h

🏀 GREMLINS CUNTIS (Baloncesto - Pavillón de Cuntis)

Sábado 31 de outubro:
Pre Minibasket (Bamarti) vs C.B. Baltar | 16:00h
Infantil Masculina (Kolota) vs Boa Vila Basket | 18:00h

Domingo 1 de novembro:
Cadete Feminina (Clínica Dental Sergio Muleiro) vs Galaico Portugues | 12:15h
Infantil Feminina (Restaurante Don Manuel) vs Musical Pontevedra | 17:00h
Pre Minibasket Masculino (Bar Iowa) vs As Urracas | 19:00h
Martes 3 de novembro:
Infantil Feminina (Restaurante Don Manuel) vs Grúas Estación | 19:45h

🖤💛

30/10/2026

👏🔥 ¡GRAZAS, CUNTIS! A VECIÑANZA RESPONDEU E UNIU A SÚA VOZ! 🩺✊

Hoxe Cuntis volveu demostrar que a defensa da nosa sanidade pública e digna non se negocia. Unha gran multitude de veciños e veciñas concentrouse diante do Centro de Saúde para dicir ¡BASTA! a unha situación insostible marcada pola falta de facultativos, as axendas pechadas e a perda de calidade asistencial.

Foi unha xornada de unión exemplar onde a veciñanza e os tres grupos políticos da corporación municipal fixeron fronte común para esixir solucións inmediatas ante esta realidade inadmisible.

🖤 Minuto de silencio:
Durante a mobilización, aproveitamos tamén para gardar un minuto de silencio en memoria e solidariedade coas vítimas do tráxico accidente de tren en Toledo e con todas as súas familias. O noso apoio e sentido pésame están con eles neste difícil momento.

Non imos dar un paso atrás. Seguiremos alzando a voz e loitando xuntos polo persoal e os recursos que o noso pobo merece.

¡A sanidade de Cuntis non se rende! 💪🏥✨

SanidadeDigna CuntisUnido Toledo

📢 ¡𝗖𝗨𝗡𝗧𝗜𝗦 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗥𝗘𝗡𝗗𝗘! 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘! 🩺✊Veciños e veciñas, a loita pola defensa do noso centro d...
29/10/2026

📢 ¡𝗖𝗨𝗡𝗧𝗜𝗦 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗥𝗘𝗡𝗗𝗘! 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘! 🩺✊

Veciños e veciñas, a loita pola defensa do noso centro de saúde segue máis viva que nunca. O noso dereito a unha atención médica digna non se negocia, e por iso volvemos a unir as nosas voces!

𝗗𝗲𝗯𝗶𝗱𝗼 𝗮́ 𝗳𝗮𝗹𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗳𝗮𝗰𝘂𝗹𝘁𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼𝘀, 𝗮𝘀 𝗮𝘅𝗲𝗻𝗱𝗮𝘀 𝘁𝗼𝘁𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗽𝗲𝗰𝗵𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗲 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝘀𝗶𝘁𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗾𝘂𝗲 𝘅𝗮 𝗲́ 𝗶𝗻𝘀𝗼𝘀𝘁𝗲𝗻𝗶𝗯𝗹𝗲, non podemos dar un paso atrás.

Necesitamos seguir visibilizando as nosas demandas: sen recortes, con persoal suficiente e cunha calidade asistencial que de verdade responda ás necesidades de Cuntis.

¡A túa presenza é o motor deste movemento! 🗣️🩹

📌 𝗧𝗢𝗠𝗔 𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗘 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗔𝗥𝗧𝗘:

⚠️ 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗘𝗡 𝗗𝗘𝗙𝗘𝗡𝗦𝗔 𝗗𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗔𝗧𝗘𝗡𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗦𝗔𝗡𝗜𝗧𝗔𝗥𝗜𝗔 𝗗𝗜𝗚𝗡𝗔

📅 𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀, 𝟯𝟬 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼

🕐 𝗔́𝘀 𝟭𝟯:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀

📍 𝗗𝗶𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗼 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝘂́𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗖𝘂𝗻𝘁𝗶𝘀

Hoxe máis que nunca, fagamos fío, avisemos a todos os nosos veciños, amigos e familiares.

¡Demostremos outra vez a forza da nosa unión! 💪✊

¡Vémonos este venres! 🤝🔥

🚧 Máis investimentos e servizos básicos para o noso rural! 💧O Concello de Cuntis vén de adxudicar as obras do proxecto "...
29/10/2026

🚧 Máis investimentos e servizos básicos para o noso rural!

💧O Concello de Cuntis vén de adxudicar as obras do proxecto "Saneamento en Couselo. Plan +Provincia 2025" por un importe total de 105.941,55 euros. Unha actuación dobre coa que damos resposta a unha necesidade fundamental da veciñanza deste núcleo: dotar as vivendas dunha rede de saneamento da que carecían e renovar os camiños interiores municipais, que presentaban gretas e fochas.

🔍 En que consistirán os traballos?

💧 Nova rede de saneamento: Instalación de 421 metros de colectores de PVC de 315 mm divididos en tres tramos, xunto con 15 pozos de rexistro, 1 pozo de resalto e 14 acometidas domiciliarias.

🔗 Conexión e visión de futuro: A rede dará servizo ás vivendas actuais e ás que se constrúan no futuro, ademais de prolongarse ata o lugar do Pazo para darlle continuidade aos colectores xa executados alí.

🛣️ Mellora integral dos camiños: Reposición do firme en todo o ancho da calzada mediante 1.043 m² de pavimento novo de formigón e 707 m² de aglomerado en quente.

🌧️ Drenaxe e servizos: Construción de 82,98 metros de cunetas transitables de formigón, reposición de 12 metros de canalización de pluviais e recalce de 6 tapas de rexistro.

⏱️ Prazo e organización: Os traballos teñen un prazo de execución de 2 meses dende a acta de comprobación do replanteo. Para minimizar as molestias, as obras organizaranse sen cortar o tráfico salvo en momentos puntuais, deixando os viais abertos para o paso da veciñanza ao remate de cada xornada.

🗣️ O alcalde, Manuel Campos, destaca que este investimento demostra con feitos a aposta decidida do goberno local polas parroquias, garantindo que a veciñanza do rural conte cos mesmos servizos básicos, comodidades e planificación de futuro ca o casco urbano.

🖤 Cuntis amosa a súa solidariedade e dor.Esta tarde, ás 20:00 horas, a veciñanza, representantes da corporación municipa...
28/10/2026

🖤 Cuntis amosa a súa solidariedade e dor.

Esta tarde, ás 20:00 horas, a veciñanza, representantes da corporación municipal e o persoal do Concello de Cuntis xuntáronse ás portas da Casa do Concello para gardar un emotivo minuto de silencio.

Un acto solemne e cargado de respecto en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido na provincia de Toledo, e como mostra de apoio e calor a todas as familias e persoas afectadas nestes momentos tan difíciles.

O noso máis fondo pesar e o noso abrazo solidario dende Cuntis.

Moitas grazas a todas e todos os que vos achegastes para compartir este intre de recordo e solidariedade.

🎃 Preparados para a noite máis arrepiante do ano? 👻Chega a FESTA DE SAMAÍN ao Espazo CuntisXove! 🦇🕸️ Convidamos a todas ...
28/10/2026

🎃 Preparados para a noite máis arrepiante do ano? 👻

Chega a FESTA DE SAMAÍN ao Espazo CuntisXove! 🦇🕸️

Convidamos a todas as socias e socios a pasar un sábado de medo con nós.

Toma nota de todos os detalles:

📅 Cando? Sábado 31 de Outubro

⏰ Horario: De 16:00 a 23:00 horas

📍 Onde? Na Casa do Médico

Se tes entre 12 e 18 anos, tes que vir probar a nosa 🧛‍♂️ Merenda Terrorífica 🧟‍♀️.

Ven pasar a tarde, trae gañas de pasalo ben e prepárate para un Samaín inesquecible.

E o mellor de todo... a entrada e a merenda son totalmente DE BALDE!!! 💸🎉

Agardámosvos! 🕷️🔥

ℹ️🤔 Se aínda non es soci@, non agardes máis e desfruta de tódalas actividades que organizamos.

🖤 O Concello de Cuntis súmase á convocatoria da FEGAMP e da FEMP. Convidamos a toda a veciñanza, institucións e persoal ...
28/10/2026

🖤 O Concello de Cuntis súmase á convocatoria da FEGAMP e da FEMP. Convidamos a toda a veciñanza, institucións e persoal traballador a participar nun minuto de silencio hoxe, mércores 28 de outubro, ás 20:00 horas, ás portas do Concello.

Este acto lévase a cabo como mostra de apoio, respecto e profunda solidariedade coas vítimas e as persoas afectadas polo tráxico accidente ferroviario ocorrido na provincia de Toledo.

Agardamos a vosa presenza.

🌿 Posta a punto e melloras no Cemiterio Municipal de CuntisDende o Concello de Cuntis estamos a levar a cabo un plan de ...
26/10/2026

🌿 Posta a punto e melloras no Cemiterio Municipal de Cuntis

Dende o Concello de Cuntis estamos a levar a cabo un plan de mantemento, posta a punto e mellora no Cemiterio Municipal, co obxectivo de garantir un espazo axeitado, seguro e coidado para a veciñanza, especialmente de cara ás próximas datas sinaladas.

Entre as actuacións realizadas recentemente, destacan:

🧱 Reparación e pavimentación: Renovación e arranxo de losetas e paseos para facilitar un tránsito seguro e accesible por todo o recinto.

💡 Mellora da iluminación: Revisión e optimización do sistema de alumeado para mellorar a visibilidade e a seguridade nas instalacións.

🚪 Accesos: Acondicionamento dos puntos de acceso para mellorar a comodidade de todas as persoas visitantes.

🌳 Poda e xardinería: Traballos integrais de poda, limpeza e adecentamento da zona axardinada, poñendo en valor as áreas verdes e mantendo o espazo limpo e coidado.

Desde o Concello seguimos traballando no mantemento diario dos nosos espazos públicos para ofrecer os mellores servizos á veciñanza.

Dirección

Praza Da Constitucion N°4
Cuntis
36670

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34986548005

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cuntis publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos