BNG Moraña

Cómo llegar Página web

BNG Moraña Páxina do Bloque Nacionalista Galego de Moraña

💙
28/10/2026

💙

🩺 A sanidade pública deféndese, tamén dende Moraña.Hoxe estivemos na concentración convocada pola Plataforma veciñal en ...
24/10/2026

🩺 A sanidade pública deféndese, tamén dende Moraña.

Hoxe estivemos na concentración convocada pola Plataforma veciñal en defensa da sanidade pública de Moraña, xunto a todas as persoas que seguen loitando por unha atención sanitaria digna e de calidade.

💙 Dende o BNG de Moraña levamos anos denunciando os problemas da atención sanitaria no noso concello e reclamando solucións. Porque ter acceso a unha sanidade pública, próxima e de calidade non pode depender de onde vivamos.

📢 Seguiremos apoiando as reivindicacións veciñais e esixindo os recursos que Moraña precisa. Porque a saúde non é un privilexio: é un dereito que debemos defender colectivamente.

💪 A sanidade pública non se vende, deféndese!

💙 Nova etapa, mesmo compromiso.📢 O BNG de Moraña abre unha nova etapa con Mariña Búa como candidata á alcaldía nas vinde...
19/10/2026

💙 Nova etapa, mesmo compromiso.

📢 O BNG de Moraña abre unha nova etapa con Mariña Búa como candidata á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Despois de sete anos como concelleira, Mariña dá un paso adiante para asumir esta responsabilidade, coa ilusión de seguir traballando por Moraña e coa convicción de que o noso concello merece un futuro mellor.

🗣️ Ser a primeira muller en encabezar a candidatura do BNG en Moraña é tamén abrir un novo camiño, sen esquecer todo o traballo e o compromiso das persoas que construíron este proxecto ao longo dos anos.

🛤️ Afrontamos esta nova etapa coas mesmas ganas de sempre, coa experiencia do camiño percorrido e coa vontade de seguir escoitando, propoñendo e traballando pola veciñanza.

💜 Comeza unha nova etapa. Seguimos traballando por Moraña.

🏥‼️ O vindeiro sábado 24 estaremos apoiando a concentración en defensa dunha atención sanitaria digna e de calidade para...
13/10/2026

🏥‼️ O vindeiro sábado 24 estaremos apoiando a concentración en defensa dunha atención sanitaria digna e de calidade para toda a veciñanza.

➡️ Porque a saúde é un dereito, non un privilexio. Seguiremos reivindicando os recursos e profesionais que Moraña merece.

💪 Por unha sanidade pública forte, próxima e de calidade!

sossanidademoranha

💙 Un referente de coraxe, compromiso e amor por Galiza. 🥺 Adeus, Beiras.
08/10/2026

💙 Un referente de coraxe, compromiso e amor por Galiza.

🥺 Adeus, Beiras.

Beiras deixa unha gran pegada en varias xeracións de galegos e galegas, entre as que me inclúo. Foi para min un referente de coraxe, compromiso e amor por Galiza. Ten un lugar para sempre no corazón e na historia do Pobo galego.

Fonda aperta a Ricardo, Daniel e a toda a familia.

🎉 Hoxe Mariña e Marcos, do grupo municipal do BNG, asistiron a celebración do XXV aniversario do Xantar da Terceira Idad...
26/09/2026

🎉 Hoxe Mariña e Marcos, do grupo municipal do BNG, asistiron a celebración do XXV aniversario do Xantar da Terceira Idade.

😃 Unha oportunidade de encontro para os/as veciños/as que forman parte esencial da vida e da historia do noso concello.

💙 25 anos celebrando a convivencia e os lazos que unen á veciñanza de Moraña.

🥇👏🏻 Queremos dar a noraboa ao noso veciño Roi Paz Bugallo, quen vén de proclamarse Campión de España Junior na proba nad...
05/09/2026

🥇👏🏻 Queremos dar a noraboa ao noso veciño Roi Paz Bugallo, quen vén de proclamarse Campión de España Junior na proba nadar-surf.

🏆 É un orgullo para Moraña contar con deportistas xóvenes deste nivel!

👥 Onte asistimos ao encontro veciñal para falar do futuro da sanidade pública en Moraña e da necesidade de defender uns ...
04/09/2026

👥 Onte asistimos ao encontro veciñal para falar do futuro da sanidade pública en Moraña e da necesidade de defender uns servizos sanitarios públicos, próximos e de calidade.

🗣️ O BNG de Moraña adheriuse á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moraña, sumándonos ao traballo colectivo para reclamar os recursos e servizos que a nosa veciñanza merece.

🏥🩵A sanidade pública deféndese na rúa, nas institucións e, sobre todo, coa participación de toda a veciñanza.

🐷🔥 Porquiño á brasa, tradición e festa en AmilEste fin de semana, Amil volve reunirnos arredor dunha das súas celebració...
30/08/2026

🐷🔥 Porquiño á brasa, tradición e festa en Amil

Este fin de semana, Amil volve reunirnos arredor dunha das súas celebracións máis queridas: o Porquiño á Brasa, que chega xa á súa ###III edición.

Unha festa que forma parte da nosa identidade, que mantén vivas as tradicións e que, ano tras ano, converte Amil nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Hoxe domingo continúa a programación, con música, xogos tradicionais, artesanía, xantar popular e, por suposto, o protagonista da festa: o porquiño á brasa.

Desde o BNG de Moraña queremos aproveitar para poñer en valor e apoiar as festas e iniciativas que nacen das nosas parroquias, do traballo das asociacións e da implicación da veciñanza.

Coidemos as nosas tradicións, a nosa cultura e a vida das nosas parroquias.

🎉 Bo Porquiño á Brasa a toda a veciñanza de Amil!

Dirección

Rua 5, 14
Moraña
36660

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Moraña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos