14/12/2025
O PP de Barro cre que o “ataque furibundo” do
BNG pola selección municipal dun operario
augura que “poñen a venda antes da ferida”, xa
que só se pedíu transparencia e igualdade
● Os populares cren que a resposta nacionalista “xa deixa moitas pistas
sobre o proceso” con dous familiares de edís do goberno, un do BNG e
outro do PSOE, posto que os socialistas non se pronunciaron ante a
solicitude do PP de que a selección teña todas as garantías
● “Non sabemos porque piden a dimisión do voceiro municipal, posto que a
demanda é de todo o PP de Barro, pero en todo caso que os do Bloque
non se adianten que ao mellor teñen que dimitir todos eles. Os que se
poden dar por ‘dimitidos’ son os outros 8 aspirantes”, sinalan
Barro, 13 de decembro de 2025.- O Partido Popular de Barro cren que a reacción
do BNG cun “ataque furibundo” á súa formación polo proceso de selección por parte
do Concello dun operario de servizos múltiples augura que “están a poñer a venda
antes da ferida”, xa que só pedíu transparencia e igualdade e, como é a obriga da
oposición, se anunciou que se permanecerá vixilante pola participación, entre os dez
admitidos, dun irmán dunha concelleira do PSOE e do marido dunha edil do BNG,
ambas pertencentes ao goberno bipartito.
De feito, os populares sinalaron que a resposta nacionalista “xa deixa moitas pistas
sobre o resultado final do proceso” pola presenza de dous familiares de edís do
executivo municipal, polo que anunciaron que redobrarán os seus esforzos de
control sobre esta oposición para a selección dun persoal laboral con carácter fixo.
Neste senso, lembraron que os socialistas de Barro non se pronunciaron ante a nosa
solicitude de que a selección teña todas as garantías, algo que é lóxico, polo que
non se entende a resposta “fóra de punto” do BNG.
Para o PP, o BNG “sobreactúa en exceso” destacando o seu modelo de xestión seria
e transparente e acusando de danar a imaxe do Concello “porque en Barro todos
nos coñecemos. Os populares consideran tamén que “minten” cando din que se está
a atacar aos funcionarios e ao persoal que conforma o tribunal, “porque nada máis
lonxe da realidade, sabemos que van facer un gran traballo, polo que non deben
insultar á intelixencia da xente”.
GABINETE DE COMUNICACIÓN DO PP DE BARRO
Víctor Sánchez Oubiña | 687 349 326
“Non queremos nin estamos a danar a imaxe do Concello, máis ben estamos a
protexela para que o proceso teña todas as garantías, porque a pregunta é como
quedaría a imaxe do Concello se entra o familiar da concelleira do BNG. É a resposta
é ben sinxela, se isto pasa o Concello quedaría de caciquil e dun cortijo do Bloque”,
sinalaron desde o PP.
Finalmente, os populares tamén consideraron completamente extemporánea a
petición dos nacionalistas para que dimita o voceiro municipal, Víctor Oubiña: “Non
sabemos porque piden a súa renuncia, posto que esta demanda de transparencia e
de igualdade de oportunidades xurde de todo o PP de Barro, non do grupo municipal,
tal e como se indicou no comunicado inicial, pero en todo pedímoslle aos do Bloque
que non se adianten aos acontecementos, que ao mellor teñen que dimitir todos
eles. Pero en todo caso os que se poden dar por ‘dimitidos’ son os outros oito
aspirantes a esta praza”.
•
🔴 𝐁𝐀𝐑𝐑𝐎 | 𝐎 𝐏𝐏 𝐀𝐂𝐔𝐒𝐀 𝐀𝐎 𝐁𝐍𝐆 𝐃𝐄 “𝐀𝐓𝐀𝐂𝐀𝐑 𝐂𝐎𝐍 𝐅𝐔𝐑𝐈𝐀” 𝐏𝐎𝐋𝐀 𝐏𝐄𝐓𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐍𝐒𝐏𝐀𝐑𝐄𝐍𝐂𝐈𝐀 𝐍𝐀 𝐒𝐄𝐋𝐄𝐂𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐏𝐄𝐑𝐒𝐎𝐀𝐋 ⚖️👀
🔴 O considera que a reacción do 𝐁𝐍𝐆 cun “ataque furibundo” á súa formación polo proceso de selección dun operario de servizos múltiples demostra que “están a poñer a venda antes da ferida”. Os populares lembran que unicamente solicitaron transparencia e igualdade de oportunidades, anunciando que permanecerán vixilantes como obriga da oposición. 🧐📋
🔴 O PP advirte da presenza, entre os dez aspirantes admitidos, dun irmán dunha concelleira do PSOE e do marido dunha edil do BNG, ambas do goberno bipartito, e asegura que a resposta nacionalista “xa deixa pistas sobre o resultado final do proceso”. Por este motivo, anuncian que redobrarán o control sobre a selección dun persoal laboral con carácter fixo. 🔍⚠️
🔴 Os populares sinalan tamén que os socialistas de Barro non se pronunciaron ante a solicitude de que o procedemento conte con todas as garantías, polo que non entenden a resposta “fóra de punto” do BNG. 🤷♂️
🔴 Para o PP, o Bloque “sobreactúa en exceso” ao falar de xestión seria e transparente e acusan aos nacionalistas de mentir cando aseguran que se está a atacar ao tribunal e ao persoal funcionario: “sabemos que van facer un gran traballo e non se debe insultar a intelixencia da xente”. 👩⚖️👨⚖️
🔴 “Non estamos a danar a imaxe do Concello, estamos a protexela”, afirman desde o PP, advertindo de que se finalmente entra un familiar dunha concelleira do BNG “a imaxe do Concello quedaría de caciquil e dun cortello do Bloque”. 🏛️🚫
🔴 Finalmente, os populares consideran extemporánea a petición do BNG para que dimita o voceiro municipal, , e lembran que a demanda de transparencia xorde de todo o PP de Barro. Engaden que non se adianten aos acontecementos e ironizan con que “os que se poden dar por ‘dimitidos’ son os outros oito aspirantes á praza”. 🗣️⏳