Concello de Moraña

Concello de Moraña Concello de Moraña
Páxina oficial do Concello de Moraña (Pontevedra)
Página oficial del Ayuntamiento de Moraña (Pontevedra)
Twitter:

📢📢Aberto o prazo para a inscrición nas escolas deportivas e actividades de ocio e benestar da 3° Idade
07/09/2026

📢📢Aberto o prazo para a inscrición nas escolas deportivas e actividades de ocio e benestar da 3° Idade

📢📢 XXV FESTA DA TERCEIRA IDADE
05/09/2026

📢📢 XXV FESTA DA TERCEIRA IDADE

Noraboa ao noso veciño Roi Paz Bugallo polo seu título de Campión de España Junior na proba nadar-surf.
04/09/2026

Noraboa ao noso veciño Roi Paz Bugallo polo seu título de Campión de España Junior na proba nadar-surf.

O CONCELLO DE MORAÑA IMPULSA UNHA MODIFICACIÓN DO PXOM NO CAMPO DA EXPLANADA DE SANTA LUCÍA PARA CREAR UN GRAN ESPAZO PÚ...
04/09/2026

O CONCELLO DE MORAÑA IMPULSA UNHA MODIFICACIÓN DO PXOM NO CAMPO DA EXPLANADA DE SANTA LUCÍA PARA CREAR UN GRAN ESPAZO PÚBLICO E ACADAR PARCELA PARA EQUIPAMENTOS

Moraña, 4 de setembro de 2026.- O Concello de Moraña vai impulsar unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) circunscrita ao campo da festa de Santa Lucía -coñecido popularmente como a explanada- e orientada a crear nesa zona un gran espazo público e acadar unha parcela municipal para equipamentos.
Por iso, o goberno local vai levar este estratéxico cambio urbanístico ao pleno de hoxe cunha proposta de reordenación desta contorna, que na actualidade ten parte do solo catalogado como urbano e o restante como rústico apto para urbanizar. A intención é reordenar todo o ámbito como espazo público e urbanizable coa definición da súa edificabilidade, a mellora dos trazados dos viais previstos, a consecución de zonas verdes e a aprobación dunha parcela para equipamentos municipais que permitirá seguir aumento a oferta de servizos públicos de Moraña.
A zona afectada por esta Modificación Puntual do PXOM, que abrangue o espazo catalogado como SUD-02, é a que está delimitada pola rúa N-6, o límite co núcleo de Mos e o camiño que se dirixe cara a capela da Nosa Señora da Concepción e se trata dun espazo moi utilizado pola veciñanza en actos, feiras e para aparcamento.
O alcalde de Moraña, Sito Gómez, salientou a “importancia histórica” desta nova modificación do Plan Xeral, xa que está orientado a que “a capital municipal siga ampliándose de xeito ordenado, para que siga medrando e para siga gañando servizos para os veciños”.
Neste senso, o rexedor local lembrou que os dous anteriores cambios na normativa urbanística foron “fundamentais” para o desenvolvemento do concello, xa que se aprobaron para a creación de solo empresarial “que hoxe é o noso principal de emprego e riqueza” e para a ampliación do centro de saúde.
Finalmente, Sito Gómez manifesta que o goberno local leva varios anos modernizando e mellorando o casco urbano de Santa Lucía coas humanizacións e ampliación de beirarrúas, a integración urbana da carballeira ou a reforma integral do Edificio Multiusos, entre moitas outras, e considera que o desenvolvemento do campo da festa “ten que ser o seguinte paso nese proxecto de que a nosa vila sexa o mellor lugar para vivir”.

🔴 MORAÑA COIDA DE TI 🔴I Xornada  de Saúde para coidadores de persoas dependentes. 📅: 6, 13, 20, e 27 de outubro.⏰: ️16.3...
04/09/2026

🔴 MORAÑA COIDA DE TI 🔴

I Xornada de Saúde para coidadores de persoas dependentes.

📅: 6, 13, 20, e 27 de outubro.

⏰: ️16.30 a 18.30.

📍: Edificio Multiusos.

Incricións no Conecllo ou no Centro de Saúde.

COMEZAN AS OBRAS DE MODERNIZACIÓN INTEGRAL, ENSANCHAMENTO E MELLORA DO TRAZADO DA ESTRADA PROVINCIAL MANE-REBÓN CUN ORZA...
03/09/2026

COMEZAN AS OBRAS DE MODERNIZACIÓN INTEGRAL, ENSANCHAMENTO E MELLORA DO TRAZADO DA ESTRADA PROVINCIAL MANE-REBÓN CUN ORZAMENTO DE 1,6 MILLÓNS

Moraña, 3 de setembro de 2026.- As obras de modernización integral, ensanchamento e mellora do trazado da estrada provincial EP-0503 Mane-Rebón, no Concello de Moraña, acaban de iniciarse cun orzamento de 1.612.000 euros financiado pola Deputación de Pontevedra como titular da vía.
O alcalde de Moraña, Sito Gómez, asistíu ao comezo dos traballos e amosou a súa satisfacción pola “corrección dunha inxustiza perpetrada polo anterior goberno PSOE-BNG na Deputación de Pontevedra” ao tempo que agradeceu a sensibilidade e compromiso do actual presidente, Luis López, para saldar esta demanda histórica da contorna sur do municipio.
O rexedor referíuse deste xeito á paralización desta necesaria obra cando xa estaba adxudicada e recién iniciada no ano 2015 por parte do anterior executivo provincial de Carmela Silva tan pronto como tomou posesión. “Durante eses oito anos nin se atendeu as nosas peticións nin as necesidades dos veciños que circulaban por esta estrada, o que causou moitísimo malestar en Moraña, pero afortunadamente conseguimos sacala adiante neste novo período na Deputación”, manifestou.
Esta actuación vaise desenvolver en tres fases e a primeira delas, que é a que ven de arrancar, beneficia a un treito de 1.324 metros entre os puntos quilométricos 2+300 e 3+624 nos que se procederá á renovación da capa de rodadura, mellora do trazado coa eliminación das curvas pechadas e ampliación da plataforma desde os 4,5 metros actuais ata os 7 metros de anchura, con carrís de 3 metros cada un e beiravías de 50 centímetros en cada unha das marxes. O prazo de execución previsto é de seis meses.
Posteriormente, están programadas dúas fases máis que se executarán no treito entre os puntos quilométricos 0+460 e 1+100, onde se realizarán os mesmos traballos que no tramo que xa está en marcha, e finalmente no percorrido entre os puntos 1+100 e 2+300, nos que se realizará unha variante orientada á mellora da seguridade viaria.
“Estamos nun día moi importante no que conseguimos, tras once anos de espera, poñer en marcha unha obra que é fundamental para o sur do noso concello, que vai reforzar a seguridade nunhas parroquias moi habitadas e nunha estrada con bastante tráfico e vai facer que a mobilidade sexa máis fluída, polo que favorecerá o seu desenvolvemento e a calidade de vida da veciñanza”, concluíu.

02/09/2026
BOA NOVA PARA O Concello de Moraña.Esta mañá o alcalde Sito Gòmez Fontenla firmou co presidente provincial da Deputación...
01/09/2026

BOA NOVA PARA O Concello de Moraña.

Esta mañá o alcalde Sito Gòmez Fontenla firmou co presidente provincial da Deputación Pontevedra o convenio do Plan Extra II para a mellora do entorno do lugar de O Buelo, e a senda peonil que conectará coa Rúa Sete.

Hoxe a Conselleira de Economía e Industria da  Xunta de Galicia  visitou a empresa Celtic Stores, e comprobou de primeir...
28/08/2026

Hoxe a Conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia visitou a empresa Celtic Stores, e comprobou de primeira man o gran potencial empresarial que o Grupo Bandalux desenvolve en todo o mundo.



O Concello de Moraña,  xunto con todos os concellos de España, súmase ó acto simultáneo de apoio a CEUTA convocado pola ...
28/08/2026

O Concello de Moraña, xunto con todos os concellos de España, súmase ó acto simultáneo de apoio a CEUTA convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias.

📅: 2 de setembro.

⏰️: 20.00 horas.

📍: Fronte ao Concello.

CEUTA non está soa, é de ESPAÑA.

Dirección

Rúa 1, Nº 2 Santa Lucía
Moraña
36660

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
16:00 - 19:30
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Moraña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría