29/08/2026
🕰️ Carballo mira ao pasado para seguir avanzando
Presentamos unha nova edición das Xornadas Carballo na Memoria, que este ano teñen como fío condutor os 190 anos da constitución do Concello de Carballo, en 1836.
📚 Arqueoloxía
📍 Microtoponimia
🏛️ Patrimonio invisible
💧 A historia da auga
🔎 Investigación histórica
A concelleira Ángeles Pacoret destacou que esta edición permitirá percorrer distintos capítulos da nosa historia, desde os 50 anos da Carta arqueolóxica de Bergantiños ata unha xornada especialmente dedicada a Fernando Cabeza Quiles, sempre tan vinculado a Carballo na Memoria.
Entre as novidades deste ano están as rutas polo patrimonio invisible, que nos permitirán descubrir espazos e historias que forman parte de Carballo e que moitas veces pasan desapercibidos.
A programación pecharase cun encontro de historiadores e historiadoras integrado na Noite Europea das Persoas Investigadoras, unha colaboración entre distintas áreas municipais que, como destacou Iván Andrade, permitirá conectar historia, ciencia e divulgación.
💬 “Un pobo, para poder avanzar, precisa coñecer o seu pasado”, sinalou o alcalde, Daniel Pérez. Porque Carballo na Memoria pon en valor todo o que nos trouxo ata aquí e nos axuda a entender quen somos hoxe.
📅 Do 3 ao 24 de setembro
🎟️ Charlas libres e de balde
📝 + información e inscrición para as rutas en carballo.gal: https://carballo.gal/as-xornadas-carballo-na-memoria-fan-un-percorrido-polos-190-anos-de-historia-do-concello-de-carballo/
190 anos de historia. E moita memoria por seguir recuperando.