15/06/2026
O instante antes do que realmente acontece 🌙 Taxis deixa en Carballo "Preparación", unha obra aberta a múltiples lecturas.
📍 Podedes visitar o muro na rúa Avenida das Flores, 100, no lateral traseiro do edificio.
O artista ateniense tomou o entorno da parede como esceario da súa composición para achegarnos unha escea na que a natureza e o misterio cobran protagonismo.
Por medio de cores vibrantes e unha liña certeira e xestual, Dimitris prescindíu do trazo para achegarse a un punto intermedio entre a ilustración e a pintura.
Un ritual, unha cerimonia, unha batalla… o artista non nos desvela a historia detrás do seu mural, deixando a interpretación ao espectador. Sexa como sexa, confiamos nas súas protagonistas para levar a bo porto o seu incerto cometido e conducirnos a un lugar da nosa imaxinación que, quizais, tampouco nunca visitaramos ata agora.
---
The Athens-based artist used the surroundings of the wall as the setting for his composition, presenting a scene in which nature and mystery take centre stage.
Through vibrant colours and a confident, expressive line, Dimitris moves away from drawing in favour of a language that sits somewhere between illustration and painting.
A ritual, a ceremony, a battle… the artist does not reveal the story behind his mural, leaving its interpretation open to the viewer. Whatever the case, we trust its protagonists to carry out their uncertain mission and lead us to a place within our imagination that, perhaps, we had never visited before.
📓 Direción e comisariado: Mutante Creativo
📓 Organización: Concello de Carballo e Turismo Carballo
🤝🏻 Colabora: Deputación da Coruña
📸 Fotografía e edición: Bastian Rodríguez
🗺 https://www.rexenerafest.gal/mapa-1
🌞