Concello de Carballo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Carballo Facebook oficial do Concello de Carballo (A Coruña) Benvidos pois, visita que agradezo. D.

A través dos tempos, a través da historia, milleiros de mans humildes e traballadoras foron erguendo o solar do noso concello. Un solar con lindeiro pero que non só se asenta no chan da nosa xeografía, senón tamén na amplitude dos nosos sentimentos: na voz que nos agarimou e que nos viu medrar, nos amigos que compartimos, nos que siguen a ter o seu corazón no noso pobo, no berro co que pedimos paz e traballo. O que boga nos mares de Razo e Baldaio, o que laborea na cortiña, aquel que escribe, aquel que canta, quen pon o lombo na tarefa e quen pon o sentido no que pensa, un a un traballamos para que se consiga a mellora do noso solar, a mellora do que queremos. Fornos de pan foron cocendo o molete que nos identifica, e foron os cesteiros de Entrecruces, os albardeiros, os canteiros, os ferreiros e os comerciantes pondo pedra a pedra, día a día, construíndo todo o que nos conmove e que chamamos Carballo. Evencio Ferrero Rodríguez Alcalde de Carballo
Variación dun texto de Avilés de Taramancos.

💚 CARBALLO, UN CONCELLO QUE ATRAE INVESTIMENTO🏪 Novos proxectos comerciais, como Aldi e Action, na Revolta📈 142 comunica...
27/10/2026

💚 CARBALLO, UN CONCELLO QUE ATRAE INVESTIMENTO

🏪 Novos proxectos comerciais, como Aldi e Action, na Revolta

📈 142 comunicacións de actividade económica desde xaneiro de 2025

🏭 16 solicitudes de licenzas para naves industriais no mesmo período

🚧 Máis de 240.000 € de investimento municipal para mellorar o parque empresarial de Bértoa

🤝 A iniciativa privada e os investimentos públicos contribúen ao desenvolvemento económico do noso concello

Seguimos traballando por un Carballo con máis actividade económica, máis servizos e máis oportunidades de futuro.

Bo día desde Carball❤️!Outubro en Carballo é tempo de teatro, de cabazas e de tardes ao sol, que tamén as temos ☀️
27/10/2026

Bo día desde Carball❤️!
Outubro en Carballo é tempo de teatro, de cabazas e de tardes ao sol, que tamén as temos ☀️

🔴 O Escalo volve dar a benvida ao polígono de Bértoa e a Carballo!A escultura de Manuel Facal quedou recolocada hoxe na ...
26/10/2026

🔴 O Escalo volve dar a benvida ao polígono de Bértoa e a Carballo!

A escultura de Manuel Facal quedou recolocada hoxe na rotonda de acceso ao polígono industrial, despois da súa restauración.

🐟 Desde 2007, este gran peixe vermello de 13,5 metros de altura forma parte da nosa paisaxe e lembra o vínculo de Carballo co Anllóns.

Recuperamos unha peza do noso patrimonio artístico para que siga acompañándonos moitos anos ❤️

📈 142 COMUNICACIÓNS DE ACTIVIDADE ECONÓMICA DESDE 2025 EN CARBALLO🏪 O noso concello mantén unha importante actividade em...
26/10/2026

📈 142 COMUNICACIÓNS DE ACTIVIDADE ECONÓMICA DESDE 2025 EN CARBALLO

🏪 O noso concello mantén unha importante actividade empresarial, con novos proxectos comerciais, industriais e de servizos.

📊 Os datos:
✅ 95 comunicacións en 2025, un 86 % máis que no ano anterior.
✅ 47 comunicacións nos nove primeiros meses de 2026.

🏗️ A chegada de novos operadores comerciais, as iniciativas de emprendemento e os investimentos empresariais reflicten a diversidade da economía local.

💚 Seguimos traballando para que Carballo sexa un lugar atractivo para investir, emprender e desenvolver novos proxectos

Bo día desde Carball❤️!E boa semana!
26/10/2026

Bo día desde Carball❤️!
E boa semana!

🎶💃 Despedimos outubro bailando!O último domingo do mes temos unha nova cita de Remocea no mercado municipal, desta volta...
25/10/2026

🎶💃 Despedimos outubro bailando!

O último domingo do mes temos unha nova cita de Remocea no mercado municipal, desta volta con Martín Reimúndez e, como sempre, música en directo.

📅 Domingo 25 de outubro
🎤 Martín Reimúndez
🕕 18.00 a 21.00 h
📍 Mercado municipal
🎟️ Entrada libre

Tres horas para moverse, encontrarse, botar uns bailes e g***r da tarde en compañía 🕺💚

E tranquilos, que despedimos outubro, pero non os bailes: a temporada de Remocea continúa todos os domingos ata xuño.

Bo día desde Carball❤️!Como molan os domingos de feira!📷 Andrea Sánchez
25/10/2026

Bo día desde Carball❤️!
Como molan os domingos de feira!
📷 Andrea Sánchez

🏆 Carballo recolle en Vitoria o Premio Ciudades que Caminan 2026 pola transformación dos Baños Vellos!🚶‍♀️ Máis espazo p...
24/10/2026

🏆 Carballo recolle en Vitoria o Premio Ciudades que Caminan 2026 pola transformación dos Baños Vellos!

🚶‍♀️ Máis espazo para as persoas, mellor accesibilidade e un barrio que recupera a súa relación histórica coa auga. Unha transformación feita paso a paso que recibe este recoñecemento na categoría de cidades medianas, compartido con Manises.

O concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, recolleu o galardón acompañado por Daniel Barreiro, concelleiro de Captación de Recursos Públicos; Milagros Lantes, representante da Alcaldía e vogal da directiva da Rede, e Alfredo Garrote, arquitecto municipal.

💚 Un premio que nos anima a seguir construíndo un Carballo máis accesible, amable e pensado para camiñar.

Bo día desde Carball❤️!Sabías que esta fonte vai cumprir 126 anos e que orixinariamente estaba na rúa Vázquez de Parga, ...
24/10/2026

Bo día desde Carball❤️!
Sabías que esta fonte vai cumprir 126 anos e que orixinariamente estaba na rúa Vázquez de Parga, moi preto do balneario?
Hoxe, está peza do noso patrimonio está na praza de Alfredo Brañas.

Que teñen que ver Tadeo Jones e o cannabis? Pois que son dous temas que non adoitan tratarse nas aulas e que hoxe o alum...
23/10/2026

Que teñen que ver Tadeo Jones e o cannabis? Pois que son dous temas que non adoitan tratarse nas aulas e que hoxe o alumnado do IES Alfredo Brañas e do CPR Artai coñeceu en persoa da man de quen os investiga.

A arqueóloga Marta Sánchez de la Torre non é Tadeo Jones, é unha investigadora que a través da arqueoloxía trata de reconstruír as sociedades do pasado. E hoxe transmitiu o entusiasmo do seu traballo á rapazada.

Arnau Busquets-García, investigador do Hospital del Mar Research Institute, compartiu os seus estudos sobre o cannabis e resolveu as dúbidas do alumnado sobre os seus efectos no cerebro.

Grazas unha vez máis a estes investigadores da Academia Joven de España por achegar a ciencia ás aulas.

As xornadas forman parte de Talento Quilómetro Cero (TALK0), financiado no marco do programa Horizonte Europa (ACCIÓNS MARIE SKŁODOWSKA-CURIE – MSCA AND CITIZENS) dentro das actividades do Researchers at schools. 🇪🇺

Dirección

Carballo
15100

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Carballo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Carballo:

Atajos

Compartir

Categoría