Bng Bergantiños

Bng Bergantiños Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Bng Bergantiños, Organización política, Rúa Doutor Fleming, 6 Baixo Esquerda, Carballo.

08/09/2026

🔵 A Xunta responde ao BNG de Laxe: a parada solicitada en Traba non é viable. 🚌❌ Pero non ofrece ningunha alternativa. 🤷‍♂️

🎓 O problema, polo tanto, segue aí: alumnado de Traba sen unha solución de transporte para cursar estudos postobrigatorios.

✊ Desde o BNG de Laxe seguiremos reclamando unha solución. Porque dicir que non é viable non pode ser o final da resposta. 📢


🔴 Ana Pontón exemplifica os problemas do ensino no CEIP Bergantiños de Carballo, con falta de recursos para o alumnado c...
08/09/2026

🔴 Ana Pontón exemplifica os problemas do ensino no CEIP Bergantiños de Carballo, con falta de recursos para o alumnado con NEAE e de prazas de comedor.

🗞️ PRENSA / Diario de Bergantiños e La Voz de Galicia. Edición Carballo 👇

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2026/09/08/ponton-cita-bergantinos-ejemplo-recortes-educativos/0003_202609C8C2992.htm

https://diariodebergantinos.elidealgallego.com/carballo/2026-09-07/ana-ponton-reprocha-a-la-xunta-que-no-garantice-la-conciliacion-tras-reunirse-con-la-direccion-y-la-anpa-del-ceip-bergantinos-877695.html

🔴 Ana Pontón reuniuse en Carballo coa dirección e ANPA do CEIP Bergantiños para coñecer de primeira man as necesidades c...
07/09/2026

🔴 Ana Pontón reuniuse en Carballo coa dirección e ANPA do CEIP Bergantiños para coñecer de primeira man as necesidades concretas deste centro e presentar as propostas do BNG en materia educativa. 👇

📚 O BNG lanza o Plan Máis Ensino Público!

Ana Pontón exixe o 4% do PIB para a educación pública, libros de texto gratis e comedores universais para abaratar a volta ao colexio.

Máis profesorado e menos recortes fronte á destrución do PP.

Defendamos a pública! ✊🩵

🔗 https://f.mtr.cool/hsdye9i389

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reúnese este luns 7 de setembro coa dirección e a ANPA do CEIP Bergantiños de Ca...
07/09/2026

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reúnese este luns 7 de setembro coa dirección e a ANPA do CEIP Bergantiños de Carballo para coñecer de primeira man as necesidades concretas deste centro, valorar o inicio do curso escolar e presentar as propostas do BNG en materia educativa para mellorar a calidade do ensino.

Estará acompañada do alcalde de Carballo, Daniel Pérez; a portavoz de Educación do BNG - Parlamento galego, Cristina Fernández; o deputado pola comarca, Oscar Insua; e a concelleira de Servizos Sociais do BNG Carballo, Maica Ures.

La portavoz nacional del BNG busca conocer de primera mano las necesidades del centro

05/09/2026

El diputado Óscar Ínsua exige a Educación que habilite de cara a este curso una solución efectiva para los 66 alumnos que quedan sin acceder al servicio

🔴 O BNG urxe á Xunta a ampliar as prazas de comedor no CEIP Bergantiños e CEIP Fogar de Carballo.🔵 Iniciativa parlamenta...
04/09/2026

🔴 O BNG urxe á Xunta a ampliar as prazas de comedor no CEIP Bergantiños e CEIP Fogar de Carballo.

🔵 Iniciativa parlamentaria do deputado Oscar Insua, que solicita a Educación que garanta que os 66 alumnos e alumnas que actualmente non poden acceder ao servizo de comedor dispoñan dunha solución efectiva durante o curso escolar 2026-2027.

🔗 Toda a info: 👇
https://nhdiario.es/o-bng-urxe-a-xunta-a-ampliar-as-prazas-de-comedor-no-ceip-bergantinos-e-ceip-fogar-de-carballo/

BNG Carballo
Anpa a Granxa
Anpa Pedras Brancas

04/09/2026

🐟 A Lonxa de Laxe pecha. E quen dá explicacións?

Hai apenas unhas semanas, o 8 de agosto, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, era nomeada Embaixadora dos Peixes e Mariscos da Lonxa de Laxe. 🐟🏅

Falábase de pesca artesanal, produto local e de poñer en valor a nosa lonxa. E agora, poucas semanas despois, a lonxa pecha. 🔒

💶 Ademais, concedéronse 29.140,17 € de fondos públicos para un proxecto de promoción e posta en valor dos peixes e mariscos da Lonxa de Laxe.

Sabemos que os barcos de Laxe levan tempo comercializando as súas capturas na Coruña ou en Ribeira. Precisamente por iso queremos saber:

❓ Por que deixou de ser rendible vender o peixe no propio porto?
❓ Que foi fallando para chegar ata aquí?
❓ Que se fixo durante estes anos para evitalo?
🍽️ E que pasa coa hostalería e o comercio local que se abastecían dela?

🏛️ E o Concello de Laxe? Pediu explicacións á Confraría? Vai facer algo para intentar recuperar a actividade?

Porque unha lonxa non é só un lugar onde se vende peixe. En Laxe forma parte da nosa historia, da nosa identidade mariñeira e de xeracións de homes e mulleres que viviron mirando ao mar e pola que tanto loitaron os nosos avós. ⚓💙

📣 Poñer en valor a pesca de Laxe non pode quedar en actos, campañas e nomeamentos.

Laxe merece explicacións. E a súa lonxa merece futuro. ⚓💙

04/09/2026

Dirección

Rúa Doutor Fleming, 6 Baixo Esquerda
Carballo
15100

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Bergantiños publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir