Concello de Valga

Concello de Valga Facebook oficial do Concello de Valga Facebook oficial do Concello de Valga (Pontevedra)

𝙑𝘼𝙇𝙂𝘼 𝙍𝙀𝘾𝙄𝘽𝙄𝙍𝘼́ 𝘼 𝙈𝘼́𝙄𝙎 𝘿𝙀 𝟰𝟬𝟬 𝙋𝘼𝙇𝙄𝙇𝙇𝙀𝙄𝙍𝘼𝙎 𝙉𝙊 𝘿𝙀́𝘾𝙄𝙈𝙊 𝘼𝙉𝙄𝙑𝙀𝙍𝙎𝘼𝙍𝙄𝙊 𝘿𝘼 𝙓𝙐𝙉𝙏𝘼𝙉𝙕𝘼 𝘿𝙀 𝘽𝙊𝙇𝙄𝙇𝙇𝙊𝙎 𝙀 𝙇𝘼𝘽𝙊𝙍𝙀𝙎• A actividade é orga...
04/09/2026

𝙑𝘼𝙇𝙂𝘼 𝙍𝙀𝘾𝙄𝘽𝙄𝙍𝘼́ 𝘼 𝙈𝘼́𝙄𝙎 𝘿𝙀 𝟰𝟬𝟬 𝙋𝘼𝙇𝙄𝙇𝙇𝙀𝙄𝙍𝘼𝙎 𝙉𝙊 𝘿𝙀́𝘾𝙄𝙈𝙊 𝘼𝙉𝙄𝙑𝙀𝙍𝙎𝘼𝙍𝙄𝙊 𝘿𝘼 𝙓𝙐𝙉𝙏𝘼𝙉𝙕𝘼 𝘿𝙀 𝘽𝙊𝙇𝙄𝙇𝙇𝙊𝙎 𝙀 𝙇𝘼𝘽𝙊𝙍𝙀𝙎

• A actividade é organizada pola Asociación Artesanal A Bella Otero, coa colaboración do Concello

• A mostra, que é aberta ao público e conta tamén con stands de venda, estará aberta ata as 19:30 horas

O pavillón municipal de Baño será, o vindeiro 𝟭𝟮 𝙙𝙚 𝙨𝙚𝙩𝙚𝙢𝙗𝙧𝙤, punto de encontro da artesanía tradicional coa celebración da Xuntanza de Bolillos e Labores. O evento, organizado pola 𝘼𝙨𝙤𝙘𝙞𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙋𝙖𝙡𝙞𝙡𝙡𝙚𝙞𝙧𝙖𝙨 𝘼 𝘽𝙚𝙡𝙡𝙖 𝙊𝙩𝙚𝙧𝙤, celebra este ano o seu décimo aniversario cunha cifra récord de asistencia.

Segundo os cálculos da presidenta da asociación, Lourdes Conde, a participación prevé situarse 𝙚𝙣𝙩𝙧𝙚 𝙖𝙨 𝟰𝟮𝟱 𝙚 𝙖𝙨 𝟰𝟱𝟬 𝙥𝙚𝙧𝙨𝙤𝙖𝙨. O encontro reunirá a afeccionados e artesáns chegados dende diversos puntos 𝙙𝙚 𝙩𝙤𝙙𝙖 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 𝙚 𝙢𝙚𝙨𝙢𝙤 𝙙𝙤𝙪𝙩𝙧𝙖𝙨 𝙘𝙤𝙢𝙪𝙣𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚𝙨 autónomas, avanza.

A xornada abrirase coa recepción das palilleiras participantes, ás que se lles ofrecerá un almorzo. Ao longo da mañá está prevista tamén a visita das 𝙖𝙪𝙩𝙤𝙧𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚𝙨 𝙡𝙤𝙘𝙖𝙞𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙙𝙖𝙧 𝙖 𝙗𝙚𝙣𝙫𝙞𝙙𝙖 𝙤𝙛𝙞𝙘𝙞𝙖𝙡 𝙖𝙤𝙨 𝙖𝙨𝙞𝙨𝙩𝙚𝙣𝙩𝙚𝙨 e participar no acto de entrega de agasallos ás representantes das distintas agrupacións.

Durante todo o día, os asistentes e visitantes poderán percorrer os diversos 𝙨𝙩𝙖𝙣𝙙𝙨 𝙘𝙤𝙢𝙚𝙧𝙘𝙞𝙖𝙞𝙨 instalados no propio pavillón, dedicados á 𝙫𝙚𝙣𝙙𝙖 𝙙𝙚 𝙢𝙖𝙩𝙚𝙧𝙞𝙖𝙞𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙡𝙖𝙗𝙤𝙧𝙚𝙨, 𝙖𝙧𝙩𝙚𝙨𝙖𝙣𝙞́𝙖 𝙚 𝙗𝙞𝙭𝙪𝙩𝙚𝙧𝙞́𝙖. Así mesmo, o público que se achegue ao recinto poderá contemplar unha 𝙚𝙭𝙥𝙤𝙨𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙘𝙤𝙣 𝙩𝙧𝙖𝙗𝙖𝙡𝙡𝙤𝙨 𝙧𝙚𝙖𝙡𝙞𝙯𝙖𝙙𝙤𝙨 𝙥𝙤𝙡𝙖𝙨 𝙞𝙣𝙩𝙚𝙜𝙧𝙖𝙣𝙩𝙚𝙨 𝙙𝙖 𝘼𝙨𝙤𝙘𝙞𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝘼 𝘽𝙚𝙡𝙡𝙖 𝙊𝙩𝙚𝙧𝙤. O horario de apertura será de 10: a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas.

Durante a xornada celebrarase un sorteo de agasallos doados por entidades e casas comerciais de Valga e da bisbarra.

𝘼 𝙍𝙐𝙏𝘼 𝘿𝙀 𝙎𝙀𝙉𝘿𝙀𝙄𝙍𝙄𝙎𝙈𝙊 “𝙊 𝙐𝙇𝙇𝘼, 𝙀𝙉𝙏𝙍𝙀 𝙋𝘼𝙏𝙍𝙄𝙈𝙊𝙉𝙄𝙊 𝙀 𝙏𝙍𝘼𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉” 𝘼𝘽𝙍𝙀 𝙊 𝙋𝙍𝘼𝙕𝙊 𝘿𝙀 𝙄𝙉𝙎𝘾𝙍𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘼𝙏𝘼 𝙊 𝟮𝟮 𝘿𝙀 𝙎𝙀𝙏𝙀𝙈𝘽𝙍𝙊• A andain...
04/09/2026

𝘼 𝙍𝙐𝙏𝘼 𝘿𝙀 𝙎𝙀𝙉𝘿𝙀𝙄𝙍𝙄𝙎𝙈𝙊 “𝙊 𝙐𝙇𝙇𝘼, 𝙀𝙉𝙏𝙍𝙀 𝙋𝘼𝙏𝙍𝙄𝙈𝙊𝙉𝙄𝙊 𝙀 𝙏𝙍𝘼𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉” 𝘼𝘽𝙍𝙀 𝙊 𝙋𝙍𝘼𝙕𝙊 𝘿𝙀 𝙄𝙉𝙎𝘾𝙍𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘼𝙏𝘼 𝙊 𝟮𝟮 𝘿𝙀 𝙎𝙀𝙏𝙀𝙈𝘽𝙍𝙊

• A andaina celebrase o sábado 29, pasará por lugares coma Vilarello ou as telleiras e percorrerá a Ruta dos Lacóns

• Os participantes poden anotarse no Concello, no Auditorio ou a través do correo electrónico [email protected]

O Concello de Valga ten aberto ata o día 22 de setembro o prazo de inscrición na ruta de sendeirismo “O Ulla, entre patrimonio e tradición”, que terá lugar o vindeiro 26 de setembro dentro do 𝙥𝙧𝙤𝙜𝙧𝙖𝙢𝙖 “𝙂𝙤𝙯𝙖 𝙙𝙤 𝙐𝙡𝙡𝙖”, co que se quere poñer en valor e promocionar o patrimonio natural e cultural dos territorios bañados polas augas deste río, dende o seu nacemento en Antas de Ulla ata a desembocadura en Vilagarcía de Arousa.

A 𝙞𝙣𝙨𝙘𝙧𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 pode realizarse 𝙣𝙤 𝘾𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙤 (𝟵𝟴𝟲 𝟱𝟱 𝟵𝟰 𝟱𝟲), 𝙣𝙤 𝘼𝙪𝙙𝙞𝙩𝙤𝙧𝙞𝙤 𝙈𝙪𝙣𝙞𝙘𝙞𝙥𝙖𝙡 (𝟵𝟴𝟲 𝟱𝟱 𝟲𝟳 𝟲𝟵) ou a través do correo electrónico 𝙘𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙤@𝙫𝙖𝙡𝙜𝙖.𝙜𝙖𝙡, indicando nome e apelidos, DNI, lugar de residencia e teléfono de contacto.

“O Ulla, entre patrimonio e tradición” é unha andaina circular de 1𝟴 𝙦𝙪𝙞𝙡𝙤́𝙢𝙚𝙩𝙧𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙡𝙤𝙣𝙭𝙞𝙩𝙪𝙙𝙚 𝙚 𝙙𝙚 𝙙𝙞𝙛𝙞𝙘𝙪𝙡𝙩𝙖𝙙𝙚 𝙗𝙖𝙞𝙭𝙖, con saída e chegada na 𝙈𝙞𝙣𝙖 𝙈𝙚𝙧𝙘𝙚𝙙𝙚𝙨. Discorre, principalmente, por zonas poboadas das parroquias de Campaña e Cordeiro, visitando lugares moi vencellados ao río Ulla, coma os 𝙚𝙢𝙗𝙖𝙧𝙘𝙖𝙙𝙤𝙞𝙧𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙎𝙖𝙣𝙩𝙖 𝘾𝙧𝙞𝙨𝙩𝙞𝙣𝙖 𝙚 𝙑𝙞𝙡𝙖𝙧𝙚𝙡𝙡𝙤, os vestixios da antiga liña de vagonetas aéreas, ou as vellas 𝙩𝙚𝙡𝙡𝙚𝙞𝙧𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙑𝙞𝙡𝙖𝙧.

Tamén se percorrerá a 𝙍𝙪𝙩𝙖 𝙙𝙤𝙨 𝙇𝙖𝙘𝙤́𝙣𝙨, entre a capela de San Paio de Vilar e a igrexa parroquial de Santa Comba de Cordeiro, seguindo o percorrido que cada 2 de febreiro, no Día da Candeloria, realiza a Procesión dos Lacóns, unha das tradicións relixiosas máis antigas de Valga.

“Goza do Ulla”, que este ano cumpre a súa décimo quinta edición, é un programa de turismo activo e de natureza co que os concellos bañados polas augas deste río promocionan o patrimonio natural e cultural existente ao longo dos seus 130 quilómetros. Busca conectar territorio, identidade local e desenvolvemento sostible mediante actividades, rutas, eventos e colaboración entre entidades. O seu potencial está en converter o Ulla nun eixo de atracción turística de referencia en Galicia, xerando oportunidades para o comercio local, o turismo activo e a valorización do patrimonio.

Folla de inscrición:https://valga.gal/images/Web/Inscrici%C3%B3nGozaUlla26.pdf

03/09/2026
𝘿𝘼𝙉 𝘾𝙊𝙈𝙀𝙕𝙊 𝘼𝙎 𝙊𝘽𝙍𝘼𝙎 𝘿𝙀 𝙈𝙀𝙇𝙇𝙊𝙍𝘼 𝙀 𝙀𝙉𝙎𝘼𝙉𝘾𝙃𝙀 𝘿𝘼 𝙋𝙄𝙎𝙏𝘼 𝘿𝘼 𝙎𝙀𝙄𝙓𝘼 (𝙋𝘼𝙍𝘼𝙁𝙄𝙏𝘼), 𝙉𝘼𝙎 𝙌𝙐𝙀 𝙎𝙀 𝙄𝙉𝙑𝙄𝙎𝙏𝙀𝙉 𝟭𝟭𝟬.𝟬𝟬𝟬 𝙀𝙐𝙍𝙊𝙎• A ampliación ...
03/09/2026

𝘿𝘼𝙉 𝘾𝙊𝙈𝙀𝙕𝙊 𝘼𝙎 𝙊𝘽𝙍𝘼𝙎 𝘿𝙀 𝙈𝙀𝙇𝙇𝙊𝙍𝘼 𝙀 𝙀𝙉𝙎𝘼𝙉𝘾𝙃𝙀 𝘿𝘼 𝙋𝙄𝙎𝙏𝘼 𝘿𝘼 𝙎𝙀𝙄𝙓𝘼 (𝙋𝘼𝙍𝘼𝙁𝙄𝙏𝘼), 𝙉𝘼𝙎 𝙌𝙐𝙀 𝙎𝙀 𝙄𝙉𝙑𝙄𝙎𝙏𝙀𝙉 𝟭𝟭𝟬.𝟬𝟬𝟬 𝙀𝙐𝙍𝙊𝙎

• A ampliación da estrada mellorará a accesibilidade ao lugar e permitirá os cruces e manobras de vehículos con maior seguridade

• A concelleira Carmen Gómez achegouse a supervisar o inicio da actuación

Esta semana deron comezo as obras de acondicionamento e ensanche da pista da Seixa, no lugar de Parafita, unha actuación que permitirá 𝙢𝙚𝙡𝙡𝙤𝙧𝙖𝙧 𝙖 𝙖𝙘𝙘𝙚𝙨𝙞𝙗𝙞𝙡𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙚 𝙨𝙚𝙜𝙪𝙧𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙣𝙖 𝙯𝙤𝙣𝙖, que ata o de agora se vía comprometida pola estreiteza dalgúns puntos da vía. Con este proxecto, que se financia con fondos da Deputación de Pontevedra, habilitarase un acceso axeitado ás vivendas existentes no lugar e ás parcelas agrícolas da contorna, permitindo o cruce e manobra de vehículos. Ademais, renovarase o firme e mellorarase o sistema de drenaxe.

A concelleira Carmen Gómez acudiu a supervisar o arranque dos traballos, que contan cun orzamento de 110.449’94 euros. A intervención desenvólvese nun 𝙩𝙧𝙚𝙞𝙩𝙤 𝙙𝙚 𝙘𝙖𝙨𝙚 𝙢𝙚𝙙𝙞𝙤 𝙦𝙪𝙞𝙡𝙤́𝙢𝙚𝙩𝙧𝙤 e inclúe as seguintes actuacións:

- A limpeza do firme e das marxes, xunto coa reapertura de cunetas en todo o trazado.

- Traballos de 𝙙𝙚𝙨𝙢𝙤𝙣𝙩𝙚 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙖 𝙖𝙢𝙥𝙡𝙞𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙖 𝙥𝙡𝙖𝙩𝙖𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖 nas tres curvas principais da vía e no treito intermedio.

- 𝙀𝙣𝙨𝙖𝙣𝙘𝙝𝙚 𝙙𝙤 𝙩𝙧𝙖𝙯𝙖𝙙𝙤.

- O fresado do firme existente e nova 𝙘𝙖𝙥𝙖 𝙙𝙚 𝙥𝙖𝙫𝙞𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor.

Con este e outros proxectos de mellora de camiños e estradas nos que está a traballar o Concello, séguese avanzando na mellora da seguridade, accesibilidade e mobilidade no ámbito rural.

📣 𝙀𝙓𝙋𝙀𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝙀 𝙍𝙀𝙉𝙊𝙑𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘿𝙊 𝘿𝙉𝙄 𝙀 𝘿𝙊 𝙋𝘼𝙎𝘼𝙋𝙊𝙍𝙏𝙀 𝙀𝙉 𝙑𝘼𝙇𝙂𝘼 A unidade móbil da Policía Nacional estará en Valga os días 𝟮...
03/09/2026

📣 𝙀𝙓𝙋𝙀𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝙀 𝙍𝙀𝙉𝙊𝙑𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘿𝙊 𝘿𝙉𝙄 𝙀 𝘿𝙊 𝙋𝘼𝙎𝘼𝙋𝙊𝙍𝙏𝙀 𝙀𝙉 𝙑𝘼𝙇𝙂𝘼

A unidade móbil da Policía Nacional estará en Valga os días 𝟮𝟱 𝘿𝙀 𝙎𝙀𝙏𝙀𝙈𝘽𝙍𝙊 e 𝟮𝟯 𝘿𝙀 𝙊𝙐𝙏𝙐𝘽𝙍𝙊.

Atenderá 𝙚𝙣 𝙝𝙤𝙧𝙖𝙧𝙞𝙤 𝙙𝙚 𝟵:𝟬𝟬 𝙖 𝟭𝟯:𝟬𝟬 𝙝𝙤𝙧𝙖𝙨 con 𝙘𝙞𝙩𝙖 𝙥𝙧𝙚𝙫𝙞𝙖, que pode solicitarse 𝙣𝙖𝙨 𝙤𝙛𝙞𝙘𝙞𝙣𝙖𝙨 𝙙𝙤 𝘾𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙤 𝙤𝙪 𝙖 𝙩𝙧𝙖𝙫𝙚́𝙨 𝙙𝙤 𝙩𝙚𝙡𝙚́𝙛𝙤𝙣𝙤 𝟵𝟴𝟲 𝟱𝟱 𝟵𝟰 𝟱𝟲 (𝙀𝙭𝙩. 𝟮𝟬𝟭𝟵).

Nesta oficina itinerante, que se sitúa na Praza Manuel Vicente Cousiño (xunto ao Edificio Administrativo), realízase toda la tramitación nun único día, de maneira que 𝙤𝙨 𝙪𝙨𝙪𝙖𝙧𝙞𝙤𝙨 𝙭𝙖 𝙧𝙚𝙘𝙞𝙗𝙞𝙧𝙖́𝙣 𝙣𝙤 𝙢𝙤𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙖 𝙨𝙪́𝙖 𝙙𝙤𝙘𝙪𝙢𝙚𝙣𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣. Os servizos que presta inclúen: 𝙚𝙭𝙥𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝘿𝙉𝙄 𝙚 𝙋𝙖𝙨𝙖𝙥𝙤𝙧𝙩𝙚 por primeira inscrición, perda ou subtracción; 𝙖 𝙧𝙚𝙣𝙤𝙫𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙙𝙤𝙘𝙪𝙢𝙚𝙣𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 caducada ou a piques de caducar (dentro dos últimos 180 días de vixencia no caso do DNI ou no último ano de validez no caso do Pasaporte).

𝙏𝙖𝙢𝙚́𝙣 𝙚́ 𝙥𝙤𝙨𝙞𝙗𝙡𝙚 𝙖𝙘𝙩𝙞𝙫𝙖𝙧 𝙤 𝘿𝙉𝙄 𝙚𝙡𝙚𝙘𝙩𝙧𝙤́𝙣𝙞𝙘𝙤, 𝙧𝙚𝙣𝙤𝙫𝙖𝙧 𝙘𝙚𝙧𝙩𝙞𝙛𝙞𝙘𝙖𝙙𝙤𝙨 𝙚 𝙘𝙖𝙢𝙗𝙞𝙖𝙧 𝙖𝙨 𝙘𝙡𝙖𝙫𝙚𝙨, 𝙩𝙧𝙖́𝙢𝙞𝙩𝙚𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙤𝙨 𝙦𝙪𝙚 𝙣𝙤𝙣 𝙚́ 𝙣𝙚𝙘𝙚𝙨𝙖𝙧𝙞𝙖 𝙘𝙞𝙩𝙖.

Os usuarios deben aportar a mesma documentación que en calquera outra oficina do DNI da Policía Nacional.

𝙋𝙖𝙧𝙖 𝙚𝙭𝙥𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝘿𝙉𝙄:
• Primeira inscrición: Unha fotografía recente (menos de dous anos) a cor e sobre fondo branco, partida de nacemento literal na que conste que se expide “só a efectos da obtención do DNI” (validez de seis meses), volante de empadroamento (validez de tres meses). Os menores de idade e persoas con discapacidade deben estar acompañados por un dos pais ou titores co DNI en vigor.

• Renovación: Unha fotografía recente (menos de dous anos) a cor e sobre fondo branco e o DNI que se quere renovar. En caso de cambio de datos, tamén se debe a portar a seguinte documentación: por cambio de domicilio, volante de empadroamento; por cambio de datos persoais, partida de nacemento literal con validez de seis meses. Os menores de idade e persoas con discapacidade deben estar acompañados por un dos pais ou titores co DNI en vigor.

𝙋𝙖𝙧𝙖 𝙚𝙭𝙥𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝙋𝙖𝙨𝙖𝙥𝙤𝙧𝙩𝙚:
• DNI en vigor (se solicita a renovación/duplicado dun pasaporte vixente deberá presentar o mesmo) e unha fotografía recente (menos de dous anos) a cor e sobre fondo branco.

En caso de menores ou persoas con discapacidade tamén é preciso aportar:
- Se non ten DNI: partida de nacemento literal na que conste que se expide “só a efectos da obtención do DNI” (validez de seis meses)-
- Se ten DNI deberá acreditar a relación de parentesco ou a condición de titor mediante a presentación de calquera documentación oficial (libro de familia, partida de nacemento, etc.).
- Deben ir acompañados polos dous pais ou todos os titores cos seus DNI en vigor.

𝘼 𝙩𝙖𝙭𝙖 𝙙𝙚 𝙚𝙭𝙥𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝘿𝙉𝙄 𝙚́ 𝙙𝙚 𝟭𝟮 𝙚𝙪𝙧𝙤𝙨 𝙚 𝙖 𝙙𝙤 𝙥𝙖𝙨𝙖𝙥𝙤𝙧𝙩𝙚 𝟯𝟬 𝙚𝙪𝙧𝙤𝙨 (para as familias numerosas esta documentación é gratuíta presentando o título). Pódese pagar en efectivo (levando a cantidade xusta) ou tamén con tarxeta.

𝘽𝙀𝙇𝙇𝙊 𝙈𝘼𝙉𝙀𝙄𝙍𝙊 𝘼𝙎𝙄𝙎𝙏𝙄𝙐 𝘼 𝙐𝙉𝙃𝘼 𝙓𝙐𝙉𝙏𝘼𝙉𝙕𝘼 𝘾𝙊𝘼 𝘾𝙊𝙉𝙎𝙀𝙇𝙇𝙀𝙄𝙍𝘼 𝘿𝙀 𝙑𝙄𝙑𝙀𝙉𝘿𝘼 𝙀 𝙄𝙉𝙁𝙍𝘼𝙀𝙎𝙏𝙍𝙐𝙏𝙐𝙍𝘼𝙎O alcalde, José María Bello Maneiro, e...
02/09/2026

𝘽𝙀𝙇𝙇𝙊 𝙈𝘼𝙉𝙀𝙄𝙍𝙊 𝘼𝙎𝙄𝙎𝙏𝙄𝙐 𝘼 𝙐𝙉𝙃𝘼 𝙓𝙐𝙉𝙏𝘼𝙉𝙕𝘼 𝘾𝙊𝘼 𝘾𝙊𝙉𝙎𝙀𝙇𝙇𝙀𝙄𝙍𝘼 𝘿𝙀 𝙑𝙄𝙑𝙀𝙉𝘿𝘼 𝙀 𝙄𝙉𝙁𝙍𝘼𝙀𝙎𝙏𝙍𝙐𝙏𝙐𝙍𝘼𝙎

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez participaron hoxe nunha xuntanza de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.

Neste encontro, que tivo lugar en San Caetano, a responsable autonómica e o rexedor abordaron 𝙖𝙘𝙩𝙪𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙚𝙣 𝙢𝙖𝙩𝙚𝙧𝙞𝙖 𝙙𝙚 𝙪𝙧𝙗𝙖𝙣𝙞𝙨𝙢𝙤 de interese para o concello e 𝙖𝙘𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙦𝙪𝙚 𝙘𝙤𝙣𝙩𝙧𝙞𝙗𝙪́𝙖𝙣 𝙖 𝙢𝙚𝙡𝙡𝙤𝙧𝙖𝙧 𝙖 𝙘𝙖𝙡𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙙𝙚 𝙫𝙞𝙙𝙖 da veciñanza e a 𝙧𝙚𝙛𝙤𝙧𝙯𝙖𝙧 𝙖 𝙘𝙤𝙢𝙥𝙚𝙩𝙞𝙩𝙞𝙫𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙚𝙘𝙤𝙣𝙤́𝙢𝙞𝙘𝙖.

𝘼 𝘼𝙐𝙇𝘼 𝘾𝙚𝙈𝙄𝙏 𝙄𝙈𝙋𝘼𝙍𝙏𝙄𝙐 𝙊𝙎 𝙊𝘽𝙍𝘼𝘿𝙊𝙄𝙍𝙊𝙎 “𝙂𝙄𝙍𝙇 𝙎𝙏𝙀𝘼𝙈”, 𝙋𝘼𝙍𝘼 𝙁𝙊𝙈𝙀𝙉𝙏𝘼𝙍 𝘼 𝙑𝙊𝘾𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝙏𝙀𝘾𝙉𝙊𝙇𝙊́𝙓𝙄𝘾𝘼 𝙀𝙉𝙏𝙍𝙀 𝘼 𝙈𝙊𝘾𝙄𝘿𝘼𝘿𝙀• Os participan...
02/09/2026

𝘼 𝘼𝙐𝙇𝘼 𝘾𝙚𝙈𝙄𝙏 𝙄𝙈𝙋𝘼𝙍𝙏𝙄𝙐 𝙊𝙎 𝙊𝘽𝙍𝘼𝘿𝙊𝙄𝙍𝙊𝙎 “𝙂𝙄𝙍𝙇 𝙎𝙏𝙀𝘼𝙈”, 𝙋𝘼𝙍𝘼 𝙁𝙊𝙈𝙀𝙉𝙏𝘼𝙍 𝘼 𝙑𝙊𝘾𝘼𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝙏𝙀𝘾𝙉𝙊𝙇𝙊́𝙓𝙄𝘾𝘼 𝙀𝙉𝙏𝙍𝙀 𝘼 𝙈𝙊𝘾𝙄𝘿𝘼𝘿𝙀

• Os participantes deseñaron unha vivenda domótica empregando sensores, fototransistores e outros aparellos eléctricos

• A actividade foi promovida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia

A Aula CeMIT converteuse durante o mes agosto no escenario do programa Girl Steam, unha iniciativa pensada para 𝙖𝙘𝙝𝙚𝙜𝙖𝙧 𝙤 𝙖́𝙢𝙗𝙞𝙩𝙤 𝙙𝙖 𝙘𝙞𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖, 𝙖 𝙩𝙚𝙘𝙣𝙤𝙡𝙤𝙭𝙞́𝙖, 𝙖 𝙚𝙣𝙭𝙚𝙣̃𝙖𝙧𝙞́𝙖, 𝙖 𝙖𝙧𝙩𝙚 𝙚 𝙖𝙨 𝙢𝙖𝙩𝙚𝙢𝙖́𝙩𝙞𝙘𝙖𝙨 𝙖́ 𝙧𝙖𝙥𝙖𝙯𝙖𝙙𝙖 de entre 8 e 14 anos, promovendo a súa participación activa e creativa no mundo dixital e traballando para rachar a fenda de xénero neste ámbito

O programa, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, desenvolveu en Valga 𝙙𝙤𝙪𝙨 𝙤𝙗𝙧𝙖𝙙𝙤𝙞𝙧𝙤𝙨 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙩𝙞𝙫𝙤𝙨 a cargo dos mestres André Adrio Rodríguez e Alba Bueses Suárez, que explicaron aos participantes as diferentes 𝙖𝙥𝙡𝙞𝙘𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙥𝙧𝙖́𝙘𝙩𝙞𝙘𝙖𝙨 𝙚 𝙘𝙧𝙚𝙖𝙩𝙞𝙫𝙖𝙨 𝙙𝙖 𝙩𝙚𝙘𝙣𝙤𝙡𝙤𝙭𝙞́𝙖.

A formación xirou sobre o 𝙙𝙚𝙨𝙚𝙣̃𝙤 𝙙𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖 𝙙𝙤𝙢𝙤́𝙩𝙞𝙘𝙖 utilizando a plataforma Arduino, un pequeno ordenador que posúe diversas utilidades, tanto para obradoiros educativos infantís como para desenvolver material máis complexo orientado a persoas adultas. Durante as sesións, 𝙘𝙤𝙣𝙚𝙘𝙩𝙖𝙧𝙤𝙣 𝙚 𝙞𝙣𝙩𝙚𝙧𝙖𝙘𝙩𝙪𝙖𝙧𝙤𝙣 𝙘𝙤𝙣 𝙙𝙞𝙫𝙚𝙧𝙨𝙤𝙨 𝙨𝙚𝙣𝙨𝙤𝙧𝙚𝙨, 𝙛𝙤𝙩𝙤𝙩𝙧𝙖𝙣𝙨𝙞𝙨𝙩𝙤𝙧𝙚𝙨 𝙚 𝙖𝙥𝙖𝙧𝙚𝙡𝙡𝙤𝙨 𝙚𝙡𝙚́𝙘𝙩𝙧𝙞𝙘𝙤𝙨 preparándose para que, no día de mañá, sexan capaces de xestionar estes sistemas nos seus propios fogares.

“A idea principal é 𝙖𝙫𝙖𝙣𝙯𝙖𝙧 𝙘𝙖𝙧𝙖 𝙪𝙣𝙝𝙖𝙨 𝙫𝙞𝙫𝙚𝙣𝙙𝙖𝙨 𝙢𝙖́𝙞𝙨 𝙩𝙚𝙘𝙣𝙤𝙡𝙤́𝙭𝙞𝙘𝙖𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙢𝙚𝙡𝙡𝙤𝙧𝙖𝙧 𝙖 𝙨𝙪́𝙖 𝙥𝙧𝙖𝙘𝙩𝙞𝙘𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙚 𝙖 𝙚𝙛𝙞𝙘𝙞𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙚𝙣𝙚𝙧𝙭𝙚́𝙩𝙞𝙘𝙖 e promover unha arquitectura máis sostible, accesible para todas as persoas e inclusiva”, subliñou un dos mestres do obradoiro, André Adrio.

𝙊 “𝘼𝙂𝙊𝙎𝙏𝙊 𝙂𝘼𝙎𝙏𝙍𝙊𝙉𝙊́𝙈𝙄𝘾𝙊” 𝙋𝙀𝘾𝙃𝙊𝙐 𝘼 𝙎𝙐́𝘼 𝙎𝙀𝙓𝙏𝘼 𝙀𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘾𝙊𝙉 𝟮𝟭𝟬 𝙌𝙐𝙄𝙇𝙊𝙎 𝘿𝙀 𝘼𝙇𝙄𝙈𝙀𝙉𝙏𝙊𝙎 𝙍𝙀𝘾𝘼𝘿𝘼𝘿𝙊𝙎 𝙋𝘼𝙍𝘼 𝙊𝙎 𝙎𝙀𝙍𝙑𝙄𝙕𝙊𝙎 𝙎𝙊𝘾𝙄𝘼𝙄𝙎• Os...
02/09/2026

𝙊 “𝘼𝙂𝙊𝙎𝙏𝙊 𝙂𝘼𝙎𝙏𝙍𝙊𝙉𝙊́𝙈𝙄𝘾𝙊” 𝙋𝙀𝘾𝙃𝙊𝙐 𝘼 𝙎𝙐́𝘼 𝙎𝙀𝙓𝙏𝘼 𝙀𝘿𝙄𝘾𝙄𝙊́𝙉 𝘾𝙊𝙉 𝟮𝟭𝟬 𝙌𝙐𝙄𝙇𝙊𝙎 𝘿𝙀 𝘼𝙇𝙄𝙈𝙀𝙉𝙏𝙊𝙎 𝙍𝙀𝘾𝘼𝘿𝘼𝘿𝙊𝙎 𝙋𝘼𝙍𝘼 𝙊𝙎 𝙎𝙀𝙍𝙑𝙄𝙕𝙊𝙎 𝙎𝙊𝘾𝙄𝘼𝙄𝙎

• Os produtos repartiranse entre veciños e familias de Valga en situación de vulnerabilidade

• Os obradoiros e showcookings foron gratuítos, pero tiñan un carácter solidario

A solidariedade volveu ser a gran protagonista da sexta edición do "Agosto Gastronómico", un programa que se celebra cada ano no marco da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. As diferentes 𝙥𝙧𝙤𝙥𝙤𝙨𝙩𝙖𝙨 𝙜𝙖𝙨𝙩𝙧𝙤𝙣𝙤́𝙢𝙞𝙘𝙖𝙨 𝙤𝙧𝙜𝙖𝙣𝙞𝙯𝙖𝙙𝙖𝙨 𝙖𝙤 𝙡𝙤𝙣𝙜𝙤 𝙙𝙤 𝙢𝙚𝙨 permitiron xuntar un total de 210 quilos de alimentos non perecedoiros, que irán destinados ás familias máis vulnerables do municipio.

A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, foi a encargada de realizar o reconto das doazóns recibidas e quixo aproveitar a ocasión para 𝙖𝙜𝙧𝙖𝙙𝙚𝙘𝙚𝙧 𝙖 𝙭𝙚𝙣𝙚𝙧𝙤𝙨𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙙𝙚 𝙩𝙤𝙙𝙖𝙨 𝙖𝙨 𝙥𝙚𝙧𝙨𝙤𝙖𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙩𝙞𝙘𝙞𝙥𝙖𝙣𝙩𝙚𝙨. Grazas ao seu respaldo, os Servizos Sociais municipais contan cunha ampla 𝙫𝙖𝙧𝙞𝙚𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙙𝙚 𝙥𝙧𝙤𝙙𝙪𝙩𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙥𝙧𝙞𝙢𝙚𝙞𝙧𝙖 𝙣𝙚𝙘𝙚𝙨𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚, entre os que destacan pasta, legumes, azucre, fariña, arroz, leite, aceite, vinagre, sopas, galletas, cereais, zumes e todo tipo de conservas de marisco, peixe, froitas e vexetais.

A pesar de que todas as propostas do programa eran de 𝙖𝙘𝙘𝙚𝙨𝙤 𝙜𝙧𝙖𝙩𝙪𝙞́𝙩𝙤, o evento mantivo a súa 𝙚𝙨𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙗𝙚𝙣𝙚́𝙛𝙞𝙘𝙖 ao requirir a entrega dun quilo de alimentos por persoa en cada inscrición. Nesta ocasión, a recollida concentrouse en cinco citas: os showcookings “A caña no prato” e “Universo anguía”, a demostración de coctelería “Moito máis que caña”, o concurso de receitas “Anguía Chef” e un obradoiro infantil de cociña.

"Agosto Gastronómico" consolídase, deste xeito e tras seis anos de traxectoria, non só como unha 𝙥𝙡𝙖𝙩𝙖𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙥𝙤𝙣̃𝙚𝙧 𝙚𝙣 𝙫𝙖𝙡𝙤𝙧 𝙖 𝙜𝙖𝙨𝙩𝙧𝙤𝙣𝙤𝙢𝙞́𝙖 𝙚 𝙤𝙨 𝙥𝙧𝙤𝙙𝙪𝙩𝙤𝙨 𝙡𝙤𝙘𝙖𝙞𝙨, senón tamén como 𝙪𝙣 𝙥𝙞𝙖𝙧 𝙙𝙚 𝙖𝙥𝙤𝙞𝙤 𝙘𝙤𝙢𝙪𝙣𝙞𝙩𝙖𝙧𝙞𝙤 no concello.

📣 𝙇𝙄𝙎𝙏𝘼 𝙋𝙍𝙊𝙑𝙄𝙎𝙄𝙊𝙉𝘼𝙇 𝘿𝙀 𝘼𝘿𝙈𝙄𝙏𝙄𝘿𝙊𝙎 𝙉𝙊 𝙋𝙇𝘼𝙉 𝙈𝘼𝘿𝙍𝙐𝙂𝘼
02/09/2026

📣 𝙇𝙄𝙎𝙏𝘼 𝙋𝙍𝙊𝙑𝙄𝙎𝙄𝙊𝙉𝘼𝙇 𝘿𝙀 𝘼𝘿𝙈𝙄𝙏𝙄𝘿𝙊𝙎 𝙉𝙊 𝙋𝙇𝘼𝙉 𝙈𝘼𝘿𝙍𝙐𝙂𝘼

Dirección

Avenida Da Coruña, Nº 14
Valga
36645

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Valga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Valga:

Compartir

Categoría