Padrón Turismo

Padrón Turismo Información turística e cultural da Vila de Padrón e a súa contorna.

Mañá 8 de setembro celébrase o día da Nosa Señora da Escravitude.
07/09/2026

Mañá 8 de setembro celébrase o día da Nosa Señora da Escravitude.

🏛️✨ A Traslatio: unha viaxe ás orixes do Camiño de SantiagoQueres descubrir a fascinante historia da chegada dos restos ...
04/09/2026

🏛️✨ A Traslatio: unha viaxe ás orixes do Camiño de Santiago
Queres descubrir a fascinante historia da chegada dos restos do Apóstolo Santiago a Galicia? 🚣‍♂️⚓

Acompáñanos na visita guiada "A Traslatio", da man de Suso Martínez, nun percorrido cheo de historia, lendas e tradicións que nos levará aos escenarios vinculados cun dos episodios máis importantes da tradición xacobea.

📅 Venres 4 e 11 de setembro

🕗 20:00 h

📍 Punto de encontro: Fondo de Vila

Unha oportunidade única para coñecer Padrón desde outra perspectiva e achegarse aos acontecementos que deron lugar a unha das historias máis emblemáticas do noso patrimonio cultural.

🎟️ Actividade gratuíta con inscrición previa.

👉 Reserva a túa praza en: www.padronturismo.gal/inscricions

(Re)ver PadrónE se puidésemos viaxar no tempo sen saír de Padrón? 👀Con (re)ver Padrón queremos convidarte a descubrir co...
02/09/2026

(Re)ver Padrón

E se puidésemos viaxar no tempo sen saír de Padrón? 👀

Con (re)ver Padrón queremos convidarte a descubrir como cambiaron as nosas rúas, prazas, edificios e recursos turísticos ao longo dos anos.

🕰️ Recuperaremos fotografías antigas e compararemos cada imaxe cunha fotografía actual do mesmo lugar, tomada desde unha perspectiva semellante. Deste xeito, poderemos observar que cambiou co paso do tempo… e tamén que permanece.

Unha maneira diferente de coñecer a nosa historia, recuperar a memoria colectiva e poñer en valor o patrimonio de Padrón. 💚

Hoxe compartimos Fondo de Vila

Experiencias 2026O vindeiro sábado 19 de setembro, o Convento de Herbón será o escenario dunha experiencia moi especial ...
01/09/2026

Experiencias 2026

O vindeiro sábado 19 de setembro, o Convento de Herbón será o escenario dunha experiencia moi especial para conectar coa natureza, xogar e deixar voar a creatividade. 🌱💚

🧘‍♀️ Xogo e mindfulness co pemento de Herbón 🌶️

Unha actividade pensada para vivir a natureza dunha maneira diferente, a través de xogos de mindfulness, actividades sensoriais e expresión creativa.

🗺️ As persoas participantes terán que ir atopando partes dun mapa agochadas na natureza e superar diferentes probas para conseguir crear o mapa final. E hai sorpresa! 🎁 Cada nena e neno levará para a casa a súa propia carteira máxica. ✨

📅 Sábado 19 de setembro de 2026
⏰ 11:00 h
📍 Convento de Herbón
🎟️ Actividade gratuíta, previa reserva
👥 Prazas limitadas

👉 Inscricións en www.padronturismo.gal/inscricions

⚠️ Imprescindible que as persoas menores de idade asistan acompañadas por persoas adultas.

Unha oportunidade para xogar, descubrir, sentir e conectar coa natureza nun dos recunchos máis especiais de Padrón. 🌿🌶️

29/08/2026

🏛️✨ A Traslatio: unha viaxe ás orixes do Camiño de Santiago

Queres descubrir a fascinante historia da chegada dos restos do Apóstolo Santiago a Galicia? 🚣‍♂️⚓

Acompáñanos na visita guiada "A Traslatio", da man de Suso Martínez, nun percorrido cheo de historia, lendas e tradicións que nos levará aos escenarios vinculados cun dos episodios máis importantes da tradición xacobea.

📅 Venres 4 e 11 de setembro
🕗 20:00 h
📍 Punto de encontro: Fondo de Vila

Unha oportunidade única para coñecer Padrón desde outra perspectiva e achegarse aos acontecementos que deron lugar a unha das historias máis emblemáticas do noso patrimonio cultural.

🎟️ Actividade gratuíta con inscrición previa.

👉 Reserva a túa praza en: www.padronturismo.gal/inscricions

(Re)ver PadrónE se puidésemos viaxar no tempo sen saír de Padrón? 👀Con (re)ver Padrón queremos convidarte a descubrir co...
28/08/2026

(Re)ver Padrón

E se puidésemos viaxar no tempo sen saír de Padrón? 👀

Con (re)ver Padrón queremos convidarte a descubrir como cambiaron as nosas rúas, prazas, edificios e recursos turísticos ao longo dos anos.

🕰️ Recuperaremos fotografías antigas e compararemos cada imaxe cunha fotografía actual do mesmo lugar, tomada desde unha perspectiva semellante. Deste xeito, poderemos observar que cambiou co paso do tempo… e tamén que permanece.

Unha maneira diferente de coñecer a nosa historia, recuperar a memoria colectiva e poñer en valor o patrimonio de Padrón. 💚

Hoxe compartimos as Festas da Pascua

📸✨ Presentamos (re)ver PadrónE se puidésemos viaxar no tempo sen saír de Padrón? 👀Con (re)ver Padrón queremos convidarte...
26/08/2026

📸✨ Presentamos (re)ver Padrón

E se puidésemos viaxar no tempo sen saír de Padrón? 👀

Con (re)ver Padrón queremos convidarte a descubrir como cambiaron as nosas rúas, prazas, edificios e recursos turísticos ao longo dos anos.

🕰️ Recuperaremos fotografías antigas e compararemos cada imaxe cunha fotografía actual do mesmo lugar, tomada desde unha perspectiva semellante. Deste xeito, poderemos observar que cambiou co paso do tempo… e tamén que permanece.

Unha maneira diferente de coñecer a nosa historia, recuperar a memoria colectiva e poñer en valor o patrimonio de Padrón. 💚

Porque cada recuncho garda unha historia e, ás veces, só precisamos mirar de novo para descubrila.

🔎 re(ver) Padrón
Dúas imaxes. Dous momentos. Unha mesma historia.

Hoxe compartimos o Banco dos Namorados no Xardín Botánico Artísticos de Padrón.

Hoxe en Iria Flavia celebramos a festa na honra da Virxe de Belén 🥳
24/08/2026

Hoxe en Iria Flavia celebramos a festa na honra da Virxe de Belén 🥳

🌿 Así vivimos a última visita desta edición de Sedis Iriensis 🏛️Unha nova e última viaxe pola historia de Iria Flavia da...
21/08/2026

🌿 Así vivimos a última visita desta edición de Sedis Iriensis 🏛️

Unha nova e última viaxe pola historia de Iria Flavia da man de Suso Martínez, nunha visita guiada chea de relatos, personaxes e historias que nos permitiron descubrir este lugar desde unha perspectiva diferente.

E hai un dato que nos encanta compartir: Suso Martínez considera Sedis Iriensis a súa visita preferida de cantas realiza ao longo de toda Europa. Un recoñecemento que pon en valor a singularidade de Iria Flavia e desta experiencia.

💚 Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta edición e que fixestes posible que Sedis Iriensis volvese encher de historia e emoción as rúas de Iria Flavia.

E isto non remata aquí...

📲 Xa podedes consultar na nosa web as próximas visitas guiadas e actividades turísticas de Padrón e inscribirvos nelas:
www.padronturismo.gal/inscricions

Seguimos descubrindo Padrón, unha historia tras outra. 💚

20/08/2026

Dirección

Avenida Compostela S/n
Padrón
15900

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Padrón Turismo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Padrón Turismo:

Atajos

Compartir