17/06/2026
🏆🌱 Recollendo os froitos do traballo 🌱🏆
O 𝗮𝗹𝘂𝗺𝗻𝗮𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝟭º 𝗲 𝟮º 𝗱𝗲 𝗙𝗣 𝗕𝗮́𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗲 𝗔𝗴𝗿𝗼𝘅𝗮𝗿𝗱𝗶𝗻𝗮𝗿í𝗮 𝗲 𝗖𝗼𝗺𝗽𝗼𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗙𝗹𝗼𝗿𝗮𝗹 desprazouse ata Santiago para asistir á entrega dos galardóns do 𝗜𝗩 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗗𝗲𝘀𝗲𝗻𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗲 𝗮 𝗖𝗶𝗱𝗮𝗱𝗮𝗻í𝗮 𝗚𝗹𝗼𝗯𝗮𝗹, onde o noso centro foi recoñecido polo proxecto “𝗖𝘂𝗹𝘁𝗶𝘃𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀, 𝗰𝗼𝗹𝗹𝗲𝗶𝘁𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼𝘀” 👏💚
Este proxecto naceu inspirado nos xardíns circulares 𝗧𝗼𝗹𝗼𝘂 𝗞𝗲𝘂𝗿 𝗱𝗲 𝗦𝗲𝗻𝗲𝗴𝗮𝗹, adaptando esta idea ao noso contexto e promovendo valores como a sustentabilidade, a biodiversidade, a cooperación e a aprendizaxe intercultural 🌍🌿. Un traballo no que tamén participou a comunidade senegalesa da localidade, enriquecendo a experiencia e facendo dela un auténtico espazo de encontro e aprendizaxe compartida.
Este premio é un recoñecemento ao esforzo, á implicación e ás horas de traballo investidas ao longo do curso por alumnado e profesorado, demostrando que a educación tamén pode transformar a forma na que entendemos o mundo e nos relacionamos con el ✨
Queremos agradecer especialmente ao profesorado implicado, que con ilusión, compromiso e moito traballo fai posible que proxectos coma este saian adiante e sigan deixando pegada no noso centro e no noso alumnado 💚👏
Parabéns a todas as persoas que formastes parte desta aventura. Este premio tamén é voso! 🌱🏆