Cómo llegar Contactar con la organización

PSOE Ares Agrupación socialista de Ares, sempre co pobo.

28/10/2026
19/06/2026

ℹ O Concello de Ares súmase ás reivindicacións do persoal de Froiz e de Gadis

📢 O Concello quere expresar o seu total apoio ás traballadoras e traballadores de Froiz e Gadis na defensa dos seus dereitos laborais e na súa convocatoria de folga na provincia da Coruña prevista para o día 📅 23 de xuño.

🗣️ As reivindicacións do persoal de ambas compañías expoñen unha clara necesidade de establecer canles para unha negociación efectiva, con vontade de acordo 🤝, onde se aborden cuestións fundamentais como a mellora das condicións de traballo e dos salarios, a estabilidade no emprego, o impulso da conciliación e a óptima organización dos tempos laborais. Porque un emprego de calidade é compatible cun modelo empresarial competitivo.

🔹 Dende o Concello de Ares, saliéntase a relevancia de acadar unhas condicións laborais dignas para as persoas traballadoras do sector da alimentación, acordes co esforzo, responsabilidade e contribución esencial que realizan para a sociedade en xeral e FROIZ e GADIS en particular.

🔹 Ao mesmo tempo, tamén se fai un chamamento ao diálogo e entendemento, co foco posto en avanzar na procura dunha solución ao conflito actual.

Hoxe deixounos o noso compañeiro e amigo Pepe. Un home que soubo superar duros momentos e co que, ainda así , sempre pod...
10/06/2026

Hoxe deixounos o noso compañeiro e amigo Pepe. Un home que soubo superar duros momentos e co que, ainda así , sempre podías contar .
Apertas para a súa muller e fillxs.
Que a terra che sexa leve🌹🌹🌹

O grupo municipal celebrou hoxe co resto da corporación e da veciñanza o centenario do Mercado Municipal  co descubrimen...
08/06/2026

O grupo municipal celebrou hoxe co resto da corporación e da veciñanza o centenario do Mercado Municipal co descubrimento dunha praca conmemorativa e musica tradicional do grupo As Pías.

11/03/2026

📢 Ares concéntrase baixo o lema

🔷 O Concello de Ares súmase á convocatoria lanzada pola plataforma Parar la Guerra en todo o Estado español para saír á rúa e esixir o fin da escalada bélica que se está a vivir en Oriente Medio, violando o dereito e a legalidade internacionais, amais de reclamar unha paz xusta 🕊️ e duradeira en Palestina, que pasa irremediablemente polo remate do xenocidio en Gaza.

🔷 Deste xeito, convídase á veciñanza 👥 a concentrarse o vindeiro sábado, 🗓️ 14 de marzo, ás 12:00 h. diante do consistorio. Ares será unha das máis de 150 localidades de todo o país que tamén teñen previstas concentración para este 14M, secundando a convocatoria da plataforma.

Unha xornada estatal contra a guerra para reivindicar que fronte ó odio e a ocupación, a cidadanía aposta pola xustiza e a paz.

👉 Máis información en https://pararlaguerra.es/.

26/02/2026

Esta noche en analizamos los temas de actualidad con el alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo. Os esperamos a las 21.30

Dirección

Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSOE Ares publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a PSOE Ares:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros Partido político en Santiago de Compostela

Ver Todo