Partido Comunista de Galicia

Partido Comunista de Galicia Páxina do Partido Comunista de Galicia. Le, coñece e participa connosco.

O Comité Comarcal do Partido Comunista de Galicia en   ven de emitir o seguinte comunicado:https://pcgalicia.org/ferrolt...
29/08/2026

O Comité Comarcal do Partido Comunista de Galicia en ven de emitir o seguinte comunicado:

https://pcgalicia.org/ferrolterra-nin-un-paso-atras-racismo-golpe-civil/

As convocatorias de concentracións o 2 de setembro diante dos concellos gobernados pola dereita non son unha mobilización cidadá democrática: son un golpe de estado encuberto, un golpe de estado civil, organizado dende unha institución pública —a Federación Española de Municipios e Provincias— manipulada por PP e por Vox.

Ningún demócrata debe secundar unha convocatoria fascista. Non se pode lexitimar este golpe civil. Non podemos permitir mobilizacións fascistas nas nosas rúas. Diante dunha xogada así non se responde con silencio administrativo: respóndese na rúa e organizadamente.

Onte, nunha nova formación en Vigo, esta vez para analizar unha cuestión clave: a politización das loitas económicas nos...
26/08/2026

Onte, nunha nova formación en Vigo, esta vez para analizar unha cuestión clave: a politización das loitas económicas nos centros de traballo.

O PCG apoia a loita polo descanso no sector do comercio galegoDurante a vindeira semana, o sector do comercio galego des...
12/08/2026

O PCG apoia a loita polo descanso no sector do comercio galego

Durante a vindeira semana, o sector do comercio galego desenvolverá diversas xornadas de loita que desembocarán na folga prevista para o 15 de agosto. A mobilización defende o dereito ao descanso dos e das traballadoras do comercio, fronte unha patronal que trata de normalizar a apertura en domingos e festivos.
Estes intentos de expandir a dispoñibilidade da forza de traballo atacan o descanso mínimo da clase obreira, poñendo a ganancia extra por enriba da saúde e a vida dos e das traballadoras.

O Partido Comunista de Galicia apoia a reivindicación do sector e defende os festivos como unha conquista da loita obreira na procura do descanso necesario.
A patronal do comercio trata de aumentar a ganancia ao aumentar o tempo de apertura, sempre a costa da racionalización do descanso de quen traballa. Os domingos e festivos teñen unha función social pola que non só aseguran o descanso laboral, mais tamén o desfrute do tempo de ocio de forma colectiva.

Os e as consumidoras habituais do comercio somos tamén traballadores e traballadoras. Neste sentido, o PCG chama á solidariedade coa xornada de folga e o apoio á clase obreira no sector comercial. O 15 de agosto, un dos festivos máis significativos do verán galego, debe aproveitarse para o ocio e o descanso. Por iso, chamamos a adiantar as compras e evitar achegarse aos comercios, como medida de apoio á loita polo descanso e o tempo para vivir.

Ademais da xornada nacional do 15 de agosto, arredor do 11 e 12 do mesmo mes, celebraranse diversas mobilizacións nas comarcas do país reivindicando o dereito ao descanso dos e das traballadoras do comercio.

O sector servizos emprega máis da cuarta parte da forza de traballo en Galicia. Grande parte deste sector está no comercio, unha actividade vital para o desenvolvemento social. A presenza maioritaria de mulleres no sector, quen soportan cargas de coidados maiores, fai que as pretensións da patronal impoñan cargas maiores para a conciliación.

As reivindicacións das traballadoras do comercio encaixan nas necesidades da clase obreira no seu conxunto. O comercio debe planificarse para responder ás necesidades de consumo da clase obreira, non para maximizar os beneficios dos capitalistas.

Hoxe no acto do aniversario do Asalto ao Cuartel Moncada, moitos compañeiros e compañeiras fixeron un saúdo fraternal á ...
26/07/2026

Hoxe no acto do aniversario do Asalto ao Cuartel Moncada, moitos compañeiros e compañeiras fixeron un saúdo fraternal á revolución cubana.

VENCEREMOS!
CONTRA O BLOQUEO, VIVA CUBA SOCIALISTA!

Un ano máis, o PCG irá apoiar o Aniversario do Asalto ao Cuartel Moncada. Máis aínda nestes tempos en que a besta imperi...
23/07/2026

Un ano máis, o PCG irá apoiar o Aniversario do Asalto ao Cuartel Moncada. Máis aínda nestes tempos en que a besta imperialista reforzou o xa criminal bloqueo que se lle está facendo ao heroico pobo cubano dende hai máis de sesenta anos.

Por iso, agora e sempre, estaremos ao lado dos que non quixeron ser pisados pola besta imperialista nin polos intereses das clases dominantes.

VENCEREMOS!
CONTRA O BLOQUEO, VIVA CUBA SOCIALISTA!

Comezo dunha nova xornada de formación comarcal.
18/07/2026

Comezo dunha nova xornada de formación comarcal.

Sempre apoiaremos de maneira solidaria o pobo de Cuba, que segue resistindo o criminal bloqueo dos EEUU.A nosa loita é u...
16/07/2026

Sempre apoiaremos de maneira solidaria o pobo de Cuba, que segue resistindo o criminal bloqueo dos EEUU.
A nosa loita é unha.

✊🏻🇨🇺

📢 Este domingo 12 de xullo, ás 12h, en Compostela (rúa Dublín 8): acto de solidariedade con Cuba fronte á agresión imper...
11/07/2026

📢 Este domingo 12 de xullo, ás 12h, en Compostela (rúa Dublín 8): acto de solidariedade con Cuba fronte á agresión imperialista.

🇨🇺 Leva a túa achega de material sanitario para a campaña de recollida da Asociación de amizade Galego Cubana Francisco Villamil.

A mellor defensa da Revolución é a solidariedade. ¡Alí nos vemos!

Hoxe na   coa mobilización social e coa  conseguiuse parar o desafiuzamento de Marta e os seus fillos.Porque a cidadanía...
09/07/2026

Hoxe na coa mobilización social e coa conseguiuse parar o desafiuzamento de Marta e os seus fillos.
Porque a cidadanía ten forza e o pobo é quen máis ordena, a loita é o único camiño!

Este sábado ás 12:00, como todos os anos, realizaremos a homenaxe a Manolito Bello no Cemiterio de Oza da  , esta vez no...
08/07/2026

Este sábado ás 12:00, como todos os anos, realizaremos a homenaxe a Manolito Bello no Cemiterio de Oza da , esta vez no 80° aniversario do seu asasinato polos fascistas, coa CRMH A Coruña.

Nin olvido nin perdón!



Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Partido Comunista de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Partido Comunista de Galicia:

Atajos

Compartir

Categoría