BNG Ponteceso

BNG Ponteceso Páxina oficial da asemblea local do BNG en Ponteceso. Páxina oficial do Bloque Nacionalista Galego de Ponteceso en Facebook, para que coñezas o noso traballo.

07/08/2026
07/08/2026

🗓️ Outro primeiro venres de mes sen se convocar a Comisión de "Transparencia"

⏩ No último pleno, igual que no anterior, o alcalde convidou a que unha moción quedara para tratar na seguinte Comisión de "Transparencia" que, segundo dixo, celebraríase "nos próximos días".

🤝 Esta comisión, que se implantou nesta lexislatura por acordo do pleno, acordouse que se convocara a primeira semana do mes e aínda que primeiro tiña carácter mensual, despois pasou a ter carácter bimensual, é dicir, debíase convocar cada 2 meses, pero a realidade é que leva desde febreiro sen se convocar.

👀 Seguimos agardando recibir a convocatoria de agosto, logo que xa pasou a primeira semana.

☝🏽 Máis unha vez pedimoslle ao alcalde que deixe de incumprir os acordos do pleno e faga as convocatorias nos prazos debidos, que cumpra os seus propios compromisos a prol da transparencia institucional.

Deixámosvos aquí un resumo do pleno do mércores:Na parte de trámites:- No expediente de suplemento de crédito e recoñece...
31/07/2026

Deixámosvos aquí un resumo do pleno do mércores:

Na parte de trámites:

- No expediente de suplemento de crédito e recoñecemento extraxudicial, o noso voto foi de abstención, porque conforme aos informes de intervención: "...esta modificación afectará negativa a estabilidade orzamentaria; haberá que ir vendo como vai a execución do gasto;... Con esta modificación si que se está afectando negativamente á estabilidade ... "

- O noso voto foi a favor no resto de puntos:
1.- expediente de modificación orzamentaria mediante crédito extraordinario,
2.- novo inventario municipal de bens, un documento técnico-administrativo que levaba pendente de se elaborar desde que comezou este mandato,
3.- festivos locais do ano 2027, seguimos apoiando a proposta actual co acordo de trasladar ao martes de entroido cando o día do Faro sexa en fin de semana,
4.- agrupación voluntaria do Concello de Ponteceso co de Coristanco para manter en común o posto de Tesouraría.

Desde o BNG presentamos unha moción:

- Moción de urxencia do BNG para garantir os servizos municipais nas praias con Bandeira Azul do Concello de Ponteceso.
REXEITADA.
6 NON: PP, PG e AxP ,
5 SI: BNG, APIN e PSOE.

E tamén formulamos 2 preguntas e 2 rogos:

- Pregunta 1.- SOBRE O SAF.
+ están cubertas todas as prestacións deste servizo ás con grao 1 de dependencia?
+ das máis de 2.000 horas de Libre Concurrencia licitadas, cantas se están a prestar?
+ a empresa concesionaria gañou a licitación ofertando un extra de 500 horas de servizo, estáse a facer uso desta bolsa extra de horas?

- Pregunta 2.- SOBRE A SENDA DE LESTIMOÑO. Existe algunha documentación pendente de presentar ou algún requerimento pendente de responder por parte do Concello ante o Servizo de Vías e Obras da Deputación en este procedimento?

- Rogo 1.- Pedimos respecto ao traballo da oposición, en realidade o alcalde non quere unha oposición constructiva, quere unha oposición sometida e que lle diga si a todo.

Rogo 2.- Pedimos maior seriedade e rigorosidade na difusión desde o Concello da situación de risco de seca no Anllóns e unha mellor campaña de concienciación.

Logo de 3 anos de estar feitas as expropiacións non entendemos cales son os problemas do Servizo de Vías e Obras da Depu...
28/07/2026

Logo de 3 anos de estar feitas as expropiacións non entendemos cales son os problemas do Servizo de Vías e Obras da Deputación para iniciar a execución da Senda de Lestimoño, por iso rexistramos onte unha solicitude ante este departamento preguntando cando van comezar as obras:

"sen a Senda de Lestimoño as veciñas e veciños poñen a súa vida en risco cada día".

Onte estivemos en Compostela celebrando o Día da Patria e renovamos a xa tradicional foto da familia nacionalista bergan...
26/07/2026

Onte estivemos en Compostela celebrando o Día da Patria e renovamos a xa tradicional foto da familia nacionalista bergantiñá Bng Bergantiños

24/07/2026

O Bloque entregou os seus premios BNG (Bergantiños Negocios en Galego) en Ponteceso

21/07/2026

🔴 O Bng Bergantiños premia a establecementos comerciais da comarca que contribúen á normalización da lingua galega.

👉 O acto de entrega dos premios terá lugar o 23 de xullo, ás 20:00 horas, na Eira Bar de Ponteceso. Contará coas intervencións de Fátima Rodríguez, Daniel Pérez e Olalla Rodil.

👉 Os negocios premiados son “Fíos de Cores”, en Ponteceso; “Libraría Risón”, en Laxe; “María Moda”, na Laracha; e “Lenda”, en Carballo.

20/07/2026
🔴 O  premia a establecementos comerciais da comarca que contribúen á normalización da lingua galega👉 Os negocios premiad...
17/07/2026

🔴 O premia a establecementos comerciais da comarca que contribúen á normalización da lingua galega

👉 Os negocios premiados son Fíos de cores | Crochet e costura creativa🌷 en Ponteceso; Rison Laxe , en Laxe; María Moda , na Laracha; e LENDA , en Carballo

👉 O acto de entrega dos premios terá lugar o 23 de xullo, ás 20:00 horas, na Eira Bar de Ponteceso. Contará coas intervencións de Fátima Rodríguez, Daniel Pérez e Olalla Rodil

Dirección

Praza Da Quintana
Santiago De Compostela
15704

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Ponteceso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG Ponteceso:

Atajos

Compartir

Categoría