Concello de Rodeiro

Concello de Rodeiro Páxina oficial do Concello de Rodeiro (Pontevedra)

💦🌞 Excursión do Concilia de Mañá ao Parque Acuático de Monterrei 🌞💦Este luns, os nenos e nenas do Concilia de Mañá desfr...
04/09/2026

💦🌞 Excursión do Concilia de Mañá ao Parque Acuático de Monterrei 🌞💦

Este luns, os nenos e nenas do Concilia de Mañá desfrutaron dunha fantástica xornada no Parque Acuático de Monterrei. 🏊‍♀️🌊

Un día cheo de auga, xogos, risas e moitos momentos compartidos entre compañeiros. 💙😄

Foi unha experiencia xenial para pechar a xornada de lecer do Concilia de Mañá deste verán! ☀️💦

🎶 A música continúa en Rodeiro! 🎶O 5 de setembro, Vanesa Muela e a Banda Traka e Comando Coruxás acompañarán a Raíces e ...
03/09/2026

🎶 A música continúa en Rodeiro! 🎶

O 5 de setembro, Vanesa Muela e a Banda Traka e Comando Coruxás acompañarán a Raíces e Horizontes nunha xornada chea de música, tradición e festa. 💚

📍 Parque do Lago (ao carón do Concello), Rodeiro
🕢 19:30 h — Vanesa Muela e a Banda Traka
🕘 21:00 h — Comando Coruxás

✨ Vémonos en Rodeiro para celebrar xuntos as nosas raíces e horizontes!

Acollemos e sumámonos a declaración institucional impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.O Fondo Gal...
02/09/2026

Acollemos e sumámonos a declaración institucional impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade que representa a 125 administracións locais de Galicia, amosa a súa fonda preocupación polos acontecementos vividos en Ceuta nos últimos días e aposta por actitudes pacíficas, polo diálogo, polo respecto aos valores democráticos e, ineludiblemente, polo cumprimento dos dereitos humanos e o dereito internacional.

Ceuta está a atravesar unha grave crise humanitaria, migratoria e social tras a chegada de máis de 70.000 persoas migrantes o pasado 30 de xullo a través da fronteira con Marrocos. Cando menos 96 vidas truncáronse na travesía, unha auténtica traxedia que non podemos contemplar con indiferenza.

A magnitude do número de persoas recibidas desbordou a capacidade de acollida, xerando situacións de risco e unha gran tensión social na cidade española. Pero cada cifra agocha un nome, unha historia, un rostro. Son persoas que foxen da pobreza, dos conflitos, da falta de oportunidades ou da vulneración dos seus dereitos. Persoas que procuran unha vida mellor e que merecen ser tratadas con dignidade, humanidade e respecto.

Somos conscientes da complexidade da situación e de que a entrada extraordinaria en Ceuta se produciu á marxe da normativa fronteiriza e migratoria. Vimos tamén como ese fluxo, procedente de varios puntos do continente africano, pretende ser utilizado como arma de desestabilización do Estado Español e de radicalización social. Pero nada disto pode facernos esquecer o esencial: ningunha circunstancia xustifica que se cuestione a dignidade e os dereitos fundamentais dunha persoa.

Neste contexto, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade,

CONDENA

A utilización da pobreza, da vulnerabilidade e da migración como ferramentas de presión política e a súa instrumentalización segundo intereses xeopolíticos.
Calquera acto de violencia, veña de onde veña, tanto contra a poboación civil como contra as forzas e corpos de seguridade.
A incitación ao odio, o racismo e a xenofobia, así como a criminalización das persoas migrantes.
Os impedimentos para proceder á entrega de axuda humanitaria ás persoas migrantes, así como a queima dos seus asentamentos e escasas pertenzas.
O acoso que traballadoras e traballadores de ONGD que atenden ás e aos migrantes están a sufrir por parte dun grupo de poboación.
ESIXE

Que se respecte o dereito de toda persoa a migrar para mellorar a súa calidade de vida, fuxir de situacións de conflito ou da privación de liberdades e dereitos esenciais, co fin de desenvolver unha vida plena.
Que se cumpran os dereitos básicos das persoas migrantes: non discriminación, non criminalización e protección en calquera circunstancia, con especial atención ás e aos menores.
Que se garanta o dereito á asistencia humanitaria das persoas que se atopan nunha situación de risco e que se protexa tamén a quen se encarga desta tarefa.
Que, máis alá da resposta inmediata, se traballe para construír vías seguras e legais para migrar, así como políticas que permitan ás persoas non verse obrigadas a poñer a súa vida en perigo para buscar un futuro mellor.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade abraza ao pobo de Ceuta, que sempre demostrou ter sido pacífico, xeneroso e solidario. Nestes momentos difíciles, nos que é doado que o medo e a crispación abran a fenda do odio e a división, instamos á veciñanza a seguir sendo un exemplo de tolerancia, convivencia e axuda mutua.

Desde Galicia, con 563.303 galegas e galegos residentes en diferentes países do estranxeiro (INE 2026), pulamos tamén para que os seus dereitos non se vexan vulnerados.

Hoxe, máis que nunca, poñémonos no lugar de quen marcha e defendemos a súa dignidade, aquí e en calquera parte do mundo.

Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Cen anos de historia, esforzo e raíces en Rodeiro! 🎂🎉✨O pasado fin de semana vivimos un momento moi especial e emotivo n...
02/09/2026

Cen anos de historia, esforzo e raíces en Rodeiro! 🎂🎉✨

O pasado fin de semana vivimos un momento moi especial e emotivo no noso concello. O noso querido veciño de Cristimil, Jesús Sánchez Lamas, celebrou o seu primeiro século de vida —nada menos que 100 anos!— arrodeado do cariño da súa familia e amigos.

A historia de Jesús é o reflexo dunha xeración de pedra, marcada pola superación e o traballo incansable. Nado o 26 de agosto de 1926 e sendo o maior de cinco irmáns, tivo que asumir responsabilidades de adulto con apenas 14 anos trala perda do seu pai. A súa traxectoria levouno a traballar durante décadas fóra da súa terra —tivo que facer de caseiro na Coruña durante 30 anos—, pero sempre mantivo intacto o amor polas súas orixes, regresando en 1992 á súa amada Camba.

Xunto á súa compañeira de vida, Esther, e a pesar dos golpes máis duros que nos pode dar a vida, Jesús soubo sempre saír adiante con esa fortaleza, honestidade e bondade que o caracterizan. Hoxe en día, demostrando unha autonomía e unha vitalidade admirables, segue a vivir só por decisión propia, conservándose dun xeito excepcional e demostrando que a idade é só un número cando se ten espírito de loitador.

O alcalde en funcións, Alberte Lamazares, e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Vázquez, quixeron acompañalo persoalmente nesta data tan sinalada para trasladarlle a felicitación e o agarimo de toda a corporación e da veciñanza de Rodeiro.

Desde o Concello queremos render esta humilde e sentida homenaxe a un home bo, testemuña viva do noso pasado e orgullo da nosa terra.
Parabéns de todo corazón, Jesús! Grazas por seres parte fundamental da nosa historia colectiva. 💙🥂

31/08/2026

Sabes que significa facer comunidade?

Ás veces esquecémonos de que todas as persoas traemos connosco unha bagaxe, unha historia e unha cultura que nos enriquece.

Por iso nace Raíces e Horizontes, a Xornada de Migración de Rodeiro.

Un punto de encontro para compartir quen somos, crear lazos e celebrar a diversidade que nos une.

🌱 Escoitando historias que nos conectan
🍲 Probando a riqueza doutras culturas a través da gastronomía
🎲 Compartindo en familia con xogos e actividades
🎶 E celebrando a convivencia con música e concertos en directo

Agardámosvos este 5 de setembro no Parque do Lago, a partir das 17:00 h!

Que ben o pasaron os nosos nenos e nenas na Acampada Xuvenil no Monte Suíme! 🏕️✨Do 12 ao 14 de agosto, a rapazada conver...
28/08/2026

Que ben o pasaron os nosos nenos e nenas na Acampada Xuvenil no Monte Suíme! 🏕️✨

Do 12 ao 14 de agosto, a rapazada converteuse na alma dunha aventura inesquecible no corazón da nosa natureza. Foron días intensos de convivencia, risas e moita diversión:

-Aventura e deporte: Superaron retos con actividades emocionantes como a escalada e o rapel. 🧗‍♂️🌿
-Convivencia e natureza: Gozaron da praia fluvial, montaron as súas propias tendas e compartiron ceas e veladas inesquecibles ao redor da fogueira. 🔥🌌
-Momentos únicos: Alucinaron coa maxia de observar o eclipse ao solpor. 🔭🌇

Grazas de corazón ás familias por confiar en nós e aos nenos e nenas por encher cada rincón de tanta enerxía e alegría. Ata a seguinte aventura! 🚀💚

27/08/2026

📚✨ CONCILIA LECTIVO – CURSO 2026/2027 ✨📚

Xa está aberto o prazo de inscrición para os nenos e nenas de Rodeiro no programa Concilia Lectivo para o curso 2026/2027. 👧🧒

Un espazo no que os máis pequenos poderán aprender, xogar, compartir e descubrir novas experiencias, participando en diferentes actividades educativas e de lecer. 🎨🧩📖

A través das actividades, os nenos e nenas poderán desenvolver a súa creatividade, fomentar a autonomía, aprender novos coñecementos, traballar en equipo e g***r dun ambiente de convivencia e diversión. 🌈💫

📅 Prazo de inscrición: ata o 4 de setembro, incluído.

📌 Se estás interesado/a en que o teu fillo ou filla participe, non deixes pasar o prazo!

🐠🌊 Unha aventura mariña no Aquarium da Coruña! 🐟🦈🐙Os nenos e nenas do Concilia Verán viviron unha xornada moi especial c...
26/08/2026

🐠🌊 Unha aventura mariña no Aquarium da Coruña! 🐟🦈🐙

Os nenos e nenas do Concilia Verán viviron unha xornada moi especial coa visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña. Unha excursión diferente, chea de descubrimentos, curiosidades e momentos para g***r en compañía. 💙

Durante a visita puideron achegarse ao fascinante mundo mariño, coñecer máis de preto diferentes especies e aprender sobre a importancia de coidar e respectar os nosos mares e océanos. 🌊🐠

Pero, sobre todo, foi un día para compartir, rir, aprender e vivir novas experiencias fóra da rutina, rodeados de compañeiros e compañeiras e acompañados polo equipo do Concilia Verán. 😊

Unha xornada na que a diversión e a aprendizaxe foron da man e que, sen dúbida, quedará como un bonito recordo deste verán. ☀️💦

Seguimos sumando aventuras, experiencias e momentos inesquecibles neste Concilia Verán! 💙

🌱🌍 II EDICIÓN DE RAÍCES E HORIZONTESO vindeiro 5 de setembro, Rodeiro acolle unha nova edición de Raíces e Horizontes – ...
25/08/2026

🌱🌍 II EDICIÓN DE RAÍCES E HORIZONTES

O vindeiro 5 de setembro, Rodeiro acolle unha nova edición de Raíces e Horizontes – Xornada de Migración, un encontro para compartir culturas, experiencias e historias, crear lazos e seguir construíndo comunidade.

📍 Parque do Lago do Concello de Rodeiro
🕔 A partir das 17:00 h

🤝 Mesa e reflexión, para conversar e compartir experiencias.
🍲 Gastronomía e degustacións, con sabores de diferentes lugares.
🎈 Actividades para os máis pequenos e pequenas, con xogos e obradoiros.
🎶 Concertos e festa, para pechar a xornada con música e diversión.

Unha tarde para coñecernos, compartir e celebrar a diversidade que nos une. 💚

✨ Porque as nosas raíces son diversas e os nosos horizontes son comúns.

Agardámoste en Rodeiro!

24/08/2026

💧 Hoxe contamosvos a historia desta fonte…

Unha fonte que durante anos foi cambiando de localización e que, co paso do tempo, acabou quedando abandonada.

Desde o Concello quixemos recuperala e devolverlle o lugar que merece dentro do noso patrimonio e da memoria da veciñanza. Por iso, buscámoslle un novo emprazamento na rúa Gumersindo Areán, nun lugar accesible e viable para todas e todos, e onde conta con auga potable.

Son pequenos detalles que suman, que coidan o noso patrimonio e que nos permiten recuperar elementos que forman parte da historia do noso concello. 💧❤️

Nesta recuperación estiveron presentes o alcalde en funcións, Alberte Lamazares, a concelleira de Cultura, Xulia Dacal, e o concelleiro de Servizos Básicos, Manuel Deza.

Seguimos recuperando a nosa historia, porque pequenos detalles tamén fan grande o noso concello.

Dirección

Praza Da Fonte, 2
Rodeiro
36530

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Teléfono

+34986790185

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Rodeiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir