04/09/2026
Dende o Concello pretendemos organizar unha nova sesión do programa “A Administración Preto de Ti” para a que é preciso un mínimo de 15 persoas interesadas.
Funcionarios/as da Subdelegación desprazaríanse unha mañá ata Esgos para atenderte de forma personalizada e:
📲 Expedir o teu Certificado Dixital directamente no teu teléfono móbil.
💡 Ensinarche a usalo para que fagas os teus trámites habituais dende casa, sen desprazamentos nin colas.
Apúntate nas oficinas municipais ou na biblioteca.
¡Aproveita esta oportunidade e fai a túa vida máis fácil coa administración dixital!