06/09/2026
💪 𝐓𝐨𝐜𝐚 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐫 𝐚́ 𝐫𝐮𝐭𝐢𝐧𝐚!
Despois do verán, dos excesos e de días de descanso, chega o momento de poñernos de novo en movemento, recuperar hábitos e manter a forma.
🤸Volven a Ximnasia e o Pilates a Baños de Molgas.
E este ano, con novidades!
Ampliamos os horarios da actividade de ximnasia, para facilitar a participación e ofrecer máis posibilidades a todas aquelas persoas que queiran coidarse e facer deporte.
📅 Comezamos o 5 de outubro
📝 Inscricións no Concello, chamando ao 988 43 00 00 ou a través da web municipal.
✅Máis horarios, máis deporte e máis saúde.
Non hai escusas!