Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia

Llamar Cómo llegar Página web

Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia Información para os usuarios da biblioteca, novidades bibliográficas, actividades de animación á lectura, etc...

catálogo Rede de Bibliotecas de Galicia: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

📚✨ Seguimos con novidades editoriais na biblioteca!Chegan á biblioteca as últimas novidades en novela, con historias aca...
30/10/2026

📚✨ Seguimos con novidades editoriais na biblioteca!

Chegan á biblioteca as últimas novidades en novela, con historias acabadas de publicar e novas propostas de lectura para descubrir.

Se che gusta estar ao día das últimas publicacións e coñecer as historias das que todo o mundo fala, achégate a botarlles unha ollada!

🍂 Este outono, deixa que unha nova historia te acompañe.

Agardámoste na Biblioteca de Ribadavia! ❤️
Concello de Ribadavia

Novidades na sala infantil e na comicteca.Concello de Ribadavia
29/10/2026

Novidades na sala infantil e na comicteca.
Concello de Ribadavia

Novas!!!  Concello de Ribadavia
28/10/2026

Novas!!!
Concello de Ribadavia

💀🌼 MEDO, MISTERIO E MOITOS LIBROS! 📚🎃Na Biblioteca de Ribadavia inauguramos unha nova mostra bibliográfica infantil dedi...
27/10/2026

💀🌼 MEDO, MISTERIO E MOITOS LIBROS! 📚🎃

Na Biblioteca de Ribadavia inauguramos unha nova mostra bibliográfica infantil dedicada ao mundo do medo, os monstros e as criaturas máis arrepiantes. 👻

E para presentala como merece, preparamos un altar de mortos cheo de cor, flores de cempasúchil e libros terrorificamente divertidos, coa Catrina e o Catrín como protagonistas. 🌺💀

Vampiros, pantasmas, monstros, bruxas e outras criaturas agardan por vós entre as páxinas. Hai historias para tremer un pouquiño, rir moito e descubrir que, ás veces, os medos son menos terribles cando os compartimos cun bo libro. 🧛‍♂️🕷️
Concello de Ribadavia

Xa temos aberta a sala xeral! 📚 E mentres faciamos reformas na iluminación e nas fiestras, unha bruxa aproveitou para fa...
27/10/2026

Xa temos aberta a sala xeral! 📚 E mentres faciamos reformas na iluminación e nas fiestras, unha bruxa aproveitou para facer das súas e transformar a biblioteca nun lugar cheo de maxia e misterio para celebrar a Noite Meiga. ✨

🦇 Voan os morcegos, as caveiras espreitan, as teas de araña invaden os recunchos e unha bruxa instalada na recepción vixía quen entra… 🧙‍♀️ Tranquilidade, que de momento non converteu a ninguén en sapo! 🐸

Aviso: A sala de ordenadores e a sala infantil continúan, polo momento, en obras. Agardamos telas listas moi pronto.

Pedímosvos desculpas polas molestias e agradecemos a vosa paciencia mentres seguimos mellorando a biblioteca. 💛

Animádevos a pasar… se vos atrevedes. 👻📚

Concello de Ribadavia

📚 Hoxe é o Día das Bibliotecas!O lema deste ano, «Sen profesionais,  non hai bibliotecas», reivindica o papel esencial d...
24/10/2026

📚 Hoxe é o Día das Bibliotecas!

O lema deste ano, «Sen profesionais, non hai bibliotecas», reivindica o papel esencial das persoas que traballamos cada día para facer das bibliotecas espazos de lectura, cultura, aprendizaxe e encontro. 💚

📖 Feliz Día das Bibliotecas!
Concello de Ribadavia

📚🔬 Celebramos o Día das Bibliotecas con moita ciencia e fantasía! ✨Hoxe recibimos na biblioteca os nenos e nenas de 1º, ...
23/10/2026

📚🔬 Celebramos o Día das Bibliotecas con moita ciencia e fantasía! ✨

Hoxe recibimos na biblioteca os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia para celebrar con nós o Día das Bibliotecas, que se conmemora o 24 de outubro. E fixémolo dunha maneira moi especial! 💚

Da man de A Xanela do Maxín, gozamos do espectáculo Toupiciencia, no que Toupiña e o seu axudante Protonio nos levaron a descubrir o fascinante mundo da ciencia a través de experimentos divertidos, sorpresas e moitas preguntas. 🧪🔍

E, despois de tanta ciencia, chegou a quenda da imaxinación! Entre todos e todas creamos un mural colaborativo sobre o mundo dos contos, enchendo a biblioteca de historias, personaxes e fantasía. 📖🎨

Unha mañá para experimentar, crear, compartir e lembrar que nas bibliotecas caben todos os mundos: os que descubrimos coa ciencia e os que soñamos a través dos libros. 💫

Grazas a A Xanela Do Maxín e ao CEIP Plurilingüe de Ribadavia por celebrar connosco este día tan especial! ❤️
Programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Ceip Plurilingüe Ribadavia EI EP Concello de Ribadavia

Hoxe celebramos o Dia das Bibliotecas (24 outubro) con nenos do Ceip Plurilingüe Ribadavia EI EP da man de A Xanela do M...
23/10/2026

Hoxe celebramos o Dia das Bibliotecas (24 outubro) con nenos do Ceip Plurilingüe Ribadavia EI EP da man de A Xanela do Maxín co seu espectáculo Toupiciencia e un mural colaborativo que van a colorear os nenos.
Concello de Ribadavia # fomentolectura

📢 AVISO IMPORTANTE📚 Este xoves e venres a Biblioteca de Ribadavia permanecerá pechada ao público debido ás obras de subs...
21/10/2026

📢 AVISO IMPORTANTE

📚 Este xoves e venres a Biblioteca de Ribadavia permanecerá pechada ao público debido ás obras de substitución das ventás.

🔧 Estes traballos permitirán mellorar as nosas instalacións, reforzando o illamento térmico e acústico para conseguir un espazo máis confortable e agradable para todas as persoas usuarias.

🙏 Desculpade as molestias que isto poida ocasionar. Son melloras necesarias para seguir ofrecéndovos unha biblioteca cada vez mellor!

Grazas pola vosa comprensión. 💚📖
Concello de Ribadavia

🍂📚 O frío achégase… e nós temos o mellor plan! 🛋️☕Seguimos incorporando novidades á sección de novela, con historias par...
20/10/2026

🍂📚 O frío achégase… e nós temos o mellor plan! 🛋️☕

Seguimos incorporando novidades á sección de novela, con historias para todos os gustos: segredos por descubrir, misterios, emocións e personaxes que vos farán esquecer ata que hai que poñer a calefacción. 😉📖

Porque cando fóra arrefría, dentro dunha novela pode pasar de todo! ❤️

📚 Vén descubrir as novas incorporacións á Biblioteca de Ribadavia!
Concello de Ribadavia

Dirección

Avenida De Redondela 1
Ribadavia
32400

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30
Martes 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30

Teléfono

+34988681338

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos