BNG Ribadavia

Cómo llegar Página web

BNG Ribadavia Transformar Ribadavia depende de nós. BNG - Asembleas abertas de Ribadavia

✉️ ABERTO O PRAZO PARA VOTAR POR CORREO NAS ELECCIÓNS XERAIS DO  Se ese día non vas estar na túa casa ou estás na emigra...
26/10/2026

✉️ ABERTO O PRAZO PARA VOTAR POR CORREO NAS ELECCIÓNS XERAIS DO

Se ese día non vas estar na túa casa ou estás na emigración, podes solicitar o voto por correo. Tes toda a información na seguinte ligazón:

🔗 http://votoporcorreo.bng.gal/

😉

🌈 O 29N correspóndenos elixir á representación de Ourense, 4 deputad@s e 3 senador@s, nin máis nin menos. Fronte á polít...
25/10/2026

🌈 O 29N correspóndenos elixir á representación de Ourense, 4 deputad@s e 3 senador@s, nin máis nin menos.
Fronte á política estéril dos tres deputados que tiña o PP, temos a oportunidade real de mudar un deles por Noa Presas.
Merecemos unha representación que defenda os nosos intereses e que traballe sen ataduras para a nosa comarca e o noso país.
💙 Co BNG máis Ribadavia, máis dereitos, menos dereitas.
⚪️ Fronte ao gris, a esperanza. 🌱Fronte á resignación, o futuro.

A través de Néstor Rego levamos ao Congreso dos Deputados a cuestión das vivendas da estación de Ribadavia. A resposta d...
24/10/2026

A través de Néstor Rego levamos ao Congreso dos Deputados a cuestión das vivendas da estación de Ribadavia.
A resposta do Goberno do Estado é que non existe previsión por parte de Adif de proceder á súa rehabilitación. Pero poden ser incluídas no programa «Activos para o desenvolvemento» de recuperación dos inmobles en desuso para a súa reutilización en proxectos sociais, con especial predisposición a chegar a acordos de colaboración con outras institucións públicas.
Por elo, o BNG de Ribadavia, por medio dunha moción imos instar ao Concello de Ribadavia a iniciar, coa maior brevidade posible, os trámites necesarios con Adif para solicitar formalmente a cesión dos inmobles.

Nesta pasada lexislatura formuláronse no Congreso dos Deputados 11 preguntas dirixidas ao goberno sobre asuntos propios ...
23/10/2026

Nesta pasada lexislatura formuláronse no Congreso dos Deputados 11 preguntas dirixidas ao goberno sobre asuntos propios de Ribadavia.
Sabemos quen se interesou polos problemas de Ribadavia: o BNG. Néstor Rego trasladou as 11 preguntas.
Aínda sendo oposición ao goberno do Estado, os trece deputados galegos do PP interesáronse en cero ocasións sobre Ribadavia, e tendo a alcaldía...
Tamén sabemos algunhas respostas, seguiremos informando.

O Tobo sempre con nós!Aristóbulo Quinteiro, símbolo dunha xeración que traballou pola liberdade e contra a ditadura, que...
11/10/2026

O Tobo sempre con nós!
Aristóbulo Quinteiro, símbolo dunha xeración que traballou pola liberdade e contra a ditadura, que promoveu a recuperación do activismo labrego e logrou reconstruír o nacionalismo na nosa comarca, sendo o primeiro concelleiro do BNG no Ribeiro, elixido polo concello de Beade en 1979.
Unha estrela máis resplandece xa nas Regadas.

"Hai persoas que deixan unha fonda pegada en varias xeracións, Xosé Manuel Beiras é unha delas, alguén que ten para semp...
08/10/2026

"Hai persoas que deixan unha fonda pegada en varias xeracións, Xosé Manuel Beiras é unha delas, alguén que ten para sempre un lugar no corazón e na historia do pobo galego (...) Beiras foi un político único, un intelectual e, sobre todo, unha persoa dunha extraordinaria humanidade.
Sinto un inmenso orgullo de ter compartido militancia e loita cunha persoa que defendeu Galiza en momentos nos que non era fácil (...) Sei que por iso terá o agradecemento eterno do pobo galego, da xente deste País, mesmo daqueles que non compartían as súas ideas, pero que hoxe lle renden homenaxe como recoñecemento polo que foi: un valedor de Galiza.
A humanidade avanza con figuras como Beiras e o seu exemplo vai seguir inspirándonos a todas as persoas que creemos que outro mundo é posíbel, máis xusto, máis decente, nos que podamos vivir unha vida digna. Desde o corazón, até sempre Xosé Manuel, grazas polo teu compromiso con Galiza".

Hai persoas que deixan unha fonda pegada en varias xeracións, Xosé Manuel Beiras é unha delas, alguén que ten para sempre un lugar no corazón e na historia do pobo galego . Lembro perfectamente como o coñecín. Tiña 16 anos, militaba en Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, e Xosé Man...

08/10/2026

O BNG lamenta profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG, de quen foi voceiro nacional e portavoz no Parlamento de Galiza durante dúas décadas.

Queremos trasladar o noso cariño e o noso pesar á súa familia, amizades e persoas próximas. A súa voz, o seu pensamento político e económico e o seu compromiso con Galiza forman parte xa do patrimonio e da memoria colectiva do noso país.

Que a terra lle sexa leve.

🤔 Reflexións...- Pode un concello como o noso seguir apostando pola vivenda turística en lugar de por alugueiros que per...
30/09/2026

🤔 Reflexións...

- Pode un concello como o noso seguir apostando pola vivenda turística en lugar de por alugueiros que permitan vivir ás familias?
- Pode a Ribadavia actual que non chega a 5.000 habitantes ter máis demandantes de vivenda que concellos que duplican ou triplican a súa poboación?
- Porque un hotel, hostal ou pensión paga impostos como sociedades ou IVE mentres que unha vivenda turistica non?

Precisamos medidas urxentes, temos que por limites ás vivendas turísticas do noso concello 𝐞 𝐝𝐞𝐢𝐱𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐦𝐢𝐫𝐚𝐫 𝐜𝐚𝐫𝐚 𝐨𝐮𝐭𝐫𝐨 𝐥𝐚𝐝𝐨 cando seguimos a perder poboación porque os nosos mozos non teñen onde vivir ‼‼

🤷 Aquí os datos os datos, comparados coas principais vilas da provincia e ordenados. As fontes da consulta son os datos 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚
- https://aei.turismo.gal/es/directorio-alojamientos
- https://igvs.xunta.gal/gl/estatistica-demandantes-vpa-vpp




O Concello de Ribadavia está a pagar cada mes a ADIF un aluguer pola planta baixa do edificio da estación de tren, onde ...
24/09/2026

O Concello de Ribadavia está a pagar cada mes a ADIF un aluguer pola planta baixa do edificio da estación de tren, onde supostamente se ía facer un albergue.
Por que non se chega a un acordo sobre as vivendas da estación, para cederllas á Xunta, rehabilitalas e poñelas a disposición da nosa veciñanza?, comezando polas 59 persoas do noso concello que a día de hoxe están no rexistro de demandantes de vivenda da Xunta.

👉 Para todo o que este interesado, vimos de atopar no BOP de Ourense (que non nas redes do Concello de Ribadavia ) unha ...
22/09/2026

👉 Para todo o que este interesado, vimos de atopar no BOP de Ourense (que non nas redes do Concello de Ribadavia ) unha nova convocatoria para o arrendamento dun baixo na nosa vila.

🤔 Trátase dun local de 32 m2 destinado a artesanía e arte, sito na rúa Banda da Lira, nº 1B (Rúa baixada a praza de San Xoan)

📝 As propostas presentaranse no Rexistro Xeneral de entrada do Concello de Ribadavia, dentro dos 20 días naturais seguintes a aquel no que apareza o anuncio da licitación publicado no BOP (𝟏𝟕/𝟎𝟗/𝟐𝟎𝟐𝟔)


Dirección

Calle Progreso 15
Ribadavia
32400

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Ribadavia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir