02/07/2026
🚒 Balance de actividade do Servizo de Emerxencias | 𝗔𝗯𝗿𝗶𝗹, 𝗠𝗮𝗶𝗼 𝗲 𝗫𝘂𝗻̃𝗼
Durante o segundo trimestre do ano, o noso servizo realizou un total de 191 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝘃𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗲 𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼𝘀, dando resposta ás emerxencias e incidencias rexistradas na nosa zona de actuación.
📊 𝗥𝗲𝘀𝘂𝗺𝗼 𝗱𝗮 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲:
🚗 28 𝗮𝗰𝗰𝗶𝗱𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝘁𝗿𝗮́𝗳𝗶𝗰𝗼
• 3 con excarceración de persoas feridas.
• 13 con persoas feridas
• 10 sen feridos.
• 1 accidente laboral.
• 1 accidente con maquinaria agrícola.
🐗 11 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝘃𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 con animais soltos, feridos ou mortos.
🐝 52 actuacións relacionadas coa Vespa velutina
• 47 trampas instaladas durante a campaña de primavera, con 1.505 capturas.
• 49 retiradas de niños de risco na nosa zona de intervención.
🌳 17 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝘃𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 por caídas de árbores, verteduras, restos de accidentes e incidencias en tendidos eléctricos e telefónicos.
🔥 19 𝗶𝗻𝗰𝗲𝗻𝗱𝗶𝗼𝘀
• 6 en vehículos (2 falsas alarmas).
• 9 forestais (2 queimas, 6 incendios e 1 incendio de Nivel 2).
• 3 urbanos.
• 1 nunha escombreira de residuos.
🦺 46 operativos de protección civil, prestando cobertura en eventos e dispositivos como a Feira do Viño, o Rallye de Ourense, as Xornadas de Educación Viaria, a Xornada de Protección Civil, apoios á Policía Local e a distintos servizos municipais.
🚑 8 𝗮𝗽𝗼𝗶𝗼𝘀 𝘀𝗮𝗻𝗶𝘁𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀, dos cales 5 foron ao helicóptero medicalizado.
🔍 9 intervencións de rescate e salvamento:
• Busca de 4 persoas desaparecidas.
• Rescate dunha persoa en situación difícil.
• 2 aperturas de portas e ascensores.
• 2 dispositivos de busca no río Miño, na zona dos Peares.
Neste período, temos que lamentar o falecemento de 3 persoas en diferentes intervencións. Queremos trasladar o noso máis sincero pésame ás súas familias e amizades.
Tamén 27 persoas resultaron feridas de diferente consideración que desexamos estén recuperados.
🤝 Queremos agradecer o traballo e a colaboración de todos os organismos e servizos cos que compartimos intervencións.