PP de Poio

PP de Poio Conta oficial do partido máis votado e o maior colectivo cidadán de Poio.

25/08/2026

ESTADE PENDENTES DE COMPROBAR A REBAIXA DO IBI!!
Xa están chegando os recibos no que se aplica a rebaixa do 0,47% ao 0,43%

Mil GRAZAS unha vez máis por facer da XIX Romería do PP, a mellor xuntanza.Esperámosvos o ano que ven para celebrar a ed...
31/05/2026

Mil GRAZAS unha vez máis por facer da XIX Romería do PP, a mellor xuntanza.
Esperámosvos o ano que ven para celebrar a edición nº 20 da nosa Romería!! 🩵

Xa cansa un pouco!Esperamos ata a última hora do día para comprobar a coherencia dun partido político que se dedica a pu...
27/05/2026

Xa cansa un pouco!

Esperamos ata a última hora do día para comprobar a coherencia dun partido político que se dedica a publicar escritos con denuncias na Fiscalía, insultos a funcionarios, acusacións falsas, difamacións, mentiras, intentos de manipulación...

Hai unhas semanas presumían nas RRSS de que a fiscalía solicitaba información ao Concello tras unha das súas denuncias. Pero o que non aclaran agora é que unha vez remitida esa información o Fiscal Xefe arquivou o expediente porque o Concello de Poio actuou ben.

Por que non lle interesa aos denunciantes amosar ese documento? (É importante tamén recordar que tal feito foi utilizado polo PSOE para preguntar no pleno e intentar dar veracidade).

Realmente dannos moita pena. Non deixan de ser vítimas do seu "atrevemento". Están sendo utilizados por un partido político que forma parte da oposición, por un funcionario do Concello de Poio, por outro funcionario da Deputación de Pontevedra... E descoñecen as consecuencias de todo o que están facendo e de que están prexudicando á veciñanza de Poio.

Nós seguiremos defendendo a verdade e aos veciños; outros que sigan defendendo prácticas ilegais. O propio escrito da fiscalía recolle que non entende como non se tomaron accións legais contra a forma de proceder da Policía local:

❗Na pasada San Silvestre organizada polo Concello de Poio e con toda a documentación en regra, denunciaron a un veciño que non formaba parte da organización e sen estar presentes, cubrindo un boletín que non coincidía nin en día nin en hora do evento...

Nós o temos claro: seguiremos defendendo os intereses dos veciños. Só pedimos dúas cousas:

1)Que este partido político respecte aos traballadores do Concello de Poio e que deixe de realizar difamacións.

2)Que o partido da oposición deixe de utilizar o "atrevemento" do representante de dito partido e que condenen os ataques que están sufrindo os traballadores do Concello de Poio.

Nós seguiremos defendendo os veciños e traballadores ante este tipo de prácticas intimidatorias, que en moitos casos incluso rozan o acoso personal cara algunha traballadora.

Seguimos traballando por Poio.

O ultimo domingo de maio, o día 31 celebramos a XIX edición da tan agardada romería do PP de Poio! Contamos con todxs. A...
11/05/2026

O ultimo domingo de maio, o día 31 celebramos a XIX edición da tan agardada romería do PP de Poio!

Contamos con todxs. Así que non esquezades reservar a vosa entrada vindo pola sede do PP os luns de 20 a 21:30h, chamando ao teléfono 986 77 22 25, por email en [email protected] ou reservando a través das concelleiras/os que teñades máis a man.
Agardamosvos tamén esta tardiña de 20 a 21:30h na sede do PP para anotarvos e recoller as entradas 🩵

Non só o di o Goberno, tamén o confirman os servizos municipais: no Concello de Poio non hai ningunha multa da DGT sobre...
07/05/2026

Non só o di o Goberno, tamén o confirman os servizos municipais: no Concello de Poio non hai ningunha multa da DGT sobre o Entroido ou o Nadal.

Un informe técnico volve deixar en evidencia os bulos do PSOE.

Agora só quedaría esperar que desde a Policía Local se tentase tramitar algunha proposta de sanción, dado a complicidade que existe entre os dous.

O PSOE debe decidir si defende os intereses da veciñanza, colectivos, comparsas, clubes, asociacións... Ou continúa sendo o altavoz e colaborador dalgún funcionario.

02/05/2026

📢 O PSOE minte sobre o Entroido de Poio.

Non hai ningunha sanción da DGT.

A realidade é clara: o Entroido 2026 contou con todos os permisos necesarios —da DGT, da Deputación e do propio Concello— e cun Plan de Autoprotección por riba do esixido. Todo legal, todo autorizado.

Así o avalan informes xurídicos e resolucións oficiais. Non é unha opinión: son feitos.

Pero hai algo máis que chama poderosamente a atención: a “casualidade” de que apareza un informe do xefe accidental da Policía Local o mesmo día do pleno, perfectamente aliñado co discurso do PSOE. Casualidade… ou coordinación?

O demais é unha estratexia política evidente e a defensa de intereses que pouco teñen que ver cos de Poio.

Nós témolo claro: fronte ás mentiras e ao ruído, seguiremos defendendo á veciñanza.

04/04/2026

📢 O Entroido de Poio contou con todos os permisos e garantías legais.

Un informe xurídico feito público esta semana confirma que o Concello de Poio dispoñía de todas as autorizacións necesarias para celebrar o Entroido 2026, desmontando así calquera dúbida ou información falsa.

A concelleira Natalia Sabarís explicou no pleno desta semana que este documento se solicitou para aclarar a tramitación do evento, concluíndo tras unha análise exhaustiva que todo o proceso se realizou seguindo a normativa vixente.

✔️ O Concello actuou como entidade organizadora con plena competencia legal.
✔️ O Plan de Autoprotección superou os requisitos mínimos, reforzando a seguridade.
✔️ Existiu autorización da Xefatura Provincial de Tráfico para o uso das vías públicas.
✔️ O expediente incluíu toda a documentación necesaria.

Fronte ás mentiras, bulos e falsas alarmas aos que recorre a oposición cada vez que en Poio hai un evento ou unha festa ➡️ transparencia e feitos.

Parece que o señor Gregorio Agís non se enterou de que Raxó e Samieira seguen sen estar conectados á depuradora de Paxar...
01/04/2026

Parece que o señor Gregorio Agís non se enterou de que Raxó e Samieira seguen sen estar conectados á depuradora de Paxariñas.
Onte lle preguntaron no pleno si sabía si Poio estaba conectado e non respondeu.
Sigue vivindo no seu mundo pero moi lonxe da realidade que se vive neste concello.

Dirección

Avenida San Xoán, 8, Baixo
Poyo
36995

Horario de Apertura

Lunes 21:00 - 23:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PP de Poio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir