Concello de Poio

Cómo llegar Página web

Concello de Poio Perfil Oficial do Concello de Poio

A Aula CeMIT de Poio ofrece en novembro preto de 50 horas de formación gratuíta en informática, intelixencia artificial,...
25/10/2026

A Aula CeMIT de Poio ofrece en novembro preto de 50 horas de formación gratuíta en informática, intelixencia artificial, uso do móbil e memoria 👇

🧠Curso de memoria: Todos os luns a partir do luns 2 de novembro, De 16:30 a 18:00.

💻Informática Básica: Todos os martes e mércores a partir do 3 de novembro
De 16:30 a 18:00.

👩Extraordinarias básico: 5 e 6 de novembro.
De 16:30 -18:30

📍Curso de Iniciación á Intelixenxia Artificial IA: Do martes 2 ao venres 6.
Luns, martes e mércores de 18:00 - 19:30.
Xoves e venres de 18:30 a 20:00

👩Extraordinarias intermedio: 19 e 20 de novembro. De 16:30 -18:30

🧮Curso LibreOffice CALC: do 9 o 13 de novembro.
Do 9 o 11 de 18:00 - 19:30.
Do 12 o 13 de 18:30 a 20:00

📱Móbil: Aprende a usar o WhatsApp: Do 16 o 18 de novembro. De 18:00 a 19:30

📧Móbil: Aprende a usar o CORREO: Do 19 o 20 de novembro. De 18:30 a 20:00

📸Móbil: Aprende a xestionar as fotos: Do 26 o 27 de novembro. De 16:30 a 18:00

📝Preparación para as probas COMDIX: Do 28 de setembro o 2 de outubro. De 10:30 a 12:00.

📝Probas EMA: Venres 27 de outubro. De 18:00 a 19:30.

🔗Máis información en concellopoio.gal/actualidade

📖 O noso primeiro club de lectura, ‘Letras que Unen’, xa está en marcha e arranca con máis de 20 participantes con ganas...
24/10/2026

📖 O noso primeiro club de lectura, ‘Letras que Unen’, xa está en marcha e arranca con máis de 20 participantes con ganas de ler, compartir e disfrutar da literatura en boa compañía.

📚 Na primeira sesión compartimos impresións sobre "Historia de una maestra", de Josefina Aldecoa, e xa temos nova lectura elixida polo grupo: "Golpes de luz", de Ledicia Costas.

💬 Porque este club é moito máis que ler: é conversar, intercambiar experiencias, coñecer xente e crear novos vínculos arredor dos libros.

📍 Pazo Besada
📅 Terceiro mércores de cada mes
🕖 19.00 horas
✅ Actividade gratuíta e aberta a novas incorporacións.

🙋‍♀️🙋‍♂️ Gústache ler? Anímate a formar parte de ‘Letras que Unen’! Podes inscribirte no Pazo Besada.

🔗Máis información en concellopoio.gal/actualidade

🌿🚜 Seguimos traballando no mantemento e limpeza dos camiños e zonas verdes.👷‍♂️ Durante a última semana realizáronse dif...
23/10/2026

🌿🚜 Seguimos traballando no mantemento e limpeza dos camiños e zonas verdes.

👷‍♂️ Durante a última semana realizáronse diferentes traballos de desbroce e limpeza en distintos puntos do municipio, como Combarro, San Martiño, Rial, Boavista ou A Caeira, entre outros.

🌱 Estas actuacións forman parte dos labores de mantemento que se desenvolven de maneira continuada durante todo o ano para mellorar a seguridade, a accesibilidade e o bo estado dos espazos públicos.

💐Reforzamos os traballos de limpeza e acondicionamento dos cemiterios de cara ao Día de Todos os Santos.O alcalde Ángel ...
23/10/2026

💐Reforzamos os traballos de limpeza e acondicionamento dos cemiterios de cara ao Día de Todos os Santos.

O alcalde Ángel Moldes reuniuse coa persoa responsable do cemiterio de San Xoán para coordinar os traballos previstos.

🌿 Aínda que o mantemento destas instalacións se realiza durante todo o ano, nestes días intensificamos as tarefas de limpeza e acondicionamento, especialmente nas zonas verdes e nos accesos.

🧹 Tamén actuaremos nos accesos e aparcadoiros dos cemiterios parroquiais.

🚮Aumentaranse os contedores de lixo e reforzarase o baleirado das papeleiras ante a maior afluencia de visitantes prevista.

📸Compartimos algunhas imaxes das actividades que organizamos esta semana na Biblioteca Municipal de Poio para celebrar o...
23/10/2026

📸Compartimos algunhas imaxes das actividades que organizamos esta semana na Biblioteca Municipal de Poio para celebrar o Día das Escritoras e o Día da Biblioteca.

Gracias por acompañarnos!☺️

🎭A II mostra de teatro Outeiro Grande despídese coa representación de "Touporroutou da Lúa e do Sol", por Moura Teatro.✨...
23/10/2026

🎭A II mostra de teatro Outeiro Grande despídese coa representación de "Touporroutou da Lúa e do Sol", por Moura Teatro.

✨ É unha adaptación libre da peza de Roberto Vidal Bodaño. Conta a historia dunha compañía de cómicos ambulantes que viaxan de pobo en pobo representando unha farsa sobre a orixe do Universo.

📅 Sábado, 24 de outubro | 21.00 horas
📍 Local da Comunidade de Montes San Xoán de Poio

🍽️ Últimos días para saborear disfrutar das Xornadas Gastronómicas da Ameixa! A iniciativa ofrece pratos a prezos popula...
22/10/2026

🍽️ Últimos días para saborear disfrutar das Xornadas Gastronómicas da Ameixa!

A iniciativa ofrece pratos a prezos populares co bivalvo como protagonista nos trece locais colaboradores, e encara as dúas últimas fins de semana tras unha boa acollida entre veciños e visitantes.

📍Receitas tradicionais, combinacións innovadoras e moito sabor para seguir descubrindo un dos produtos estrela da nosa gastronomía.

📸 E lembra! Este ano, ao degustar unha das preparacións participantes, recibirás como recordo unha postal de Poio coa fotografía gañadora do Concurso de Fotografía da Festa da Ameixa 2026.

🗣Rocío Cochón destaca o compromiso do Concello coa dinamización da economía fóra de tempada alta e por poñer en valor a Ameixa de Campelo, no ano da súa declaración como Festa de Interese Turístico Galego.

Aproveita os últimos días de outubro para desfrutar desta experiencia gastronómica!

🎄🎄O Concello de Poio convoca unha nova edición do Concurso de Tarxetas de Nadal.📍O prazo límite para presentar os trabal...
22/10/2026

🎄🎄O Concello de Poio convoca unha nova edición do Concurso de Tarxetas de Nadal.

📍O prazo límite para presentar os traballos remata o 11 de novembro.

📍O xurado seleccionará unha tarxeta gañadora en cada unha das cinco categorías establecidas: de 3 a 5 anos, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos, de 12 a 14 anos, e de 15 a 17 anos.

📍De entre as tarxetas premiadas en cada categoría, escollerase aquela que será editada como felicitación institucional do Concello de Poio para este Nadal.

📍Cada persoa gañadora recibirá un premio de 60 euros en metálico e un agasallo conmemorativo.

📍Para participar, cada neno deberá entregar a súa tarxeta no colexio, IES ou na Casa do Concello. Terá un tamaño A5, en galego e no reverso deberán indicar nome, apelidos e idade do participante, enderezo e teléfono de contacto.

💜Poio convida a cuestionar os mitos románticos coa actividade interxeracional “Amor de medo”💬 O amor todo o pode? Os cel...
22/10/2026

💜Poio convida a cuestionar os mitos románticos coa actividade interxeracional “Amor de medo”

💬 O amor todo o pode? Os celos son unha proba de amor? O amor verdadeiro dura para sempre?

Son algunhas das crenzas sobre as que reflexionaremos en “Amor de medo”, unha actividade interxeracional na que persoas de diferentes idades compartirán experiencias e puntos de vista para cuestionar os mitos do amor romántico e promover relacións máis saudables e igualitarias.

As conclusións contribuirán a orientar as accións municipais de educación afectivo-sexual, promoción de relacións igualitarias e prevención das violencias.

📅 28 de outubro e 4 de novembro
🕠 De 17.30 a 19.00 horas
📍 Pazo Besada
👥 Dirixida a persoas de entre 16 e 60 anos

✉️ Inscricións: [email protected]

💜 Porque o amor debe construírse desde o respecto, a igualdade e a liberdade.

🔗Máis información en concellopoio.gal/actualidade

🎶O Son da Gaita reúne este domingo no Pazo Besada  aos principais gaiteiros e gaiteiras das catro provincias galegas.➡️C...
21/10/2026

🎶O Son da Gaita reúne este domingo no Pazo Besada aos principais gaiteiros e gaiteiras das catro provincias galegas.

➡️Como novidade, entregarán o galardón O Son da Gaita á traxectoria do gaiteiro e artesán Antón Corral, pola súa importante pegada na construción da gaita así como no ensino do oficio.

É a sétima edición dunha cita que reúne a algúns dos máis importantes gaiteiros e gaiteiras das catro provincias galegas con estilos e linguaxes ben diferenciadas, creando así un espazo destinado á posta en valor da gaita, dos gaiteiros e da música tradicional, que permite amosar as diferentes técnicas interpretativas, así como as posibilidades e riqueza a través das distintos xeitos de abordar o instrumento.

📆Domingo, 25 de outubro
🕤A partir das 10.30 horas
📍Pazo Besada

Organizado por Pai da Cana, coa colaboración do Concello de Poio

Dirección

Praza Do Mosteiro, 1
Poyo

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Poio publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría